Noticias Persoal Contratacións Información Publicacións Contratacións
 
 

Información Publicacións Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información remitida polo SERGAS a respecto das publicacións previstas en DOG sobre contratacións:

 

Infórmase que está previsto que esta semana se publiquen no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións relativas a procesos de selección temporal:

-          Mércores, 15 de xaneiro:  Listas de selección temporal da categoría de Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica: Baremación definitiva

-          Xoves, 16 de xaneiro:  Procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal das categorías de celador, persoal de servizos xerais e grupo auxiliar da función administrativa: Relación provisional de admitidos/excluídos e baremación provisional.

 

Así mesmo adiántase que, está previsto que na segunda quincena de xaneiro se efectúen as seguintes publicacións:

-          Procedemento de actualización de listas: Relación provisional de admitidos/excluídos e baremación provisional  das categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

-          Baremación definitiva das categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a de farmacia e técnico/a superior en dietética e nutrición.

 

Na reunión da Comisión Central de Seguimento do Pacto que se convocará para a segunda quincena deste mes, darase máis información sobre estes procesos.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto