Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Lembranza: Acceso excepcional ás especialidades de enfermaría
 
 

Lembranza: Acceso excepcional ás especialidades de enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ante a convocatoria da proba para a especialidade de Enfermaría Xeriátrica, publicamos este artigo informativo sobre o acceso excepcional ás especialidades de enfermaría, a modo de lembranza.

Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría (B.O.E. do 6 de maio).

A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos.

Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensábel presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumprimentada e asinada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.

Situación para o acceso excepcional a día de hoxe de cada especialidade:

  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría en Saúde Mental: O prazo de presentación de solicitudes ao título de Saúde Mental, finalizou o 22 de agosto de 2.008. A proba obxectiva realizouse no primeiro trimestre do 2010.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría do Traballo: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2010. A proba obxectiva realizouse no primeiro trimestre de 2011.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Xeriátrica: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011.  (Convócase hoxe a proba obxectiva, a realizar no ultimo trimestre de 2013)
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011. Pendente de convocar.
  • Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica: O prazo finalizou o día 22 de marzo de 2011. Pendente de convocar.
  • Prazo de presentación para a especialidade de Coidados Médico – Cirúrxicos:  O prazo de presentación de solicitudes para a especialidade de Enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos prolongarase ata pasados seis meses da publicación no BOE da convocatoria da proba anual de carácter estatal, (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación nesta especialidade.

Máis información: Ligazón 1 á web do Ministerio de Educación // Ligazón 2 á web do Ministerio de Educación

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto