Noticias Persoal OPE Información OPE e Traslados
 
 

Información OPE e Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como adianto do resumo que mañá publicaremos sobre o acontecido hoxe na reunión da Mesa Sectorial, deixámosvos aquí este cronograma de OPE e Traslados:

CRONOGRAMA DE OPE E TRASLADOS                                                                                  

  • Persoal facultativo:

               1.- Traslados: van resolver o concurso de traslados independentemente da resolución da OPE. O persoal facultativo tomará posesión do concurso de traslados na segunda quincena do mes de xaneiro 2014. Na próxima semana nos comunicarán a data na que o persoal que participou no concurso de traslados poderá ver no seu expediente-e a súa puntuación e o destino acadado. As listaxes publicaranas en xaneiro.

               2.- OPE:  convocarannos a finais de outubro para analizar os temas pendentes. Os exames de OPE serán no primeiro trimestre do 2014.

  • Persoal Lei 17: Neste trimestre convocarán o concurso de traslados. Como sabedes este persoal tomou posesión da praza de OPE de xeito provisorio, o destino definitivo é mediante a participación no concurso de traslados.
  • Persoal Sanitario:

               1. Traslados: convocarán o concurso de traslados neste trimestre do 2013. Recibiremos convocatoria para a negociación.

               2. OPE: convocatoria neste trimestre do 2013 dalgunha categoría, non adiantaron en que categorías están a pensar. Esta convocatoria farase no marco da taxa de reposición, é dicir, concentrarán nunha ou máis categorías o 10% das vacantes.

  • Persoal de Xestión e Servizos:

               1. Traslados: convocatoria ao longo do 2014

               2. OPE: Convocatoría????????????????????????????.

Desde CIG-SAÚDE exiximos a convocatoria de OPE e traslados para todo o persoal. Non ten ningún sentido que se discrimine ao persoal de xestión e servizos no concurso de traslados. 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto