Noticias Persoal Outras novas Escrito dirixido á Sra. Farjas
 
 

Escrito dirixido á Sra. Farjas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Piar Farjas Abadía

Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo

MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

 

O pasado 25 de xullo de 2013 publicouse no BOE, na disposición final quinta da disposición que modifica a lei que rexe o uso de medicamentos, unha modificación da Lei  55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Ditas modificacións afectan aos artigos 63 e 65 do E.M.

Segundo se recolle no artigo 11 do Estatuto Marco, no Ministerio de Sanidade está constituído o "Foro Marco para o Diálogo Social", foro que se regula por un regulamento de composición e funcionamento aprobado neste foro negociador.

No texto articulado deste regulamento entre outras competencias están as recollidas no  artigo 11.4 do Estatuto Marco: "negociar os contidos da normativa básica relativa ao persoal estatutario dos servizos de saúde".

A modificación do E.M é unha modificación da normativa básica que debería ser negociada no foro marco.

Os órganos de representación e negociación son os legalmente constituídos segundo a lexislación vixente; Lei Orgánica de Liberdade Sindical, Constitución Española, Estatuto Marco, as negociacións que a Admón faga fóra dos órganos lexitimados para a negociación non poden ser aplicadas mediante decreto e publicadas case ás agochadas no BOE; suplantado a lexitimidade negociadora

Dende CIG-SAÚDE dirixímonos a Vde. para que nos informe de porqué unha reforma da lexislación básica non foi negociada cos representantes sindicais lexitimados para esta negociación segundo a lexislación vixente.

            Agardamos que se nos dea contestación a este tema.

            Un saúdo.

            Compostela, 29 de agosto do 2013.

            Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

            Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto