Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria As OOSS sindicais con representación no SERGAS exiximos a retirada dos recortes salariais e a convocatoria urxente da Mesa Sectorial de Sanidade
 
 

As OOSS sindicais con representación no SERGAS exiximos a retirada dos recortes salariais e a convocatoria urxente da Mesa Sectorial de Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

As organizacións sindicais con representación no SERGAS vimos de dirixir este escrito á Conselleira de Sanidade coa exixencia da retirada das medidas contempladas no Anteproxecto de Lei de Orzamentos para o 2013, e a convocatoria urxente da Mesa Sectorial antes do mércores 16, para que ese día, na reunión do Consello da Xunta, a Conselleira poida informar da posición das organizacións sindicais e exixir a retirada das medidas de recorte salarial previstas.

 



Rocío Mosquera

Conselleira de Sanidade

San Lázaro, s/n.

 Santiago de Compostela.

As organizacións sindicais CCOO, CESM-OMEGA, CIG, CSI-F, SAE, SATSE e UGT, organizacións con representación entre o persoal do SERGAS, coñecemos con grande enfado as medidas recollidas no Anteproxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para 2013 no que se refire a persoal do SERGAS, nomeadamente medidas retributivas.

Os/As traballadores/as teñen dereito a saber qué retribucións van percibir durante o ano 2013, e en qué conceptos, así como se se pretenden aplicar modificacións das condicións laborais.

Por este motivo, as organizacións sindicais anteditas, en base á representación que ostentan, e ante a desinformación e escurantismo total que existe arredor da aplicación desas medidas recollidas no Anteproxecto de Lei de Orzamentos, exiximos, de entrada a retirada destas medidas do documento de proposta de Orzamentos, e a convocatoria URXENTE antes do mércores 16 da Mesa Sectorial de Sanidade coa comparecencia da Conselleira para dar explicacións de cómo se pretenden aplicar estas medidas aos/ás traballadores/as do SERGAS, e para que, deste xeito, a Conselleira poida explicar na reunión do día 16 do Consello da Xunta a posición sobre esta cuestión das organizacións sindicais con representación no SERGAS.

 

            Agardando a convocatoria que solicitamos.

            Un saúdo.

 

As traballadoras e traballadores do SERGAS temos dereito a saber qué imos cobrar durante o 2013!

E a que non se nos recorte o salario que percibimos!

MOBILÍZATE! DEFENDE O TEU SALARIO! DEFENDE O TEU TRABALLO!

DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto