Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central de Seguimento do 14 de outubro
 
 

Información Comisión Central de Seguimento do 14 de outubro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS 

14 DE OUTUBRO DE 2013

Información xeral do Pacto.

Informáronnos das previsións de publicación do último trimestre do ano 2013.

*Publicacións en outubro:
 Listas definitivas de baremación da categoría de TCAE o mércores 16 de outubro, con entrada en vigor das listas o luns 21 de outubro de 2013.
 Listas definitivas de admitid@s e excluíd@s e provisionais de baremación das categorías de Pediatra de atención primaria e Farmacéutico/a de atención primaria.

*Publicacións de novembro:
 Listas definitivas de admitid@s e excluíd@s e provisionais de baremación das categorías de Fisioterapeuta, Terapia ocupacional, Técnico/a superior en Documentación Sanitaria, Técnico/a Superior en  Dietética e Nutrición e Técnico/a de farmacia.
 Na segunda quincena, listas provisionais de admitid@s e excluíd@s e de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas.

*Publicacións de decembro:
 Listas definitivas de admitid@s e excluíd@s e provisionais de baremación da categoría de Médico/a de urxencias hospitalarias.
 Listas definitivas de baremación da categoría de Psicólogo/a Clínico/a.
 Se polos prazos de reclamacións lles da tempo, listas definitivas de baremación das categorías de Pediatra de atención primaria e Farmacéutico/a de atención primaria.
 Se non puideran sacar as listas anteriores, sairían as listas provisionais de admitidos e excluídos das categorías de pinche e cociñeiro/a. Se non, estas listas quedarían para o mes de xaneiro.

*Publicacións de xaneiro:
 Na segunda quincena, listas definitivas de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas. As listas de médic@s de familia e as de médic@s/as do 061 sairán no primeiro trimestre do 2014.

Enfermeiras/os especialistas en Saúde Mental:
A Admón. informa de que non vai a publicar as listas en espera dunha análise que están a facer de qué postos van a cubrir estes profesionais.
Dende CIG-SAÚDE solicitamos que constase en acta a nosa posición. Solicitamos a publicación inmediata das listas desta categoría neste trimestre e que se chame a través delas para cubrir as prazas de enfermeira das unidades de Saúde Mental, facéndolles contrato de especialista e sendo retribuídas como tales. A utilización está máis que analizada e normativizada.
No ano 2007 a Consellería de Sanidade, mediante o Decreto 95/2007, do 3 de maio, creou a categoría estatutaria de Enfermeira/o especialista en Saúde Mental. E na orde de confección de nóminas está recollida esta categoría co correspondente código orzamentario.
Dende CIG-SAÚDE deixamos claro que do que se trata é de ter a vontade política de cubrir as necesidades das unidades de Saúde Mental con enfermeiras especialistas en Saúde Mental.
Sabemos que a cobertura non pode ser con contrato nominal de substitución posto que a Admón. non ten reclasificadas as prazas existentes, pero hai outro tipo de vínculos que si podería realizar este persoal.
Ademais, dende CIG-SAÚDE solicitamos que nos orzamento do ano 2014 se reclasifiquen as prazas de enfermeiras de Saúde mental en prazas de enfermeiras especialistas en Saúde Mental.

O resto de categorías que aínda non foron convocadas, sairán no primeiro semestre do 2014, pero a Admón. di que aínda están a valorar qué categorías sacar.

Procedemento de actualización de listas

A Admón. informa de que as categorías que se convoquen por primeira vez, farase como ata agora, cunha publicación en DOG e abrindo un prazo de presentación das inscricións.

Con posterioridade, e unha vez feita esta primeira convocatoria, entra o procedemento de actualización de listas. A partir de aí non habería máis convocatorias ordinarias con publicación en DOG. O proceso é aberto e permanente e polo tanto, todos os 15 de outubro, se faría o corte para a publicación posterior, de primeiro unhas listas provisionais de admitidos/excluídos e de baremación, e por último das listas definitivas.

Tamén a través do proceso ordinario, se hai un período maior de 3 meses entre o fin da fase de oposición dalgunha/s categoría/s e do 15 de outubro, xerarase unha nova lista que incorpore os novos méritos e a nota de OPE.

No caso de indispoñibilidade de profesionais nalgunha categoría, se así se acorda en comisión central, faríase unha convocatoria extraordinaria que si se publicaría en DOG.

No procedemento está incluída a posibilidade de renuncia a través do FIDES á inscrición nalgunha categoría. Debido a problemas técnicos, actualmente non está operativa esta opción, pero informan que estará habilitada en novembro.

Proposta de titulares e suplentes das listas de curta duración de TCAE.

Preséntannos un cadro coas propostas de titulares e suplentes das listas de curta duración na categoría de TCAE.

Rogos e preguntas.

Dende CIG-SAÚDE:

Solicitamos que se clarexase que os servizos prestados como médico/a puericultor en prazas de pediatría, puntuaban na categoría de médico de familia. A Admón. confirmou esta información.
Solicitamos novamente que nos aportaran o catálogo de titulacións puntuables no apartado de Outras titulacións nas distintas categorías.
Solicitamos que se clarifique o que é mellora de contrato segundo o novo pacto, para evitar interpretacións diferentes nas distintas xerencias.
Preguntamos se para aquelas persoas que se reactivan nas listas despois de estar en suspensión de chamamentos a data de activación é a de inicio dos chamamentos ou a de inicio da contratación. Solicitamos que sexa a de inicio da contratación. A Admón. quedou en revisar o criterio de se poden ser chamados ou non antes da data de activación.
Solicitamos que o prazo de 15 días de revogación de contratos que establece o pacto son para a presentación das reclamacións. Non é culpa do reclamante que as comisións se reúnan mensualmente e se atopen con que se desestiman por estar fóra dos 15 días. Segundo a Admón. o pacto é claro neste punto e establece 15 días para a revogación, e di que as comisións periféricas teñen que resolver antes dos 15 días.
Preguntamos se se permite a alegación dalgunha das causas previstas para a suspensión de chamamentos, para a renuncia no momento do chamamento a unha vinculación. Respóstannos que así o permite o Apartado III.4.2. Acreditación das suspensións de chamamentos, do pacto de contratacións.
Solicitamos a incompatibilidade entre as listas de curta duración e as listas das áreas especiais. Denunciamos tamén que as xerencias non están a cumprir as instrucións das listas de curta duración, e a Admón. remítenos a que o denunciemos nas comisións periféricas.
Solicitamos que se nos aclare qué criterio utilizan para decidir se chaman pola lista de Técnicos ou pola de Diplomados en Prevención de Riscos Laborais. A Admón. contesta que é potestade da xerencia decidir por qué lista chamar.
A Admón. informa que para a vindeira comisión traerán unha proposta de desenvolvemento da capacidade funcional, tal e como ven recollido no pacto.
Denunciamos que están saltándose os chamamentos ás persoas con limitacións, inclusive chamamentos de longa duración. Dende CIG-SAÚDE solicitamos que se respecte a orde de prelación nos chamamentos, e que se a persoa non pode desenvolver as súas funcións no posto de traballo, se lle permita renunciar sen penalización. Tamén denunciamos que se están a saltar nos chamamentos ás aspirantes embarazadas, e solicitamos que dende Servizos Centrais rectifiquen estas actuacións por parte das xerencias.
Entendemos que a lista xeral de enfermeiras e a lista de enfermeiras do 061 son a mesma categoría, polo que solicitamos que se puntúen os mesmos conceptos (curta duración da xeral que puntúa na do 061). A Admón. entende que aínda que son a mesma categoría, ao ter listas independentes, funcionan coma se fosen categorías distintas. Polo que a puntuación das listas de curta duración da lista xeral, non puntúa nas listas do 061.
Preguntamos se esgotada a área especial dunha área a qué lista se chamaría, porque algunha xerencia entendeu que á área especial da área limítrofe. A Admón. resposta que habería que chamar á lista xeral da mesma área.
Solicitamos que en listas compatibles as persoas con vinculación de longa duración figuren como non dispoñibles na outra categoría. A Admón. di que manteñen o acordo do 4 de xullo de 2006 no que en categorías compatibles do mesmo ou superior nivel se ofertarán por unha vez os contratos de longa duración aínda que estea vinculado con contrato de longa duración en categoría distinta.
Solicitamos que se clarexe cómo se entende a alternancia nos chamamentos do 50% coa lista de Promoción Interna. A Admón. entende que se non hai incorporación do aspirante ao contrato mantense na mesma quenda. Pero se hai incorporación e unha renuncia posterior no tempo, aínda que sexan días, correspondería á seguinte quenda.
Denunciamos o caso detectado de un PSX en praza vacante, que se inscribiu nas listas de Aux. Administrativo e figura como dispoñible para longa duración. Entendemos que unha vez publicadas as listas da nova categoría tiña que figurar como non dispoñible, e solicitamos que se estableza un procedemento da mesma maneira que o cambio de área, para as categorías incompatibles.
Preguntamos se se está a permitir que persoal fixo doutra Comunidade participe nas listas de Promoción Interna. A Admón. resposta que as listas de Promoción Interna son para o persoal fixo do Servizo Galego de Saúde.
Preguntamos cómo se calcula o límite dos 180 días de acúmulos de tarefas nas xornadas parciais. A Admón. resposta que o cálculo faise por días de contrato e son 180 independentemente da xornada de traballo.
Denunciamos que na primeira vacante ofertada na categoría de Técnico superior en Documentación Sanitaria non se ofertase primeiro á Promoción Interna, incumprindo o acordo da mesa de que se iniciaría sempre pola Promoción Interna. A Admón. quedou en revisar o caso.
Preguntamos cando ían entrar nas listas de áreas especiais as persoas que se estaban a formar agora nos centros. A Admón. resposta que entrarían na seguinte convocatoria, é dicir, na convocatoria automática do 2014.
Solicitamos que @s PSX que quedan en Galaria sexan substituíd@s segundo as funcións que desempeñen, xa sexa celador/a ou Aux. Administrativo, pero nunca PSX. A Admón. quedou en revisar o tema.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto