Noticias Outras novas Mobilizacións Os re-pagamentos matan: manifestación domingo 17 de novembro
 
 

Os re-pagamentos matan: manifestación domingo 17 de novembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1456085_172250649641471_1935658039_n

 

Representantes da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública péchanse na Xunta exixindo ser recibidos por Feijóo

Chaman a participar na manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, día 17 de novembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá
.
Representantes da Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade Pública permaneceron pechados durante varias horas, na mañá deste xoves en San Caetano, á porta do despacho do presidente da Xunta, en demanda dunha entrevista para exixirlle que non entre en vigor o repago de medicamentos de farmacia hospitalaria para doentes afectados por patoloxías graves e/ou crónicas.

A súa intención era ficar pechados nas dependencias do edificio administrativo da Xunta de Galiza até seren recibidos, pero deron por rematado o peche ao confirmarlles que recibirían unha resposta á súa solicitude entre o xoves e o venres. Resposta pola que aínda agardan.

Para os representantes da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública a decisión de aplicar o repago de medicamentos e gravísima. Por iso reiteran o seu chamamento a participar na manifestación en defensa da sanidade publica convocada o domingo día 17 de novembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá.

Desde a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública –na que está integrada a CIG- considérase que a decisión de aplicar o repago de medicamentos supón o traspaso dunha liña vermella, onde a Sanidade deixa de ser pública, universal e gratuíta, discriminando aos usuarios/as do sistema en función dos seus recursos, gravando aínda máis aos doentes crónicos e rompendo coa equidade do sistema.

Denuncia que tanto o Goberno do Estado, como o Goberno da Xunta están implantando esta e outras normativas co obxectivo de desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de Servizos gratuítos e incorporando medidas de repago, como as recollidas no Real Decreto Lei 16/2012, onde xa se contempla o copago dos medicamentos de pensionistas, o do transporte sanitario non urxente ou o das próteses.

Por iso está ademais a promover un manifesto apoiado por numerosas organizacións políticas, sindicais, colexios profesionais e colectivos sociais para denunciar esta situación e promover mobilizacións en toda Galiza para instar ao Goberno do Estado a que derrogue esta Resolución e ao Goberno galego para que paralice a entrada en vigor deste novo repagamento  na Sanidade Pública do noso país.

Xa se celebraron concentracións diante dos principias hospitais de Galiza e a primeira grande movilización é a convocada para este domingo.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto