Noticias Persoal OPE O SERGAS pretende confundir á opinión pública co anuncio da OPE de persoal facultativo
 
 

O SERGAS pretende confundir á opinión pública co anuncio da OPE de persoal facultativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado 21 de marzo a Directora de Recursos Humanos do SERGAS compareceu ante a Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, para explicar a política de persoal que se está a levar a cabo no SERGAS. Durante esta comparecencia, Margarita Prado anunciou a "bombo e platillo" a convocatoria de 176 prazas de persoal facultativo, de tal xeito que indicou que "damos prioridade a incorporación de novas e novos profesionais".

Desde CIG-Saúde preguntámonos onde están esas "novas e novos profesionais" que se van incorporar, ou é que esas 176 prazas non están actualmente cubertas por profesionais? Pretende esta Dirección de Recursos Humanos confundir á opinión pública facendo crer que o que se fai é unha convocatoria para aumentar o cadro de persoal facultativo no SERGAS, cando en realidade o que se vai facer é facer estables os empregos de 176 persoas que xa na actualidade traballan no SERGAS. Nin hai novas incoporacións, nin pretenden facelas e, desde logo, na opinión da CIG-Saúde faltan moit@s profesionais, non só facultativos, no SERGAS para poder ofrecer un servizo de calidade. A limitación da taxa de reposición do 10% está a mermar as ratios de persoal e con elas a calidade do servizo sanitario público.

Xa coñecemos de sobra cal é a pretensión do goberno do PP: diminuir a calidade asistencial na pública para seguir inflando a privada. Non nos tomen por tont@s, a ninguén enganan. Por moito que enmascaren o anuncio da OPE de FEAs como a incorporación de 176 persoas ao SERGAS a realidade salta á vista. Calquera usuario ou usuaria pode comprobalo nos centros do SERGAS, non hai incorporación, senón que día a día se perden postos de traballo a base de privatizacións, falla de substitución das ausencias e limitación da cobertura das xubilacións, mortes ou incapacidades permanentes.

Sanidade Pública 100% e ampliación dos cadros de persoal xa!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto