Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-SAÚDE denuncia que Feijóo vai recortar máis os salarios do persoal do SERGAS que os do resto de persoal público
 
 

CIG-SAÚDE denuncia que Feijóo vai recortar máis os salarios do persoal do SERGAS que os do resto de persoal público

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En xullo de 2007 asinouse na Mesa Sectorial do SERGAS o acordo de aplicación ao persoal estatutario do SERGAS do establecido no artigo 12.3 da Lei 14/2006 do 28 de decembro, para integrar o concepto de Complemento Específico ou concepto adecuado ás pagas extras. No SERGAS, para o seu cálculo tivéronse en conta as contías de específico, produtividade fixa e PRD.

O anuncio que agora fai Feijóo é que o persoal verá diminuída A SÚA NÓMINA da paga extra nun 40%, que equivalería supostamente ao complemento específico. Mais no SERGAS non é así. Posto que a contía  do complemento específico no SERGAS é inferior ao que perciben as/os traballadoras/es de Función Pública, o anteproxecto da Lei de Orzamentos, na exposición de motivos, recolle que para o persoal estatutario reducirase a contía do complemento de carreira profesional, a contía de atención continuada e a produtividade até conseguir o total do específico de Función Pública; non o específico do SERGAS.

Se as/os traballadoras/es do SERGAS percibimos unas retribucións recollidas na Orde de Confección de Nóminas, por qué se nos aplican para roubarnos o salario outras contías que non corresponden coa nosas retribucións?

Como vai aplicar o SERGAS esta redución? O persoal que non perciba retribución en concepto de carreira vai percibir menos por traballar noites e festivos?

Non lles parece suficiente ás/aos señoras/es do PP o que levan roubado ao persoal do SERGAS? Conxelaron o acordo retributivo 2008-12, conxelaron a Carrreira profesional, conxélannos os salarios mentres se dispara a inflación. Os salarios baixan, os prezos aumentan e a corrupción segue en auxe.

NON É UNHA CRISE DE GASTO, SENÓN DE INGRESOS. PODEMOS SAÍR DELA, PERO NON ASÍ!

MOBILÍZATE!!! NON DEIXES QUE CHE SIGAN ROUBANDO!!!

Descarga e difunde !

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto