Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG-Saúde alerta da posíbel privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios
 
 

A CIG-Saúde alerta da posíbel privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Demanda da consellaría que informe sobre este asunto ou desminta a información que circula entre persoal
.
A CIG-Saúde manifesta a súa preocupación pola información que circula polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, neste mesmo mes de decembro, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Segundo esa información trataríase dun contrato de 132 millóns de euros por un período de 12 anos.
cig_cartazA CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario e se isto pasa a mans dunha empresa privada “estariamos a falar da privatización da ‘bata branca’, esa que di a conselleira que non se vai producir”, di María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

Con data de 4 de decembro, a CIG-Saúde remitiu un escrito solicitando do SERGAS unha aclaración a respecto deste asunto sen que a esta altura se teña recibido unha resposta. O escrito foi enviado á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, ao Director Asistencial e ao Director de Recursos Económicos, Pablo Torres, que é o encargado de publicar os concursos.

A CIG-Saúde solicita que en aras á transparencia da que o PP presume se lle proporcione información a respecto desta inminente privatización ou que, senón se proceda ao seu desmentido.

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto