Noticias Persoal Contratacións Seguimos a denunciar as "bondades" da orde que vai regular as modalidades de nomeamentos temporais
 
 

Seguimos a denunciar as "bondades" da orde que vai regular as modalidades de nomeamentos temporais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Artigo 9 .- Cláusulas  Particulares. Nos nomeamentos temporais, e nos nomeamentos en promoción interna temporal, poderán incorporarse cláusulas particulares, baseadas na normativa vixente, relativas á súa duración ou aos dereitos e obrigas inherentes aos mesmos.

No texto deste artigo recóllese que se poderán incorporar cláusulas particulares baseadas na normativa vixente. Segundo a Administración isto é para maior garantía da/o profesional contratado. Xa sabemos de sobra que esta Administración está moi preocupada polas garantías do persoal!

Segundo a normativa vixente, iso significa que nos nomeamentos temporais podería aparecer unha cláusula de mobilidade por razón do servizo; DENTRO OU FORA DO TEU CENTRO DE TRABALLO OU DA TÚA ÁREA SANITARIA.

Así se recolle ao Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS:

O supostos de mobilidade fóra do ámbito do nomeamento poderán obedecer ás seguintes circunstancias: (OU A OUTRAS QUE DETERMINE A ADMINISTRACIÓN)

a) Traslado definitivo de unidades a outros centros situados fóra do ámbito correspondente ao nomeamento.

b) Traslado temporal das unidades ou servizos, debido a obras ou a outros motivos que determinen a indispoñibilidade funcional das infraestruturas.

c) Traslado temporal a outras áreas sanitarias, cando as necesidades asistenciais da poboación dunha área non poidan ser garantidas cos recursos humanos propios desta.

Nos supostos b) e c), a adopción das medidas limitarase ao tempo indispensable para  outorgar a debida cobertura asistencial de acordo coas circunstancias que a motivaron ou, de ser o caso, ata dotar nos correspondentes cadros de persoal o número de prazas necesario para dar cobertura ás necesidades detectadas.

 

CIG-SAÚDE rexeita esta orde de vínculos pensada en exclusividade para desregular as condicións laborais das/os traballadoras/es. Esiximos que se anule este artigo, que o persoal preste servizo na unidade ou centro no que foi contratado.

NON Á MOBILIDADE FORZOSA!

Descarga e difunde!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto