Noticias Persoal OPE
 
 

Información da Comisión técnica de OPE do 1 de marzo de 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE: CONVOCATORIA OPE DA CATEGORÍA DE PSX


Está previsto que o vindeiro xoves 7 de marzo de 2019 se publique a convocatoria de concurso-oposición na categoría de PSX.
O prazo de presentación de solicitudes será do 15 de marzo ao 30 de abril de 2019.

ope psx

As prazas reservadas para o acceso pola quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

  • DNI ou NIE.
  • Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
  • Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
  • Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela o/a aspirante deberá presentar en papel toda a documentación.
O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

Publicación modelos definitivos de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2016-2017

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións polas que se publican os modelos definitivos de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos convocados no 2018.

Presentación de reclamacións: cinco días hábiles seguintes á súa publicación ( do 12 ao 18 de febreiro).

Dirixidas ao tribunal, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

 

Previsións datas OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

INFORMACIÓN CHEGADA DO SERGAS

 

Infórmase das datas e lugar de celebración dos exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador/a:

- Sábado, 9 de marzo: Quenda de discapacidade intelectual (1º exercicio)

- Domingo, 10 de marzo: Quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral (1º-2º e 3º exercicio)

En ambos supostos, os exercicios desenvolveranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda).

Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai público o horario de inicio das probas desta categoría e as portas de acceso dos/das aspirantes.

 

Mantense a previsión de datas de exame, anunciadas na web, para as categorías de grupo auxiliar da función administrativa e enfermeiro/a:

- Grupo auxiliar da función administrativa: 7 de abril

- Enfermeiro/a: 12 de maio

 

Publicación nomeamento tribunal cualificador da OPE 2016-2017 de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018 das seguintes categorías:

OPE CTG: Nomeamento como persoal laboral e adxudicación de destino definitivo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral e á adxudicación de destino definitivo aos aspirantes seleccionados no concurso oposición para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Finaliza o proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo para o ingreso nas categorías de:

  • médico/a especialista en hematoloxía e hemoterapia
  • médico/a xeral
  • técnico/a superior
  • responsable de comunicación
  • enfermeiro/a
  • técnico/a especialista de laboratorio
  • promotor/a da doazón
  • auxiliar administrativo
  • auxiliar de informática
  • auxiliar clínica/laboratorio
  • condutor celador/a

Os/as aspirantes que superen o proceso selectivo poderán exercer a súa opción de integración no réxime estatutario no prazo previsto para a toma de posesión do posto adxudicado.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para se incorporar á praza adxudicada.

Publicación da oferta de emprego público para o ano 2018

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publícase no DOG o DECRETO 161/2018, do 5 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2018.

A oferta inclúe 1400 prazas, das cales 70 prazas se cubrirán pola quenda de discapacidade xeral e 28 pola quenda de discapacidade intelectual.
  • Licenciado/a sanitario: 512 prazas
  • Diplomado/a sanitario e formación profesional: 659 prazas
  • Xestión e servizos: 229 prazas

Unha vez máis, o SERGAS deixa fóra da oferta de emprego ao persoal de xestión e servizos das áreas de mantemento, hostalería e lavandería.

Esiximos a convocatoria de todas as prazas e de todas as categorías!

Non á taxa de reposición!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto