Noticias Persoal Outras novas Orzamentos 2014: NON á taxa de reposición. Convocatoria de OPE e traslados para todas as categorías co 100% de prazas
 
 

Orzamentos 2014: NON á taxa de reposición. Convocatoria de OPE e traslados para todas as categorías co 100% de prazas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado día 2 de agosto de 2013, o Parlamento de Galiza, cos votos do PP, aprobou o teito de gasto dos orzamento para o ano 2014. Este teito de gasto supón un descenso do 0.3% en comparación co do ano 2013, o cal quere dicir que os orzamentos do ano 2014 veranse minguados nunha contía aproximada de 25 millóns de €.

fotosergasDe onde pensa sacar o goberno do PP este 25 millóns? Utilizará intelixentemente a acción de goberno para combater a fraude fiscal? Deixará de medrar a Administración paralela? Reducirá os postos de libre designación? Ou pola contra estará pensando en meter unha vez máis a man nos salarios das/os empregadas/os públicos?

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle a este goberno, e nomeadamente a Conselleira de Sanidade, que desde a súa toma de posesión as/os traballadoras/es do SERGAS vimos como ano tras ano o noso salario sufría recortes de máis do 15% pola paralización do aboamento suba do IPC, a isto hai que sumarlle a perda salarial pola conxelación do acordo retributivo 2008/12, a redución dos salarios establecida polos gobernos de Madrid, máis a suspensión do complemento específico das pagas extras.

CIG-SAÚDE esixe ao goberno do PP que os orzamentos do 2014 recollan, cando menos, as nosas retribución íntegras, incluídas as pagas extras completas. Non renunciamos á recuperación dos salarios roubados.

CIG-SAÚDE esixe que nos orzamentos do 2014 non se recolla ningunha taxa de reposición. Temos que recuperar a cobertura do 100% das prazas vacantes que se produzan non SERGAS.

Agardamos que estas medidas sexan recollidas nos orzamentos 2014, xa que os devanditos orzamentos deberán ir dirixidos a un bo facer do goberno galego, e non a contentar aos seus acólitos esperando ser recompensados no futuro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto