Noticias Persoal Contratacións A CIG-Saúde convoca unha concentración de persoal desempregado do SERGAS este xoves diante da consellaría
 
 

A CIG-Saúde convoca unha concentración de persoal desempregado do SERGAS este xoves diante da consellaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Denuncia o ERE encuberto posto en marcha pola administración no servizo galego de saúde
.
A CIG-Saúde convoca para este xoves, día 20 de xuño, ás 11:00 horas no edificio do Sergas, en San Lázaro, unha concentración que se desenvolverá, de forma simbólica, como unha “cola do INEM”. Deste xeito quere denunciar a constante perda de postos de traballo provocada pola non cobertura de prazas, unha situación que, denuncia, mingua o persoal e está a provocar o deterioro da sanidade pública. 13-06-19 cola paro SERGAS

A CIG-Saúde denuncia o alto número de desempregados e desempregadas que hai no Servizo Galego de Saúde e que se incrementa día a día motivado polo ERE encuberto que está en marcha ao non cubrir o 100% das xubilacións que se foron producindo no período 2011- 2013; polo alto número de camas que se van pechar durante os meses de verán o que provocará o peche durante máis de tres meses e medio de varias unidades. Un período no que o persoal gozará dun mes de vacacións e o resto dos meses fará a cobertura das compañeiras e compañeiros que as estean desfrutando.

Denuncia ademais que a Atención Primaria só se cubrirá nos centros onde preste servizo un médico e unha enfermeira e no resto do ano as ausencias do persoal por días libres, vacacións e outras ausencias non se están a cubrir.

Considera que o SERGAS puxo en marcha un sistema de selección temporal a través do Expediente-e (sistema informatizado) do que presume do alto número de aspirantes nas listaxes e que para o único que está a servir é para crear falsas expectativas de contratación.

 

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto