Noticias Persoal Outras novas Xubilación parcial: tamén aquí o persoal do SERGAS queda á marxe
 
 

Xubilación parcial: tamén aquí o persoal do SERGAS queda á marxe

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado sábado 16 de marzo publicouse no BOE unha nova reforma do goberno Rajoy, o Real Decreto-Lei 5/2013, desta volta endurecendo as posibilidades de xubilación d@s traballador@s.

Dentro destas medidas, recollíase a regulación da xubilación anticipada por vontade da persoa traballadora, poñendo máis trabas para o acceso a ese suposto. Tamén no referente á xubilación parcial, o R. D-L introduce cambios, retrocesos, máis ben, e no seu artigo 8 exceptúanse desta regulación determinados supostos nos que haxa acordo e este acordo estea rexistrado antes do 15 de abril. En base a este artigo 8, na Xunta de Galiza chegouse a un acordo no que respecta ao persoal do V Convenio, polo cal poderán acollerse á xubilación parcial nos termos previstos antes da entrada en vigor do Real Decreto-Lei 5/2013.

Desde CIG-Saúde solicitamos á Administración Sanitaria que se nos aplicara unha medida similar, sobre todo tendo en conta que xa estaba regulada a xubilación parcial no acordo 2008-2012, que foi suspendido pola Conselleira Farjas ao pouco de tomar posesión do cargo no 2009. O único que tería que facer o SERGAS para facer efectivo ese acordo, e que o persoal afectado puidera acceder á xubilación parcial nos termos anteriores ao R. D-L (máis beneficiosos), sería rexistralo antes do 15 de abril, pero, unha vez máis, o SERGAS négase a tomalo en consideración, polo que, outra vez, o persoal do SERGAS fica en clara desvantaxe con respecto ao resto do persoal da administración pública.

A CIG convoca hoxe concentracións nas sete cidades contra estas últimas medidas do goberno, entre elas o R. D-L 5/2013, e engadiremos tamén, esta nova afrenta ao persoal do SERGAS como motivo para mobilizarnos. Motivos hai abondo, non faltedes.

A Coruña, ás 20:00 horas na Subdelegación do Goberno

Compostela ás 20:00 h. na Praza do Toral

Ferrol, ás 19:00 horas na Praza do Concello

Ourense, diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas

Pontevedra, na Praza da Peregrina ás 20.00 horas

Vigo, na farola da Urzaiz ás 20.00 horas

Vilagarcía: ás 20:00 horas, na Praza de Galiza

Lugo: ás 20:00, diante da Subdelegación do Goberno

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto