Noticias Sanidade Privada Novas sobre a Sanidade Privada Últimas noticias: o xulgado dá a razón ao persoal de POVISA
 
 

Últimas noticias: o xulgado dá a razón ao persoal de POVISA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Traballador@s de POVISA manteñen unha folga indefinida desde o pasado día 19 de agosto xa que a empresa, unha vez rachada a negociación do convenio colectivo, pretendía impor grandes regresións salariais e en dereitos consolidados. Por mor da reforma laboral, e unha vez expirado o acordo, a dirección impuxo unilateralmente o convenio provincial, que supón entre o 40 e o 52% de mermas salariais, así como a supresión da maior parte de cláusulas propias que contiña o acordo de empresa, coa conseguinte involución en todos os sentidos.

Onte celebrouse o primeiro dos xuízos pola imposición do convenio provincial por parte da empresa. Hoxe, mentres as partes se atopaban reunidas a instancias da Inspección de Traballo para revisar os servizos mínimos, chegou a noticia de que a sentenza do xulgado do social de Vigo dá a razón ao persoal, indicando que non se pode impoñer o convenio provincial unilaterlamente tal e como fixo POVISA.

Está por ver agora cómo se reconduce a situación.

Mentres tanto, a Consellaría de Sanidade, e nomeadamente a Conselleira, mantense totalmente á marxe, como se unha boa parte da poboación de Vigo non estivera adscrita (obrigatoriamente) ao centro hospitalario privado, como se o tema non fora con ela. Desidia, deixadez de funcións, desentendemento das súas obrigas... así responde a señora Conselleira ante unha situación grave como esta que está a afectar á asistencia sanitaria que se presta neste centro con concerto singular, tal e como se denuncia hoxe na prensa (ver aquí e aquí).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto