Noticias Persoal Contratacións Información Contratacións
 
 

Información Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En breve publicaremos un resumo da reunión celebrada onte da Comisión de Seguimento do Pacto de Contratacións. Mentres, deixamos aquí a información relevante sobre cronogramas de publicacións de listas.

  • Mes de  outubro.

        TCAE: publicación das listaxes definitivas o dia 16 e outubro, entrada en vigor o día 21 de outubro.

        Pediatras e Farmacéuticas/os de atención primaria: publicación de listaxes provisionais de admitidos/as e listaxe provisional de baremación.

  • Novembro

        Publicación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación das listaxes das seguintes categorías: fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética, técnico/a de farmacia.

  • 2ª quincena de novembro ou 1ª de decembro.

        Listaxe provisoria de admitidos/as e listaxe provisoria de baremación das categorías que se convocaron para actualización de listas.

  • Mes de decembro:

        Publicación definitivas das listaxes de médica/o de urxencias e de Psicólogos/as clínicos.

        Se é posible, neste mes de decembro publicarán as definitivas de farmacéutica/o e pediatra de atención primaria. De non ser posible, publicación listaxes de baremación provisional de pinche.

  • Xaneiro de 2014.

        Publicaranse as listaxes definitivas das categorías convocadas a actualización de listas.

  • 1º trimestre do 2014: publicaranse as listaxes de médica/o de familia e medica/o do 061.

 

  • Resto de categorías de persoal non sanitario: oficios. Durante o 1º semestre do 2014 valoraranse as categorías a convocar. Desde CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria inmediata destas categorías, este tema non se pode dilatar máis.

       

  • Enfermeira/o de saúde mental.

A Admón informa de que non saben cando van publicar esta listaxe pois están analizando a utilización desta listaxe, que prazas cubrirían con ela. Desde CIG-SÁUDE esiximos a publicación inmediata desta categoría pois a análises da utilización desta listaxes xa está feita e normativizada.

No ano 2007 a Consellaría de Sanidade crea mediante o Decreto 95/2007, do 3 de maio a categoría estatutaria de enfermeira/o especialista en saúde mental. Na Orde de nóminas esta recollida o código orzamentario desta categoría: 

        S A2 33 ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL . Grupo A2 Nivel

Pois agora do que se trata é da vontade política de cubrir todas as necesidades das unidades de saúde mental con enfermeiras/os especialistas. É verdade que a cobertura non pode ser con vínculo de substitución do titular, pois a Admón aínda non reclasificou as prazas existentes; pero hai outros vínculos que realizar a este persoal.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que os orzamentos do ano 2014 recollan a reclasificación das prazas de enfermeiras especialistas en saúde mental.  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto