Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 5 de xuño
 
 

Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 5 de xuño

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO

 5 DE XUÑO DE 2013.

 

Información xeral sobre o pacto. Previsión de publicacións:

-          Publicacións no mes de XUÑO:

·         Listas provisionais de admitidos e excluídos das categorías de pinche, cociñeiro/a e, Técnico/a superior, Técnico/a de Xestión e Técnico/a especialista de Sistemas e T.I.

·         Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación de TCAE.

·         Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación das categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior de Documentación Sanitaria, Técnico/a Superior en nutrición e dietética e Técnico/a de farmacia.

·         Convocatoria de apertura de listas das categorías de grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, e enxeñeiro/a técnico/a.

-          Publicacións no mes de XULLO:

·         Listas definitivas de puntuación das categorías de Técnico/a superior e Técnico/a medio de Prevención de Riscos Laborais.

Infórmannos que están a facer modificacións no apartado de docencia e investigación, no que se refire a publicacións, coa finalidade de simplificar a incorporación destes méritos. Contan con que para xuño estean incorporadas as modificacións e tentarán publicar no mes de xullo as listas provisionais de baremación dalgunha categoría de licenciados/as sanitarios/as. O resto de licenciados/as sanitarios/as quedarían para setembro.

Non teñen previsto publicar ningunha lista en agosto.

Preguntamos polas convocatorias das categorías de persoal non sanitario. Informáronnos de que pretenden convocar as listas daquelas categorías que tiveron OPE, pero que están pendentes de que os centros lles informen das necesidades que hai en cada área.

Preguntouse pola publicación das  listas definitivas de enfermeira especialista en saúde mental. Como no Sergas só hai 9 prazas desta categoría, non o consideran unha prioridade e quedarán para setembro. O Sergas deixou caer que a esta categoría se lle poderían ofrecer as coberturas das DUE das unidades de saúde mental pero percibindo as retribucións dunha DUE, non as dunha especialista. Dende CIG-Saúde negámonos a aceptar esa proposta. Se queren contratar especialistas terán que retribuílas como tales.

Formación áreas especiais.

A Administración achega un documento coas bases que regulan a formación práctica específica para as áreas especiais. Incorporaron ao texto algunhas das alegacións remitidas no seu día.

No que se refire ao réxime de penalizacións:

-          Renuncia antes do inicio da formación: sen penalización.

-          Unha vez iniciada a formación, a renuncia sen xustificación, será penalizada non podendo participar noutra actividade formativa durante a vixencia da lista.

-          Unha vez iniciada a formación, permitirase a renuncia á actividade formativa  sen penalización, se o/a aspirante recibe un chamamento, e viceversa, permitirase renunciar a un chamamento se está participando na formación das áreas especiais.

Pretenden organizar os primeiros períodos de formación entre outubro e novembro deste ano.

Información sobre o procedemento de xeración automatizada de listas.

Infórmannos que a día de hoxe, debido a problemas técnicos, non se poden facer modificacións nas inscricións daqueles/as aspirantes que figuren inscritos/as en convocatorias previas.

Aproximadamente no mes de xullo remitirán un borrador de procedemento de xeración automatizado de listas para a súa publicación en DOG. Preténdese que só se presente a solicitude por rexistro cando haxa que presentar documentación, pero no resto de modificacións que non precisen xustificación, unha vez feita a modificación no Fides sería de aplicación. Preténdese que con cada xeración de listas se publiquen un listado provisional de baremación e un listado definitivo, simplificando así de 4 publicacións previas a 2.

Pretenden sacar a 31 de outubro a primeira xeración automatizada coas categorías que levan en vigor máis dun ano, e algunha outra coma as de enfermeira.

Varios.

·         Outras actividades: Dende CIG-Saúde solicitamos por enésima vez que nos achegasen o listado das titulacións que puntúan neste apartado do baremo, a raíz de que se modificou o criterio en enfermaría, puntuando non só as especialidades senón tamén outras diplomaturas sanitarias. Cambio de criterio, que segundo a Admón esta motivado por unha sentenza firme do TSXG. Criticamos que se modifiquen os criterios no medio dun proceso de xeración de listas.

·         Curta duración de primaria: Clarifícase que non se poderá chamar ao persoal dunha área para traballar noutra distinta, salvo que estea esgotada a lista xeral e se teña que chamar a través dos  que marcaron a opción voluntaria de áreas limítrofes.

·         A Administración clarifícanos que a través das listas de curta duración só se deben ofertar exclusivamente o urxente e non programado. Os días soltos que fosen programados cubriranse coa lista xeral.

·         Curta duración do 061: enténdese que enfermería e enfermería do 061 son categorías distintas, polo que a puntuación de curta duración de enfermería só lle puntúa nas listas de enfermería e non na do 061. No 061 non puntúan as listas de curta duración porque non as tiñan.

·         Reducións de xornada: Solicitamos que se permita en cada xeración de listas, ademais do cambio de área, que poidan renunciar sen penalización aos contratos de xornada reducida se nas novas listas non opta voluntariamente a este tipo de contrato. Quedaron en revisar o texto e incorporalo ao procedemento de xeración automatizada de listas.

·         Indispoñibilidade de matronas: posto que tecnicamente non se poden xerar novas listas, acórdase que, naquelas áreas onde non haxa acordo na comisión periférica, que no caso de esgotamento dunha lista chamarase aos/ás aspirantes das áreas limítrofes. Se segue sen haber dispoñibles, chamarase a aqueles/as aspirantes inscritos/as na categoría de matrona por promoción interna que quedaron excluídos por non cumprir o requisito de 1 ano con praza en propiedade. Tentarán que en agosto poidan modificar as inscricións para que se poidan xerar unhas novas listas canto antes. Quedou tamén para valorar se no caso das matronas se exceptuaba, para a inscrición pola quenda de promoción interna, no cumprimento do requisito de 1 ano con praza en propiedade.

·         Dende CIG-Saúde preguntamos sobre a puntuación dos servizos prestados do persoal procedente do Hospital Naval. Respóstannos que puntúan no primeiro epígrafe todos os servizos prestados dentro de sistema sanitario público, polo que os servizos prestados en institucións integradas no Sergas puntúan como tempo Sergas. Volvemos criticar que se anden cambiando os criterios e non se lle dea publicidade. As persoas aspirantes non saben a qué aterse.

·         Dende CIG-Saúde denunciamos que en Pontevedra non se lle ofertase un contrato de longa duración a unha traballadora en suspensión por risco laboral no embarazo. A Administración recoñece que teñen que ofertarlle a longa duración.

·         Preguntamos por cal é a comisión periférica na que se fai o seguimento do pacto  das listas do 061. Resposta que é a Comisión periférica de Santiago a quen lle corresponde o seguimento destas listas quedaron en informar aos centros.

·         Solicitouse que naqueles casos puntuais, cando un aspirante solicita a suspensión de chamamentos de 1 ou 2 días, non teña que esperar 1 mes para reactivarse. Quedouse en que as OOSS enviemos un listado daquelas 3 ou 4 causas concretas que consideramos para que se levante a suspensión con anterioridade aos prazos establecidos.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto