Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 5 de febreiro
 
 

Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 5 de febreiro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO

DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 5 DE FEBREIRO DE 2013.

 

  1. Información xeral do Pacto. Informáronnos da previsión para os vindeiros meses sobre as distintas publicacións sobre o pacto de contratacións.
  • Publicacións no mes de febreiro:

·         Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de puntuación das categorías de Psicólogo/a clínico/a e, Técnico/a superior e Técnico/a de grado medio de Prevención de Riscos Laborais.

·         Apertura do prazo de inscrición das categorías de pinche, cociñeiro/a e, Técnico/a superior, Técnico de Xestión e Técnico Superior de Sistemas e T.I.

  • Publicacións no mes de marzo:

·         Listas definitivas de puntuación das categorías de matrón/a, traballador/a social e logopeda.

·         Listas provisionais de admitidos e excluidos das categorías de farmacéutico/a de atención jprimaria, odontólogo/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior de Documentación Sanitaria, Técnico/a Superior en nutrición e dietética, Técnico/a de farmacia e Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

  • Publicacións mes de abril:

·         Listas definitivas de puntuación da categoría de enfermaría.

·         Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de puntuación das categorías de médico/a de familia, médico/a coordinador/a do 061, médico/a asistencial do 061, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a especialista do traballo e pediatra de atención primaria.

·         A finais do mes: listas definitivas de puntuación das categorías de Enfermaría, Enfemaría do 061, Psicólogo/a clínico/a e, Técnico/a superior e Técnico/a de grado medio de Prevención de Riscos Laborais.

Infórmannos que con posterioridade ao mes de abril valorarán as convocatorias do resto de categorías.

  1. Apertura do prazo de inscrición das categorías informáticas e de cociña.

Achégannos o borrador da resolución para que fagamos as alegacións, temos ata o venres.

  1. Proposta de listas de curta duración de enfermaría (especializada/primaria).

Achegan un cadro coas xerencias que solicitaron listas de curta duración para o persoal de enfermaría co número de titulares e suplentes, temos ata o venres para facer alegacións.

  1. Solicitudes de cambio de área e suspensión de chamamentos de curta duración.

No pacto 2011 establécese que se terá en conta como data de referencia para valorar a causa sobrevida a data de publicación das listas definitivas. Como entre a data de inscrición e a de publicación das listas definitivas hai moito tempo, acordouse ter en conta a data de inscrición nas listas como data de referencia mentres non se inicie coas aperturas automáticas das listas. A causa sobrevida será valorada individualmente caso a caso.

  1. Renuncia sen penalización a vínculos de longa duración por cambio de área.

Acórdase a publicación en DOG dun acordo da Comisión Central de Contratacións onde se recolla o acordo previo sobre a renuncia sen penalización a vínculos de longa duración cando pola publicacións das novas listas están inscritos/as noutra área. Abrirase un prazo de un mes para as listas xa publicadas e quedará establecido o procedemento para as listas futuras.

Quedaron en remitir un borrador para que fagamos as alegacións que consideremos.

  1. Rogos e preguntas.

·         Acúmulos de tarefas: Desde CIG-Saúde denunciamos as irregularidades e a disparidade na xestión por parte das xerencias deste tipo de contrato, e solicitamos que dende a Comisión central se regule dita xestión. Quedaron en que ían valorar o tema.

·         Indispoñibilidade de aspirantes: Desde CIG-Saúde solicitamos que na comisión central se establezan uns criterios xerais nestas situacións.  Acordouse que desenvolverían isto.

·         Solicitamos novamente o catálogo de titulacións puntuables en cada categoría no apartado de Outras Actividades. Quedaron en pasar dito catálogo.

·         Ausencias xustificadas de curta duración. Desde CIG-Saúde solicitamos unha excepcionalidade á reactivación automática das suspensións de chamamentos para aquelas suspensións limitadas no tempo por causas tipificadas na regulación dos permisos. Aceptan a nosa proposta e acordouse de que farán as correccións no programa LICOT para que poidan saltarse a activación automática.

Solicitamos que se clarificara cal é a data de efectos das reposicións despois da suspensión de chamamentos, respostaron que xa solucionaron ese problema e que fixeron as correccións no LICOT para que sexan efectivas o 1 e 15 do mes.

·         Desde CIG-Saúde solicitamos que o persoal vinculado polo pacto 2004 a contratos a tempo parcial que nas novas listas non se inscribiu nas listas a tempo parcial que se lle permitise renunciar sen penalización, nos mesmos termos que para un cambio de área. Aceptaron permitir a renuncia e incorporase á publicación do cambio de área.

·         Solicitamos que na área de Lugo non se convoquen listas de lavandeira e pasadora de ferro. Quedaron en que se trataría este tema cando se convoquen estas categorías.

·         Galaria. Desde CIG-Saúde solicitamos que se permita chamar a través da lista de curta duración de celador do CHUVI. A Admón. propuxo que se elaborase unha lista de curta duración para Galaria coas persoas inscritas para curta duración na área de Vigo pero que non sexan nin titulares nin suplentes do CHUVI. Aceptouse a proposta.

·         Solicitamos que os contratos a tempo parcial se oferten polo número de orde aos aspirantes dispoñibles. A Admón. entende que polo novo pacto só son mellora os contratos a tempo completo e que só se aplicaría á lista xeral, polo que están dacordo coa nosa interpretación.

·         Denunciamos a situación de aspirantes aos que non se lles ofrece vínculos de longa duración por ter unha valoración da UPRL con limitacións. Respóstannos que dita situación ten que denunciarse na Comisión periférica correspondente.

·         Denunciose que os centros con anterioridade á publicación das novas listas estiveron dando contratos de longa duración. A Admón comenta que deran instrucións aos centros para que non se ofertasen longa duración con anterioridade inmediata á publicación de novas listas.    

·         Solicitouse a compatibilidade das categorías de matrona e DUE. A Admón quedou en que valorarán dita posibilidade unha vez se publiquen as listas de matrona se hai dispoñibles suficientes.

·         Preguntouse pola situación administrativa dun/ha traballador/a fixo/a en comisión de servizos nunha área que promociona internamente nesa área. Ten dereito a reserva desa comisión de servizos? Quedaron en que estudarían dita situación. Infórmannos que o expedient-e  está permitindo que se inscriban en promoción interna na área na que se atopan en comisión de servizos.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto