Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Orde de nóminas 2013
 
 

Orde de nóminas 2013

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a Orde de Confección de Nóminas para o ano 2013:

  • ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013. Descargar PDF 

Como sabedes, desde CIG-Saúde tiñamos iniciada unha campaña na que demandabamos da Administración que publicara na Orde de Nóminas a realidade do que van cobrar @s traballdor@s do SERGAS no ano 2013, posto que na Lei de Orzamentos figuraba un artigo 21 que facultaba para recortar en conceptos como a Atención Continuada ou a Carreira Profesional, sen especificar cómo ía ser ese recorte. Esa era a nosa posición: que se nos dixera qué recorte (unilateral, por suposto) ía aplicar a Administración nas nóminas do persoal do SERGAS, especificando qué lle ía recortar a cadaquén.

Hoxe publícase a Orde de Nóminas e non figura esa especificación. Recórtase o específico das pagas extras, mais non se especifica cómo se vai aplicar ese artigo 21 da Lei de Orzamentos. Faise alusión a que se recortará para o persoal funcionario o complemento específico das pagas extra de xuño e decembro, e para o resto de persoal da Administración Pública (como o do SERGAS) o "axuste equivalente, tendo en conta os seus conceptos retributivos específicos", mais sen especificar na propia Orde de Nóminas o alcance dese axuste. Significa isto que non nos van recortar máis que o específico? Coidado, ese artigo da Lei de Orzamentos segue existindo, e, polo tanto, en calquera momento podemos vernos cun recorte a maiores dos complementos de Atención Continuada e da Carreira Profesional, en cantidades que descoñecemos e por sorpresa. Así funciona esta Administración: a salto de mata, ao vaiche boa!

Deixen de xogar coas nosas condicións de traballo e cos nosos salarios!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto