Noticias Outras novas Lingua Manifestación Nacional pola lingua que nos une - Queremos Galego!
 
 

Manifestación Nacional pola lingua que nos une - Queremos Galego!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O vindeiro domingo día 27 está convocada unha manifestación nacional en Santiago de Compostela pola lingua que nos une.

Os ataques que ven sufrindo a nosa lingua por parte do propio Goberno que debe lexislar para a súa protección fan que, unha vez máis, as galegas e galegos teñamos que sair á rúa a manifestar o noso rexeitamento ás políticas lingüicidas que practica a Xunta de Núñez Feijóo. Malia haber 8 sentenzas que anulan parte do Decreto mal chamado do "Plurilingüísmo" a Consellaría de Educación empecínase en aplicalo, mesmo con chulería e fachenda. E por se isto non fora pouco, chega o ministro Wert e propón unha lei da Wert-goña que afondará no soterramento do galego nas nosas escolas e institutos. Temos que contestar estes ataques: Queremos Galego na Escola! Derrogación xa do Decretazo! Non á Lei da Wert-goña!

Domingo 27 de xaneiro, ás 12h na Alameda de Santiago de Compostela

Cartaz27Xaneiro2013

 

A Plataforma Queremos Galego habilita servizo de autobuses para os desprazamentos a Santiago para participar na manifestación. Pódense consultar aquí: Autobuses Manifestación 27 de xaneiro.

Máis información na páxina web da Plataforma: www.queremosgalego.org

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto