Noticias Persoal OPE
 
 

Convocada OPE da Lei 17

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a convocatoria de concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989.

 

Podedes descargar a convocatoria premendo aqui.

Información Comisión Técnica de Provisión de Prazas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado martes levouse a cabo a primeira reunión da Comisión Técnica de Provisión de Prazas, que pretende sentar as bases sobre as que se regulen os procesos de provisión vindeiros (OPEs, Concursos de Traslados). Esta é a información sobre esa reunión:

 

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE PROVISIÓN DE PRAZAS 27 - XULLO - 2010.

 

Tratábase dunha primeira reunión de toma de contacto. A primeira reunión xa de traballo será na 2ª quincena de setembro, e posteriormente de forma mensual, con idea de que teña continuidade como comisión de seguimento.

 

Puxéronse sobre a mesa os principais puntos que se ían tocar nas sucesivas reunións:

 

Ler máis

Publicacións DOG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe as seguintes resolucións:

grecia

* Resolución do 22 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativo á publicación de puntuacións definitivas, á conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo da fase de concurso de cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e persoal de servizos xerais.

 

* Resolución do 23 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía, logopeda, técnico/a especialista en radioterapia), relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 

Podedes consultalas as dúas premendo aqui.

Calendario de publicacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte comunicación de calendario:

 

No DOG de hoxe sae publicado o concurso de traslados que terá prazo de presentación de méritos ata o 15 de setembro.

 

Por outra banda informo que mañá dia 29 de xullo sairá publicado no DOG:

 

- o listado provisional de baremación da fase de concurso de matronas, logopedas e TERadioterapia.


- o listado definitivo da fase de oposición e apertura de prazo de presentación de méritos para a fase de concurso de: PSX, aux. administrativo, grupo A e B da FA e cociñeiros.

OPE Psiquiatría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Resolución do 16 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas, conclusión da fase de oposición e a apertura do prazo da fase de  oncurso do proceso selectivo para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría.


Abre o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

b) Na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

c) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

d) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

f) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

g) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Os méritos alegados nesta fase de concurso entenderanse referidos como máximo ata o día 28 de xaneiro de 2007.

 

Todos/as os/as aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obligatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría. Ademais, os/as que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da respectiva convocatoria.

 

*Puntuacións definitivas.

Publicacións DOG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG as seguintes resolucións:

 

* Corrección de erros.-Resolución do 28 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as.

 

* Anuncio do 30 de xuño de 2010, da Dirección de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 14 de xuño de 2010, pola que se convoca proceso selectivo para vinculación temporal dunha praza de facultativo especialista de área de cardioloxía.

Publicacións OPE e traslados no DOG de hoxe

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que se anunciaban sobre traslados e OPE de persoal facultativo:

 

* Resolución do 7 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde convocado pola Resolución do 21 de xaneiro de 2010.


* Resolución do 8 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario doservizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutário fixo e se lles adxudica, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente.


Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día 16 de setembro de 2010.

Publicación OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O pasado venres foron publicadas na páxina web do SERGAS as puntuacións provisorias do exercicio de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto