Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Confirmado: a asistencia sanitaria xa non é universal nin gratuíta
 
 

Confirmado: a asistencia sanitaria xa non é universal nin gratuíta

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

euros5Por se a alguén lle quedaban dúbidas despois da publicación do Real Decreto 1192/2012 (polo que se regula a condición de asegurado/a e de beneficiario/a a efectos de asistencia sanitaria) publicouse o pasado sábado no BOE outro Real Decreto, o RD 576/2013, que modifica o anterior, e no que se establecen os requisitos básicos do convenio especial de prestación de asistencia sanitaria a persoas que non posúan a condición de aseguradas nin de beneficiarias do SNS, segundo as características que foron no seu día estipuladas, eliminando, na práctica, a posibilidade de asistencia sanitaria a colectivos como inmigrantes ou algúns casos de maiores de 26 anos que non teñan cotizado nunca e non figuren como beneficiarios/as dalgunha persoa asegurada, non sendo que as persoas nestas situacións paguen unha contraprestación económica no momento de acceder á asistencia.

A publicación deste novo Real Decreto ven confirmar a eliminación da característica de universalidade da asistencia sanitaria, e, de feito, establécese nel que estas persoas que non posúan a condición de aseguradas ou beneficiarias, non disporán de cartón sanitario, como xa se recolle no propio preámbulo do Real Decreto publicado o sábado. Poderán, segundo se regula nesta norma, acceder ás prestacións da carteira común básica regulada no RD-L 16/2012 mediante a sinatura dun convenio especial individual que esixe o cumprimento dunha serie de requisitos e que suporá o pago dunha cantidade mensual en función da idade: se a persoa suscritora tén menos de 65 anos a cota mensual será de 60 euros, se tén 65 o máis anos, entón deberá pagar 157 euros mensuais. Aí está a gratuidade e a universalidade que propugna o PP para a Sanidade Pública.

Implica tamén este Real Decreto, unha vez máis (e xa son moitas, nos últimos anos), a deixadez de funcións máis absoluta por parte de quen ostenta as competencias totais en Sanidade na Galiza. O goberno da Xunta, o señor Núñez Feijóo, a Conselleira de Sanidade... fan un absoluto exercicio de desidia, repousando en mans do Ministerio competencias que son exclusivas da Galiza. Tamén isto dá conta de que, tal e como ven propugnando a CIG, precisamos da soberanía para exercermos os nosos dereitos.

Desde CIG-Saúde esiximos, como o vimos facendo, unha Sanidade PÚBLICA, UNIVERSAL e GRATUÍTA, sen discriminacións, sen contraprestacións, sen copagamentos, sen recortes para lucro e beneficio de empresas amigas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto