Noticias Persoal OPE
 
 

Previsións OPE-Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

PREVISIÓNS

  

Traslados:

  

Preven sacar a convocatoria das categorías que faltan a primeiros de xullo en DOG deixando prazo suficiente para a xente que estea nas vacacións (cando menos ata agosto). Os traslados de FEAS xa os teñen practicamente pechados. Esta semana adiantarán os destinos adxudicados para que se difundan, e, se poden, tamén os colgarán na web do SERGAS. A primeiros de xullo publicarase en DOG o nomeamento con destino (de FEAS) e pretenden que a toma de posesión sexa a 2ª quincena de setembro.

  

OPE:

  

Esta semana pretenden que saia a baremación das categorías pequenas (matrona, fisioterapeuta, TER...), o resto de categorías queda para o mes de setembro  (a primeiros) coa excepción de enfermaría que sairán as puntuacións a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro, de xeito escalonado, empezando polas categorías pequenas. Enfermaría probablemente se incorpore a finais de novembro ou na 1ª de decembro.

 


Elección de destino FEAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de recibir este correo SERGAS sobre a elección de prazas de FEAS. Podedes descargar o calendario premendo aqui .

 

Bos días: para voso coñecemento achégase calendario do acto de elección de prazas do persoal facultativo da OPE 2008, que terá lugar o sábado día 26 de xuño de 2010 no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela), e que, co data de hoxe, será publicado na páxina web do organismo.

 

Nos vindeiros días publicarase do mesmo xeito a relación de prazas que serán ofertadas no devandito acto de elección.

 

Esta publicación ten un valor meramente informativos, xa que necesariamente deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convoque aos aspirantes e se relacionen as prazas que se oferten. Sáúdos.

Borrador de convocatoria proceso selectivo funcionari@s lei 17/1989

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS ven de enviarnos o borrador da convocatoria do proceso selectivo que estaba pendente para persoal funcionario da Lei17/1989.

Podedes baixalo premendo aqui .

Novo calendario OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINO DE PERSOAL FACULTATIVO DA OPE 2008:

  • Se realizará no edificio da Consellería de Sanidade(San Lázaro S/N Santiago de Compostela) na mañá do sábado día 26 de xuño de 2010.

 

EXERCICIOS PENDENTES DE REALIZACIÓN:

  • Os exercicios de coñecemento da lingua galega de Cociñeiros, Pesoal de Servizos Xerais, Grupo Auxiliar da F.A, Grupo Técnico da F.A. e Grupo de Xestión da F.A. realizaranse o día 29 de xuño de 2010 na Escola Galega de Administración Sanitaria(FEGAS).
  • Igualmente, ese mesmo día, realizaranse os exercicios da parte común(xurídica) de cociñeiros e o terceiro exercicio dos Grupos Técnicos e de Xestión da Función Administrativa.
As horas concretas de realización destes actos serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia e anticipadas na nosa páxina web e na páxina web do SERGAS.

Puntuacións definitivas OPE facultativ@s

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe, 31 de maio de 2010 a resolución de RR.HH. pola que se publican as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso de diversas especialidades de FEAS, Médico Coordinador  061, Medico de urxencias hospitalarias, Médico especialista en medicina do traballo, Farmacéutico de A.P., Odontólogo de A.P., Pediatra de A.P.

 

Os aspirantes definitivamente seleccionados deberán presentar a documentación solicitada ata o 17/06/2010.

 

Páxina OPE SERGAS

Convocada OPE Illes Balears

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Convocadas oposicións para o Servizo de Saúde das Illes Balears nas categorías de Administrativo, Grupo de Xestión e Grupo Técnico da Función Administrativa.

 

Próximas publicacións da OPE e os traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe chegounos o seguinte correo do SERGAS:

 

Bos días: está previsto que a vindeira semana sexan publicadas no D.O.G as seguintes resolucións:

 

- Día 26 de maio: resolución provisional do concurso de traslados de persoal licenciado sanitario ( excepto categorías de atención primaria), coa puntuación provisional e adxudicación, no seu caso, de destino provisional.

 

- Día 28 de maio: Resolución definitiva de OPE das diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario (expecto médicos de familia), e apertura do prazo para a presentación de documentación dos aspirantes defiitivamente seleccionados.

 

Por razóns de urxencia e de conformidade co establecido no artigo 50 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reducese o prazo de presentación da devandita documentación a 15 días, circunstancia que se fará constar na devandita resolución. Non obstante sería aconsellable que se dera a máxima difusión desta reducción entre os profesionais interesados. Grazas.

 

Notas 2º exercicio Función Admnistrativa

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe as notas do 2º exercicio do Grupo de Xestión da Función Administrativa e do Grupo Técnico da Función Administrativa.

 

web SERGAS

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto