Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Concentracións contra as privatizacións
 
 

Concentracións contra as privatizacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A SANIDADE NON É UN AGASALLO PARA DARLLE ÁS PRIVADAS,

A SANIDADE TÉN QUE XESTIONARSE DESDE A PÚBLICA

SE NON O SABEN FACER:  DIMISIÓN

Os procesos de privatización da sanidade pública véñense desenvolvendo de xeito lento pero continuado desde os anos 90, seguindo as pautas marcadas polo informe “Abril” que establecía unha serie de medidas destinadas a converter a sanidade pública nun mercado.

Agora o goberno do PP coa escusa do aforro do gasto público acelera esta  liña  privatizadora,  impondo  máis medidas de privatización na sanidade pública. Medidas que non se xustifican nin por razóns económicas, nin por razóns de eficacia na xestión. Os estudos independentes apuntan á inexistencia de aforro nas privatizacións e ao perigo do incremento dos custes. Non podemos esquecer que na xestión privada o prezo ten que incluír o beneficio empresarial: maior custe e menor calidade.

No referente á eficacia na xestión,  si hai experiencias contrastadas no ámbito do SERGAS para poder afirmar que coa xestión pública directa se presta un mellor servizo: servizos privatizados tiveron que ser rescatados pola Administración Pública asumindo a débeda privada.

Ademais disto coas privatizacións baléiranse de funcións as/os traballadoras/es do SERGAS, o seu traballo pasa a ser desenvolvido polas/os traballadoras/es das empresas subcontratadas. A Administración paga dous salarios polo mesmo traballo.

Tampouco podemos esquecer os controis de calidade, coas privatizacións a Administración delega o control de calidade dos servizos públicos nas empresas adxudicatarias da privatización. Estamos seguros de que eses controis son independentes e exhaustivos?

Estas medidas de privatización afectan a todo o persoal da sanidade, ningunha/un traballadora/or pode pensar que isto non vai con ela/el; se non o impedimos, esta marea de privatizacións acabará por afogarnos a todas/os.

Lembrades cando as rebaixas salariais eran cousa das/os traballadoras/es das empresas privadas? Agora, cantos cartos nos levan roubado esas mesmas empresas?

Por todo isto todas/os as/os traballadoras/es da sanidade publica temos que rexeitar a privatización dos servizos, empezaron polos non sanitarios e pensan seguir incrementando o negocio cos sanitarios.

Non lles deixes que destrúan un dos dereitos máis fundamentais, como é o dereito a unha sanidade pública universal, de calidade e gratuíta.

Para este goberno e para a voracidade dos depredadores todo é valido. Para nós, non.

mob_4_xuo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto