Noticias Persoal OPE
 
 

Publicada resolución sobre o acto de elección de destino da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG Resolución que dá publicidade ás persoas definitivamente adxudicadas cunha praza en propiedade e ao acto de elección de destino para as categorías convocadas na OPE- 2014-2015 (enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia)

  • Adxudicatarias/os definitivas/os e acto de elección de destino. RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario e se convocan para o acto de elección de destino.Descargar PDF

O acto de elección de destino terá lugar o sábado, 8 de abril de 2017, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela no seguinte horario:

  • 9.30 horas Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta ocupacional, Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Técnico/a superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Técnico/a superior en Radioterapia e Técnico/a en Farmacia
  • 11.30 horas Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.
b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.
c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.
e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa.

Información sobre OPE e traslados facilitada polo SERGAS na Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Na reunión da Mesa Sectorial que está tendo lugar esta mañá, o SERGAS ven de ofrecernos esta información:

  • OPE 2013 (Persoal Técnico e Diplomad@s Sanitari@s): previsión de acto de elección de destino en abril e tomas de posesión en maio.
  • Traslados FEAs: previsión de convocatoria en abril-maio.

 

OPE 2013, publicación dos nomeamentos e adxudicación de destinos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaPublícanse hoxe no DOG as resolucións polas que se nomea persoal estatutario das categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia e se enumeran os destinos definitivos das persoas nomeadas:

  • Nomeamentos OPE 2013, enfermeiras/os. RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015. Descargar PDF
  • Nomeamentos OPE 2013, médicas/os de familia. RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015. Descargar PDF

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, a contar desde mañá 2 de marzo, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

OPE 2014-15: Publicada a baremación definitiva e aspirantes seleccionados/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás baremacións definitivas da fase de concurso da OPE 2014-15, e ás persoas aspirantes seleccionadas:

  • RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as. Descargar PDF

INFO OPE pequeno 150pxOs/As aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde mañá para a presentación da documentación correspondente (ver resolución).

Os/As aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no mesmo prazo, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditadas.

Importante. Persoas con praza en propiedade en funcións de Técnicos/as de farmacia:

Para os efectos do disposto na disposición transitoria primeira.2) do Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde, os/as aspirantes seleccionados/as nesta categoría que, na data do 4 de marzo de 2010 tivesen a condición de persoal fixo e permanezan desde a dita data no desempeño de postos de traballo cuxo contido funcional se correspondan coas funcións asignadas aos técnicos en farmacia, deberán manifestar tal circunstancia dentro do prazo do mes seguinte á publicación desta resolución no modelo que para o efecto consta na páxina web www.sergas.es/emprego público. Xunto con tal declaración, o/a aspirante deberá achegar certificación orixinal da dirección do centro en que conste a categoría profesional con vinculación fixa que teña, data de toma de posesión, así como as datas de inicio e fin do desempeño do posto de traballo en funcións de técnico/a en farmacia. O/a aspirante fará efectivo o seu dereito de opción na data en que teña lugar o acto de elección de destino.

Máis información sobre a OPE 2014 na páxina do SERGAS. Para a OPE de Técnicos/as de Farmacia (OPE 2015) aquí.

Data dos actos de elección de destino da OPE 2013 (Enfermeira/o e Médica/o de Familia) e cadro de prazas a oferta

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse no DOG as resolucións que anuncian as datas dos actos de elección de destinos para as persoas que obtiveron praza na OPE 2013 (categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia), así como o cadro de prazas a ofertar:

  • Elección de destino OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF
  • Elección de destino OPE 2013 Médica/o de Familia. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria e se convoca para o acto de elección de destino. Descargar PDF

O acto de elección de destino para a categoría de Médica/o de Familia terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 9.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino para a categoría de Enfermeira/o terá lugar o sábado, 4 de febreiro de 2017, ás 11.30 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Os actos de elección desenvolveranse consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra as resolucións publicadas hoxe, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir de mañá.

Máis información na páxina do SERGAS.

Publicada a Convocatoria OPE 2015-2016 para licenciad@s sanitari@s

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150px

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

  • Convocatoria OPE Médico/a Admisión. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE FEAs. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE Médico/a 061 e MUH. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE Odontólogo/a e Pediatra de Atención Primaria. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria. Descargar PDF

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 13 de febreiro.

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

Publicada convocatoria OPE 2015 para TSPRL, Traballador/a Social e categorías de Técn. Informática

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse hoxe no DOG as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Traballador/a Social.

  • Convocatoria OPE 2015 (TSPRL). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais. Descargar PDF
  • Convocatoria OPE 2015 (Técn. Informática e Traballador/a Social). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social. Descargar PDF

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 10 de febreiro.

Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina do SERGAS,  aquí para as categorías da OPE 2015, e aquí para as categorías da OPE 2016.

CIG-SAÚDE rexeita na Mesa Sectorial esta convocatoria de OPE de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais, por insuficiente e frustrante

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

As Ofertas de Emprego Público teñen como obxectivo dar a oportunidade de acadar un posto de traballo na Administración ás persoas aspirantes que baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade, e co seu esforzo, superen o proceso. Tamén é obxectivo das OPE estabilizar como persoal fixo a traballadores/as que durante anos veñen prestando servizos, sexa de xeito interino ou temporal. E de non acadarse a condición de fixo, permitir que o persoal poida seguir vinculado como eventual ou interino. Ademais, é outro obxectivo das OPE, recoñecer a traxectoria do persoal fixo mediante os procesos de promoción interna.

O actual concurso-oposición de TSPRL sitúase xustamente na liña contraria a eses obxectivos dunha oferta de emprego:

  • O persoal con vínculo de interinidade ou o persoal temporal que non acade praza nesta OPE, ten nulas posibilidades de volver ser contratado no SERGAS.
  • A promoción interna é residual, frustrando a expectativa das/os traballadoras/es á promoción, negándolles o seu recoñecemento profesional.
  • As persoas que acaden praza, verán limitado o seu dereito de trasladarse a outros lugares, posto que non haberá prazas vacantes ás que facelo.

Estes son os ingredientes desta OPE: número de prazas insuficiente, limitación da promoción interna, un temario insufrible.... Como se pode comprobar, xusto o contrario ao que necesitaría o recoñecemento profesional deste colectivo de traballadoras/es.

Queda patente que a prevención de riscos laborais, é dicir, a saúde laboral das/os traballadoras/es, non é unha prioridade para o SERGAS, posto que o cadro de persoal deste colectivo é o mesmo que no ano 2000. Non se fixo un estudo de necesidades, nin unha adaptación do cadro de persoal ás necesidades reais. A categoría de TSPRL naceu no ano 2000, e o que hai 16 anos naceu ben, convértese agora nun despropósito máis.

CIG-SAÚDE NON AVALA ESTA OPE DE TSPRL. EXIXIMOS UN INTERESE REAL DO SERGAS NA SAÚDE LABORAL DO PERSOAL, E A CONVOCATORIA DUNHA OPE CON TODOS OS POSTOS DE TRABALLO QUE AS NECESIDADES DEMANDAN

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto