Noticias Outras novas Mobilizacións Salvemos Galiza! Calendario e itinerarios das marchas polo emprego da CIG
 
 

Salvemos Galiza! Calendario e itinerarios das marchas polo emprego da CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo. Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.
SalvemosGaliza

Calendario das marchas por comarcas:

  • A Coruña:

- Martes 15 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende o local sindical (Avda. Alfonso Molina) até o Concello de Arteixo. Ás 19:30 horas haberá un acto público na Praza do Balneario.

- Mércores 16 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende a Praza do Concello da Laracha até a Praza do Concello de Carballo, onde haberá un acto público ás 19:30 horas.

-Xoves 17 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende a Glorieta do Polígono do Espírito Santo até a Praza Hermanos García de Betanzos, onde haberá un acto público ás 19:30 horas.

- Venres 18 de outubro: ás 16:00 horas marcha dende o Campo da Feira de Cerceda até a Praza do Concello de Ordes. Acto público ás 19:30 horas.

  • Compostela:

- Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas marchas a pé desde os polígonos industriais do Tambre e do Milladoiro até a Praza de Vigo.

- Xoves 17 outubro: ás 10:00 horas marcha a pé que chegará o día 19 a Compostela. A primeira etapa será dende de Ribeira até Rianxo.

- Venres 18 outubro : ás 10:00 saída de Rianxo até O Milladoiro.

- Sábado 19 de outubro : marcha dende O Milladoiro até Compostela para confluír na Alameda coa saída da manifestación nacional.

  • Ferrol:

- Luns 14 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende San Valentín (fronte a antiga Astano) até a rotonda de Freixeiro (Narón), pasando por Fene e Neda.

- Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende o Polígono de Río do Pozo até a o Concello de Ferrol, pasando pola estrada de Cedeira e a estrada de Castela até a praza de Armas.

  • Lugo:

- Martes 15 de outubro: ás 09:30 horas marcha dende a Factoría de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei. Ás 10:30 horas marcha dende o HULA. Ambas marchas confluirán para rematar conxuntamente diante do edificio Multiusos da Xunta en Lugo.

- Mércores 16 de outubro: ás 10:30 horas marcha dende o Pazo de Sober (Sober) até o Hospital comarcal de Monforte.

- Xoves 17 de outubro: ás 10:00 horas, marcha dende a fábrica de Muebles Hermida no Polígono Industrial de Lourenza até a Praza do Concello de Mondoñedo. 

  • Ourense:

-Martes 15 de outubro: ás 17:30 horas marcha dende Polígono Industrial da Raña, no Barco de Valdeorras, até o Edificio Administrativo da Xunta, na Praza de Otero Pedraio.

-  Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas saída dende a Avenida de Castela (PK 165 da N- 525), pasando polo núcleo urbano de Verín, o Polígono Industrial de Pazo, e rematando no Concello de Monterrei, a altura do PK 173 da N-525.

- Xoves 17 de outubro: ás 09:00 horas concentración e saída da marcha na Rotonda do Parque Tecnolóxico de Galiza até o Edificio da Xunta, na Avda. da Habana, onde haberá outra concentración.

  • Pontevedra:

- Martes 15 de outubro: ás 10:00 horas marcha rodeando Pontevedra con saída no Pazo de Cultura até a Subdelegación do Goberno, pasando pola Avda.. de Marín, a estación de autobuses e a rotonda da Ponte dos Tirantes.

- Mércores 16 de outubro: ás 09:30 horas marcha con saída do Concello de Cambados até a Praza de Ravella, diante do Concello de Vilagarcía, pasando pola rotonda do cruce da Illa, do Rial e a de baixada ao porto.

  • Vigo:

- Martes 15 de outubro: ás 09:30 horas saída dende a casa sindical no Porriño (Avenida Antonio Palacios) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo, pasando pola Avda. de Sanguiñeira, a vía de servizos de Puxeiros, Cabral, as rúas Urzáiz, Colón e Concepción Arenal.

- Martes 15 de outubro: ás 18:30 horas marcha dende a Praza de Abastos de Moaña até a Casa do Concello de Cangas.

- Martes 15 de outubro: ás 18:30 horas saída da Praza do Concello de Bueu até a Casa do Concello de Cangas.

Repartos masivos e asembleas nos barrios

Paralelamente, ao longo desta semana estase desenvolvendo unha intensa campaña de axitación polas distintas comarcas con repartos nos centros de traballo, nas oficinas de emprego e polas rúas das cidades e vilas, co obxectivo de dar a coñecer a campaña e chamar a  participar na manifestación do 19 de outubro en Compostela. No caso da Coruña tamén se están a realizar todas as tardes asembleas polos barrios, coa participación de membros da asemblea de desempregados/as. 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto