Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Proba obxectiva Enfermaría Xeriátrica
 
 

Proba obxectiva Enfermaría Xeriátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no BOE a convocatoria para a proba obxectiva para obter o título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica.

  • Resolución de 30 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría Xeriátrica. PDF (BOE-A-2013-9371 - 58 páxs. - 3.073 KB)  

Esta disposición publicada hoxe inclúe a publicación das listas de admitidas/os e excluídas/os á realización da proba, así como o xeito de reclamar en caso necesario. As persoas aspirantes admitidas á proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica, disporán para realizar dita proba, dun máximo de dúas convocatorias.

Datas de celebración da proba:
– Sábado, 19 de outubro de 2013. Aspirantes con apelido entre ABAD e LONGUEIRA.
– Domingo, 20 de outubro de 2013. Aspirantes con apelido entre LÓPEZ e ZURITA.
– Sábado, 23 de novembro de 2013. Aspirantes que non se presenten na data asignada para o primeiro exame ou que non superaran a proba.

Lugar de celebración da proba: Universidade Autónoma de Madrid (Campus Cantoblanco, Estrada de Colmenar Viejo, Km. 15. 28049 Madrid) en:
– Facultade de Dereito.
– Facultade de Económicas e Empresariais.
– Facultade de Ciencias, Edificio de Bioloxía.

Hora de comezo e duración da proba:
– De 10 horas a 13 horas, ininterrumpidamente.

Como se pode ver, tamén aquí se nota a nosa condición de nación colonizada. Os exames hai que facelos en Madrid, como non, centralismo imperialista español.

Despois desta proba, quedan pendentes de convocar as relativas aos títulos de especialista en Enfermaría Pediátrica e en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

------------------------------------

Actualización 16 setembro: Publicada corrección de erros no BOE.

·         Resolución de 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se corrixe a de 30 de agosto de 2013, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica. PDF (BOE-A-2013-9624 - 1 páx. - 132 KB)  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto