Noticias Persoal OPE
 
 

Información sobre posibles datas de publicación de puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Correo remitido polo SERGAS:573-57237-a-BURRO

 

Boas tardes: en relación co calendario da OPE/concurso de traslados enviado recentemente están a preguntarnos posibles datas de publicación de puntuacións provisionais da fase de concurso de categorías non facultativas.

 

Ao respecto comre decirvos que nestes momentos só podemos informarvos de que as tarefas de baremación comenzarán a partir da vindeira semana e que, dado que o número de aspirantes que superaron o proceso, difere moito en función da categoría de que se trate, non resulta posible dar prazos ata que os tribunais de selección avancen nos seus traballos.

 

En calquera caso se irán publicando as puntuacións en función de cando vaian rematando os diversos tribunais, o que se comunicará coa suficiente antelación. Grazas

 

 

Publicación Puntuacións Exercicios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Novas sobre a publicación de puntuacións dos últimos exercicios, recibidas hoxe:

 

Bos días: está previsto que mañá, día 6 de maio, sexan publicadas na páxina web do organismo as puntuacións provisionais do segundo exercicio (informática) das categorías do Grupo Auxiliar da Función Administrativa e de Persoal de Servizo Xerais.


Igualmente, o vindeiro martes, día 11,está previsto que sexan publicadas as puntuacións provisionais do segundo exercicio do Grupo Técnico da Función Administrativa e do Grupo de Xestión da Función Administrativa.

Incorporación OPE-Traslados FEAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo a información que nos facilitan desde o SERGAS:

 

Informamosvos que a toma de posesión simultánea dos procesos de provisión de prazas do persoal Facultativo Especialista de Área do Servizo Galego de Saúde -relativos ao proceso selectivo correspondente á oferta de emprego público de 2008 e ao concurso de traslados de 2009- terá lugar o vindeiro mes de setembro.


A resolución definitiva de ámbolos dous procesos será dada a coñecer no próximo mes de xuño, de xeito que cada profesional coñeza, coa suficiente antelación, o centro no que pasará a prestar os seus servizos.


O obxectivo de esta medida é conseguir conxugar unha adecuada programación da actividade asistencial dos centros sanitarios co respecto ao dereito dos profesionais ao descanso vacacional que, sobre todo por razóns de conciliación da vida familiar e laboral dos profesionais do Servizo Galego de Saúde,  ten lugar habitualmente nos meses de xullo e agosto.

 

CALENDARIO OPE SERGAS 2008/2009

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Achegamos calendario enviado polo SERGAS coas previsións da OPE 2008/2009

 

1.- LICENCIADOS SANITARIOS:

 

Primeira quincena de maio

 

  • Publicación notas definitivas fase de concurso da OPE de FEAS.
  • Publicación resolución provisional concurso de traslados de FEAS

 

Segunda quincena de maio

 

  • Convocatoria concurso de traslados de atención primaria.

 Segunda quincena de xuño

 

  • Publicación resolución definitiva concurso de traslados de FEAS
  • Publicación notas definitivas da fase de concurso de Médicos de Familia.
  • Elección de destino de FEAS.

 

Pendente decidir data de toma de posesión de ámbolos dous procesos, que será comunicada a vindeira semana.

 

2.- RESTO DE CATEGORÍAS:

 

Primeira quincena de maio

 

  • Publicación notas provisionais exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
  • Publicación notas provisionais do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

 

Segunda quincena de maio

 

  • Convocatoria concurso de traslados.
  • Publicación notas definitivas exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
  • Publicación notas definitivas do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

 

Primeira quincena de xuño

 

  • Realización dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.
  • Publicación puntuacións provisionais dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

 

Segunda quincena de xuño

 

  • Realización do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.
  • Publicación puntuacións definitivas dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.
  • Publicación notas provisionais do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

 

Primeira quincena de xullo

 

  • Publicación notas definitivas do terceiro exercicios e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

Desde o SERGAS indicannos que na semana que vai entrar remitirán datas de incorporación de FEAS á traslados.

 

CIG Saúde esíxelle á Conselleira a apertura dunha investigación sobre as posibles filtracións na OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

conlupaAchegamosvos dous escritos da CIG Saúde referidos ás posibles filtracións na OPE. No primeiro deles, dirixido á conselleira de sanidade, lle esiximos que proceda á apertura dunha investigación que aclare dunha vez se houbo ou non tais fallos no proceso de custodia de exames, e de ser certo sexan apartadas do proceso selectivo as persoas beneficiadas, e tamén se proceda a tomar as medidas oportunas con aquelas persoas que facilitaron tais filtracións. No mesmo escrito, lle solicitamos a apertura dun grupo de traballo que comece a elaborar os criterios necesarios para garantir a transparencia e o respecto polos principios de igualdade, mérito e capacidade nos procesos vindeiros. No segundo escrito, dirixido á afiliáción, dámoslle conta das medidas adoptadas e do escrito á conselleira.

 

Notas provisionais OPE médicos de familia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ope-2009

O mércores 28 de abril saíron publicadas as notas provisionais da OPE 2009 na categoría de médicos de familia. Podedes consultalas neste artigo ou na páxina web do SERGAS. boton

 

Os primeiros que aparecen por puntos son os de promoción interna (P), que son os primeiros, independentemente da nota.

 

Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria do persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación provisional da fase de concurso

O número 5 da base sexta B) das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal, por tanto, este centro directivo


RESOLVE:

Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes da categoría de médico de familia de atención primaria do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. relativas á baremación provisional da fase de concurso nas distintas epígrafes e a valoración total, indicando ademais, se é o caso, a relación de aspirantes excluídos da fase de concurso por non teren presentado a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.

Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2010.

 

Notas por puntuación: boton

 

Notas por apelidos: boton

 

Previsións OPE e Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CALENDARIO AVANZADO POLO SERGAS

  • FEAS: Incorporación antes do verán tanto OPE como traslados(seguramente en xuño antes das vacacións)
  • OPE RESTO CATEGORÍAS: Incorporación seguramente no mes de outubro.
  • TRASLADOS RESTO CATEGORÍAS: Despois de Semana Santa teremos un borrador, a día de hoxe están traballando nas prazas que van ofertar, esperan te-las pechadas a mediados de abril.

OPE 2009: Realización dos segundos exercicios de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publicada no DOG de hoxe a Resolución que fai público o lugar, a data e distintas cuestións sobre a realización dos segundos exercicios da fase de oposición das categorías do grupo técnico da función administrativa, do grupo de xestión da función administrativa, de cociñeiro, do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais.
  • Grupo técnico da función administrativa, día 9 de marzo de 2010, ás 10.00 horas na sede da FEGAS.
  • Grupo de xestión da función administrativa, día 9 de marzo de 2010, ás 12.00 horas na sede da FEGAS.
  • Grupo auxiliar da función administrativa, día 13 de marzo de 2010, ás 17.00 horas no Recinto Feiral de Silleda.
  • Persoal de servizos xerais, día 13 de marzo de 2010, ás 18.30 horas no Recinto Feiral de Silleda.
  • Cociñeiro: do 2 ao 11 de marzo ás 10:30 horas segundo apelido no Hospital Teresa Herrera da Coruña

IMPORTANTE: Ler ben a Resolución. Nesta aparecen moitas cuestións de gran importancia, como as horas por categoría, en que consiste cada exercicio, o que hai que levar ese día ao exame, etc.

 

Exame de Galego Auxiliares Administrativos e PSX.

 

Preguntado ao SERGAS por este tema, infórmanos o seguinte:

O exame de galego realizarase a posteriori de realizar o exame de informática, como calculan que será pouca xente a que  teña que realizar o devandito exercicio, publicarán unha listaxe coas persoas que teñan que realizalo e convocaranas un día en Compostela.

 

Descargar Resolución

Web SERGAS



 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto