Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A "rixidez" do modelo estatutario e os posicionamentos dalgún sindicato médico
 
 

A "rixidez" do modelo estatutario e os posicionamentos dalgún sindicato médico

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ao fío das declaracións feitas a semana pasada pola nosa "super" Conselleira, Rocío Mosquera, nas que aseveraba que "necesitamos un sistema retributivo diferente" e falaba da necesidade dun sistema de xestión de persoal máis "flexíbel", publicouse onte nun medio dixital do ámbito da medicina un artigo no que se abunda no cuestionamento do modelo estatutario de xestión de persoal.

rocio_mosquera_3Neste artigo, algúns responsábeis directivos de servizos de saúde de territorios paradigma do que é a privatización da sanidade, como poden ser a Comunidade Valenciana ou Madrid, afondan na suposta necesidade de cambiar o modelo actual de persoal estatutario para buscar un sistema menos "ríxido". Entre outros motivos, o responsábel de sanidade de Orihuela fala de que co modelo actual seica non se poden facer contratos a tempo parcial (que llo diga a todas as persoas que hoxendía traballan con xornadas de 5, 4 ou mesmo 3 ou 2 horas no SERGAS) ou que non permite facer horas extras (horas extras! cunha taxa de paro do 26%, horas extras!). Se non fora para chorar, habíamos de rir bastante. Mais o conto é triste.

O caso é que neste artigo inclúese dentro desa corrente de opinión que avoga pola laboralización do persoal e a fin do modelo de persoal estatutario á Organización Médico Colexial e tamén ao sindicato coroporativo médico CESM, de boca do seu Secretario Xeral, Francisco Mirelles. Segundo o artigo publicado onte, o máximo dirixente da CESM indica que "os médicos tamén queren esa flexibilidade que eles reclaman", sumándose ao carro da crítica á suposta rixidez do sistema.

O que non temos moi claro na CIG-Saúde é qué pensan en CESM-Galiza destas declaracións. Non sabemos se xa lles explicaron ao persoal este seu posicionamento de cara á eliminación do persoal estatutario e a "flexibilización" do sistema. Pensan entón, como o directivo de Orihuela, que debería haber máis contratos a tempo parcial? Faláronlles aos/ás profesionais que se atopan no paro da necesidade de que o persoal fixo poida facer horas extras, tal como promulga ese directivo, algo ao que parece sumarse o Secretario Xeral da CESM? Avoga CESM pola aplicación da Reforma Laboral con contundencia, e con todas as consecuencias (despedimentos, xornadas irregulares, salarios en función da productividade...) tal e como pretenden facer estes directiv@s da sanidade, incluída a nosa Conselleira?

Estaría ben que aclararan ao persoal que día a día traballa para manter a Sanidade Pública se este é o seu modelo, se a súa loita é para a eliminación da "rixidez" da estatutarización. Estaría ben.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto