Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Especialidades de Enfermaría: normalizar a situación
 
 

Especialidades de Enfermaría: normalizar a situación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup_enferm_positivo_cor

A AGRUPACIÓN ENFERMEIRA DE CIG-SAÚDE EXIXE DO SERGAS

QUE DUNHA VEZ POR TODAS NORMALICE A SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE

NA QUE ESTÁ A MANTER AS/OS ENFERMEIRAS/OS ESPECIALISTAS

Para que as enfermeiras/os especialistas poidan acceder ás prazas correspondentes da súa especialidade, o SERGAS e a Consellaría de Sanidade debe normalizar esta situación nos orzamentos do 2014.

Enfermeira Especialista en Saúde Mental:  O 9 de xullo de 1998 o Ministerio de Educación establece o perfil profesional da/o enfermeira/o especialista en Saúde Mental. No ano 2007 a Consellaría de Sanidade crea mediante o Decreto 95/2007, do 3 de maio a categoría estatutaria de enfermeira/o especialista en Saúde Mental. Na convocatoria de OPE 2009 o SERGAS convocou 9 prazas de enfermeira/o especialista en Saúde Mental.

Nas unidades de Saúde Mental do SERGAS están a traballar enfermeiras/os especialistas que o SERGAS está a retribuír como enfermeiras/os xeralistas malia recollerse na Orde de confección de nóminas, que é a norma pola que se retribúe ás/aos profesionais, a categoría de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental.

Consellería de Facenda:  ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013.

 

S A2 33 ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL . Grupo A2

Soldo base

Complemento Destino

Compl. Específico

Productividade

958,98

546.41

262.44

147.96

 

Desde CIG-SAÚDE exiximos que nos ORZAMENTOS do ano 2014 todas as prazas de enfermeira/o de Saúde Mental se recollan co código S A2 33, e que se proceda á reclasificación de todo o persoal que estea en posesión da devandita especialidade. A Admón. non se pode comportar como un empresario ruín e miserábel, empregando persoal altamente cualificado para retribuílo a prezo de saldo.

Así mesmo solicitamos que o SERGAS, en base ás competencias que lle atribúe o artigo 15 do Estatuto Marco, convoque de inmediato unha Mesa de Negociación para proceder á negociación da creación das categorías estatutarias de Enfermeira/o Especialista en: Familiar e Comunitaria, Pediatría, e Xeriatría, toda vez que ademais no caso de Enfermaría Familiar e Comunitaria e de Enfermaría Pediátrica, o SERGAS tén unidades docentes  acreditadas para a formación EIR, cunha oferta de prazas crecente ano a ano.

Estas novas prazas de enfermeiras/os especialistas deben incorporarse á Orde de nóminas do ano 2014 co código correspondente á súa categoría, e crearse as prazas correspondentes nas sucesivas Leis de Orzamentos.  Medidas que terían que afectar tamén ás contratacións.

É inaceptable que o SERGAS teña unidades docentes acreditadas, nas que se forman profesionais de enfermaría altamente cualificadas/os, para despois abandonalas/os á súa sorte por non teren saída laboral na súa especialidade, estragando esforzos e coñecementos que incrementarían a calidade dos coidados dispensados a doentes e  entorpecendo inda máis o desenvolvemento da disciplina enfermeira.

Creación das categorías de Enfermaría Especialista en Familiar e Comunitaria, Pediatría e Xeriatría XA!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto