Noticias Persoal OPE
 
 

Publicacións OPE e traslados no DOG de hoxe

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que se anunciaban sobre traslados e OPE de persoal facultativo:

 

* Resolución do 7 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde convocado pola Resolución do 21 de xaneiro de 2010.


* Resolución do 8 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario doservizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutário fixo e se lles adxudica, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente.


Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día 16 de setembro de 2010.

Publicación OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O pasado venres foron publicadas na páxina web do SERGAS as puntuacións provisorias do exercicio de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX.

Información OPE Psiquiatría 2006

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como sabedes, no calendario enviado polo SERGAS e que publicamos nesta páxina web o pasado día 5 de xullo, un dos anuncios que se facían era sobre a OPE de Psiquiatría 2006 e dicía asi:

 

Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.

 

Pois ben, inda que o SERGAS nos tén acostumad@s á súa lentitude, neste caso actuaron cunha total (e sospeitosa) celeridade, posto que as puntuacións provisonais publicáronse, como podedes ver na páxina web do proceso, o pasado día 7 de xullo (2 días despois do cronograma) dando un prazo de reclamacións de 5 días hábiles, que remataba o pasado día 13 de xullo, ou sexa dous días antes da previsión inicial de publicación, e ademais, sen publicitalo nin anuncialo como veñen facendo co resto de procesos.

 

A nós, cando menos, resúltanos bastante estrano, e por iso, esta mañá pediremos explicacións sobre esta cuestión. En canto teñamos resposta, publicarémola aqui mesmo.

Convocatoria Lei 17 con alegacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos esta información do SERGAS:

 

Boas tardes: logo da reunión celebrada hoxe envio novamente a convocatoria  do concurso-oposición de diversas clases da Lei 17/89, coas modificacións acordadas na devandita reunión.

 

Co esta data foi remitida á Dirección Xeral de Función Pública para a súa inclusión na Orde do Día da próxima xuntanza da Mesa de Negociación.

 

Cando sepamos a data de posible publicación no DOG, será cominicadas por este mesmo medio.

 

En relación coas alegacións sobre os temarios, comunícovos que desde a Subdirección Xeral responsable destas Clases de funcionarios dinme que non poden ser aceptadas, coa única excepción do tema 37 da clase de Subinspectores sanitarios referente a Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia que queda suprimido. Saúdos.

 

Información publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte información:

 

Bos días: está previsto que o vindeiro luns, día 19 de xullo sexan publicadas no DOG as seguintes resolucións:

 

- Resolución definitiva do concurso de traslados de FEAS. no que se especifica o prazo de toma de posesión, que comenzará o día 13 de setembro, se ben daranse instruccións aos centros para que se proceda ao cese dos facultativos que cambien de destino o último día do prazo, é dicir, o 15 de setembro.

 

- Resolución definitiva da OPE de licenciados sanitarios no que se especifica o prazo de toma de posesión que comenza o día 16 de setembro.

 

- Corrección de erros da resolución definitiva de Médicos de Familia, xa que por un erro do programa informático se declarou aspirantes seleccionados a seis aspirantes que non poden aprobar xa que 6 prazas de discapacitados non cubertas por estas persoas deben quedar para a seguinte oferta.

 

Convocatoria Lei 17

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información remitida polo SERGAS sobre a convocatoria de proceso selectivo do persoal da Lei 17/89

 

Bos días: seguindo indicacións da Dirección Xeral de Función Pública, comunico que a convocatoria do proceso selectivo da Lei 17/89, ten que ser negociada no seo da Mesa Xeral de Negociación de funcionarios. Por esa razón convocouse aos sindicatos da devandita Mesa a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes, día 13 de xullo, ás 10:00 horas na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.


Achégo a convocatoria na que se tiveron en conta algunha das alegacións que foron remitidas.


Salvo que teñandes un gran interés en manter unha reunión ao respecto, manteré a reunión cos sindicatos de Presidencia e logo enviaremos o texto a Función Pública para que sexa incluido no orde ddo día da  Mesa de Negociación meste mes de xullo.


A nosa intención é publicar a convocatoria sobre finais do mes de xullo.

Máis atrasos OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

AVISO

 

Como xa saberedes hoxe tiñanse que publicar no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:

  • Costureira/o
  • Enfermeira/o especialista saúde mental.
  • Fisioterapeuta.
  • Grupo Administrativo da función administrativa.
  • Perruqueira/o.
  • Técnica/o especialista en anatomía patolóxica e citoloxía.
  • Técnica/o especialista en hixiene bucodental.

Pois ben como puidestes comprobar non se publicou nada, postos en contacto co Sergas indican que a publicación será o VINDEIRO LUNS DÍA 12, non dixeron os motivos do atraso. Se ao longo da mañan temos algunha explicación máis concreta publicitarase por este mesmo medio.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto