Noticias Persoal Formación Plan AFEDAP: falta transparencia e sobran intermediarios
 
 

Plan AFEDAP: falta transparencia e sobran intermediarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a Resolución de convocatoria dos cursos FEGAS:

  • RESOLUCIÓN conxunta do 26 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.  Descargar PDF 

Nesta resolución indícase que foi negociada cos sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF mais o que non se aclara é que a CIG non asinou o Plan AFEDAP para este ano. Os nosos motivos temos. Desde a CIG-Saúde solicitouse, xa o ano pasado, e neste ano de novo, que se nos remitira un informe de orzamento dos cursos xestionados e ofertados a través da FEGAS, desglosando nese informe os custos de prezo/hora, formadores/as, material, instalacións etc... de cada curso, para ter coñecemento de en qué se están gastando os cartos que o SERGAS achega á fundación FEGAS e ver se este gasto é acaído ás necesidades formativas. Deste xeito, ademais de cumprirse co suposto compromiso de transparencia deste goberno, as organizacións sindicais poderíamos tamén facer as nosas propostas de cara a un mellor aproveitamento dos recursos existentes, posto que a formación no SERGAS este ano finánciase exclusivamente coas achegas dos/as traballadores/as e sendo o SERGAS unha "empresa do coñecemento", a formación debe de ter un importante peso específico, e as traballadoras e traballadores deben de ter a posibilidade de participar na súa planificación a través dos/das seus/súas representantes.

A petición de orzamentos remitiuse a Pablo Galego Feal, Director da FEGAS, e a Rocío Mosquera, Conselleira de Sanidade, o pasado 11 de decembro. Hoxe, día 11 de febreiro, dous meses despois, publícase a resolución no DOG sen que a CIG-Saúde asinara, posto que non tiñamos recibido resposta á nosa petición. Casualmente, esa resposta chegou hoxe mesmo, e nela, ademais dun percorrido pola existencia da FEGAS e o seu financiamento, remítesenos un cadro onde, sen desglosar curso por curso, se indican os custos das actividades formativas da FEGAS no ano 2012 e onde atopamos custos de empresas contratadas (non é a FEGAS o ente encargado da formación? inda ten que andar subcontratando?). Efectivamente, falta transparencia e sobran intermediarios.

Por se fora pouco, ademais de terse retirado este ano a achega que o SERGAS facía á FEGAS para a formación do persoal, e basearse o financiamento da mesma só nas achegas que fai o persoal a través da súa nómina, na propia resolución publicada hoxe indícase: "a execución das accións formativas recollidas neste Plan queda condicionada á existencia de credito orzamentario adecuado e dispoñible", ou sexa, que poidera ser que a metade de ano se suspendan as actividades formativas programadas como aconteceu o ano pasado?

Desde a CIG-Saúde pensamos que a formación do persoal do SERGAS é algo o suficientemente importante como para que haxa un exercicio de transparencia e se recollan as achegas que se fan desde as organizacións que representan as/os traballadoras/es, e, desde logo, como para que se fagan esforzos para garantir e mellorar a formación, que, non o esquezamos, vai repercutir nunha mellor da calidade asistencial.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto