Noticias Persoal Outras novas Permiso de lactación: recoñecerá agora o SERGAS o permiso que corresponde?
 
 

Permiso de lactación: recoñecerá agora o SERGAS o permiso que corresponde?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A pasada semana Función Pública emitiu, previa consulta ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, un documento de interpretación sobre a aplicación do permiso de lactación, que recoñece que "o permiso de lactación pode ser exercido indistintamente polo funcionario ou pola funcionaria, con independencia de que o outro proxenitor traballe ou non. Non obstante, só poderá ser exercido por un dos proxenitores no caso de que ambos traballen."

Así, desde a CIG-Saúde agardamos que agora o SERGAS pase a recoñecer o permiso tal e como se recolle neste documento, que fai referencia ao que se estipula no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei de Función Pública de Galiza e á aplicación correspondente a este permiso, e deixe de poñer atrancos ao goce dos permisos por parte da persoa que tén dereito aos mesmos.

O SERGAS, nunha interpretación sesgada e retorcida, negaba o dereito ao permiso de lactación ás persoas cuxa parella (ou o outro proxenitor) non traballaba, constatándose deste xeito unha discriminación evidente que, como ben se reflicte agora no documento emitido por Función Pública, non se recolle no EBEP nin la Lei de Función Pública, nin na interpretación que desde o Ministerio de Administracións Públicas fan destas disposicións. A CIG-Saúde en diversas ocasións tense dirixido ao SERGAS para esixir a concesión deste permiso a persoas que se viron na obriga de reclamar, mesmo xudicialmente, e ás que agardamos que agora se lles recoñezan os seus dereitos, e se lles conceda o permiso sen máis atrancos.

_______________________

Actualización 16 de setembro: pois si, parece que caeron da burra. O SERGAS ven de emitir este escrito de criterios para o goce do permiso de lactación, nos que se recolle, por fin, que o permiso será concedido independentemente de se o outro proxenitor traballa ou non. Non era sen tempo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto