Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Mentiras e máis mentiras, coa única finalidade de precarizar as condicións laborais do persoal do SERGAS
 
 

Mentiras e máis mentiras, coa única finalidade de precarizar as condicións laborais do persoal do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No ano 2003 o goberno do estado español, na altura goberno do PP, publicou a lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de saúde, lei non exenta de polémica, que tivo unha importante contestación social por parte dalgunha organización sindical, CIG-SAÚDE e das/os traballadores/as, que vían nela un retroceso nas condicións laborais, sen dar unha resposta efectiva á problemática existente, e que foi recibida nos centros sanitarios como un mero instrumento de flexibilización laboral e de outorgamento unilateral de vantaxes exorbitantes aos xestores dos servizos de saúde.

O artigo 60 da devandita Lei (Xornada de traballo a tempo parcial) recolle que as Comunidades Autónomas poderán regular, no ámbito da súa competencia, vínculos de xornadas parciais co límite máximo do 75% da xornada ordinaria.

Malia que esta posibilidade de contratar persoal eventual ou interino con vínculos do 75% da xornada para cubrir substitucións eventuais ou prazas de interinidade (que son de xornada completa) existe desde ese ano 2003, o compromiso manifestado polos anteriores gobernos do PP e polo goberno bipartito foi que no SERGAS este artigo non sería de aplicación por ser inviable na prestación de servizo no sistema sanitario.

Máis recentemente, o actual goberno do PP, presidido polo Sr. Núñez Feijóo, publicou no DOG Núm. 44 do venres, 2 de marzo de 2012 a Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de Medidas Temporais en Determinadas Materias do Emprego Público. No artigo 5 desta lei (Xornada laboral) recóllese o seguinte:

3. Habilítase o Consello da Xunta para acordar a redución da xornada coa correspondente redución retributiva do persoal interino ou temporal comprendido no artigo 1 desta lei, cun tope máximo dun terzo de xornada efectiva, tendo en conta sempre as necesidades do servizo.

O Sr Núñez Feijóo, prometeu como así se recolle en todas as hemerotecas e nas comunicacións oficiais da Xunta de Galiza, que isto non sería de aplicación ao persoal estatutario. Afirmación ratificada pola Sra. Conselleira.

Agora, na mesa sectorial celebrada o día 30 de abril de 2013, a Directora de RRHH do SERGAS presenta un proxecto de Orde pola que se regulamentan as modalidades de formalización de nomeamentos temporais do persoal estatutario. Nesa Orde figura un artigo, o artigo 11, que regula as xornadas a tempo parcial: XORNADAS DE ATÉ UN 75% PARA A COBERTURA DE XORNADAS A TEMPO COMPLETO.

DESDE CIG-SAÚDE ESIXIMOS QUE CUMPRAN O PROMETIDO E QUE RETIREN DESTA ORDE O ARTIGO 11. Seguir reducindo persoal no SERGAS ademais de incrementar a precariedade laboral, contribúe ao desmantelamento da Sanidade Pública e non o imos consentir.   

Que cumpran as súas promesas! Non á precarización das condicións laborais!

descarga e difunde !

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto