Noticias Persoal Contratacións Resumo Aclaratorio sobre procedemento de actualización de listas
 
 

Resumo Aclaratorio sobre procedemento de actualización de listas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

RESUMO ACLARATORIO DO PROCEDEMENTO DE ACTUALIZACION PERIODICA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS

(publicado en DOG o 23/9/2013).


No ano 2013, actualizaránse as listas das seguintes categorías (A DATA ATA A QUE SE CONTARÁN OS NOVOS MÉRITOS OU NOVA INSCRICIÓN É O 15 DE OUTUBRO):
- T.S. Anatomía Patolóxica e Citoloxía
- T. S. Hixiene bucodental
- T.S. Laboratorio de Diagnóstico Clínico
- T.S. Imaxe para o Diagnóstico Clínico
- T.S.Radioterapia
- P.S.X.
- Aux. Da Función Administrativa
- Celador/a
- Enfermeiro/a
- Matrón/a

A partir deste ano actualizaránse automaticamente as listaxes daquelas categorías nas que transcorrese un ano dende o último proceso.

BASES, ACLARACIÓNS

Recordar que a través do FIDES se teñen que levar a cabo dúas actuacións independentes que se complementan:

  • Expedient-e: incorporación de todos os méritos. Pódense incorporar os novos méritos en calquera momento e non están suxeitos a prazos. En cada xeración de listas teranse en conta os rexistrados antes do último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE).
  • Procesos: inscrición na/s categoría/s correspondente/s. Esta opción estará dispoñible en calquera momento para as primeiras inscricións. As persoas xa inscritas en anteriores procesos, poderán modificar a súa inscrición cando o formulario de inscrición se atope en estado de validado editable.

INSCRICIÓN

1. Aspirantes admitidos/as, con carácter definitivo, na última xeración de listas.

Non terán a obriga de formalizar unha nova inscrición. A renovación farase automaticamente e estará visible a través do FIDES, en estado de validado editable. Este formulario de inscrición poderase modificar en calquera momento ata o último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE.) Se o/a aspirante non desexa efectuar ningunha modificación, non terá que realizar ningunha actuación.

Será imprescindible a presentación da documentación acreditativa dos novos méritos, previamente rexistrados no FIDES. No caso de presentar algunha modificación (cambio de área ou zona de inscrición, tempo parcial, curta duración e áreas especiais), realizarase a través do FIDES. Se os cambios non precisan da presentación de documentación (o FIDES avisará desta circunstancia), non se precisará realizar ningunha outra actuación. Se os cambios requiren a presentación de documentación nova, o FIDES informará desta necesidade e a inscrición pasará a estado de borrador. Neste caso, haberá que confirmar electronicamente a solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición.
Non se admitirán as solicitudes que consten no FIDES en estado de borrador na data de finalización do prazo de inscrición. No FIDES, a inscrición figurará en estado de validado editable dende o día seguinte á publicación das listas definitivas de publicación ata a finalización do prazo de inscrición (15 de outubro ou data específica de OPE).


2. Aspirantes excluídos/as, con carácter definitivo, na última xeración de listas.

Non terán obriga de formalizar unha nova inscrición. A renovación farase automaticamente e estará visible a través do FIDES, en estado de validado editable. Este formulario de inscrición poderase modificar en calquera momento ata o último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE). Se o/a aspirante non desexa efectuar ningunha modificación, non terá que realizar ningunha actuación. Será imprescindible a presentación da documentación acreditativa dos novos méritos, previamente rexistrados no FIDES. Se o motivo da exclusión consta emendado, o formulario da inscrición amosarase como validado editable. Se o motivo da exclusión continúa a exixir a entrega de documentación acreditativa, o formulario amosarase en estado borrador. Neste caso, haberá que confirmar electronicamente a solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición.

3. Primeira inscrición.

Deberán formalizar a súa inscrición a través do FIDES. Deberán confirmar electronicamente a súa solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición. Por outra banda, deberán achegar os méritos correspondentes a esa categoría, de non telos achegado con anterioridade.

AREAS ESPECIAIS
A acreditación dos requisitos esixidos para o acceso ás áreas especiais efectuarase mediante certificación emitida para tal efecto. Non será preciso presentalo se xa figurasen admitidas na mesma área especial no anterior proceso.

PRAZO DE INSCRICIÓN
Poderase presentar a solicitude de inscrición en calquera momento.

TAXAS
Por cada nova categoría: 16.98 euros.
O xustificante de aboamento de taxas presentarase xunto coa solicitude de inscrición.
Estarán exentos do aboamento de taxas quen acredite unha discapacidade maior ou igual do 33% e integrantes de familias numerosas de categoría especial.
Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa a membros de familias numerosas de categoría xeral e a demandantes de emprego, que nos seis meses anteriores non percibiran prestación nin subsidio por desemprego.
Deberá presentarse xustificante de cada situación.
Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de 1 mes dende a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, para solicitar a devolución do importe aboado.

REXISTRO E ACREDITACIÓN DE MÉRITOS
Os méritos deberán rexistrarse no FIDES/Expedient-e.
Logo de rexistrarse electronicamente, imprimirase a solicitude de validación (Informe), dirixirase a unha unidade de validación e darase rexistro administrativo.
Xunto coa solicitude de validación achegarase a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación. (Sempre e cando esta documentación non fose presentada con anterioridade).
Non se presentará documentación de:
- Superación das probas do último proceso de OPE convocado polo SERGAS.
- Experiencia profesional como persoal estatutario do SERGAS e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.
- Formación recibida e impartida pola FEGAS.

ELABORACIÓN DE LISTAS
Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase unha lista provisional de admitidos/excluídos con puntuación e orde de prelación cun período de 10 días naturais para reclamación.

RENUNCIA VOLUNTARIA
Poderase renunciar a través do FIDES a formar parte da lista en calquera momento. A inscrición posterior nunha lista a que se renunciou previamente, terá a condición de primeira inscrición para o aboamento de taxas.

Podedes descargar esta información premendo nesta ligazón .

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto