Noticias Persoal OPE
 
 

Información Comisión Técnica de OPE e Mesa Sectorial do 21 de decembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaNa Comisión Técnica de OPE a Administración explicou as alegacións das OOSS recollidas (ou non) nos novos borradores entregados:

  • Experiencia Profesional. Desde a CIG alegamos que se mantivera a valoración da experiencia como estaba nas convocatorias anteriores. O SERGAS propuxo unha modificación do valor da experiencia pero en menor medida da proposta inicialmente, cambiando o valor do mes traballado de xeito que o tope estaría en 11,6 anos de experiencia en lugar dos 7 actuais. Rexeitamos esta nova proposta e mantémonos na nosa alegación. Entendemos que este baremo é de futuro, que vai afectar non só a esta OPE senón ás vindeiras e tamén ás listas de contratación, modificar agora o baremo de experiencia vai provocar problemas nun futuro. As persoas aspirantes teñen moi difícil chegar a obter unha praza fixa, pero non por causa do baremo, senón porque se convoca un número de prazas mísero.
  • Incorporan a nosa alegación dun novo apartado de valoración de servizos prestados noutras categorías de distinta área funcional. Pero ao mesmo tempo, modifican as áreas funcionais existentes ata agora, posto que, por exemplo, retiran categorías como PSX ou Aux. Admtvo. da área funcional de informática. Non nos parece oportuno, alegamos que o cadro de áreas funcionais non se pode modificar agora, de repente e nunha convocatoria de categorías concretas. Se hai que revisar o cadro, haberá que revisalo todo na súa globalidade, e non agora, senón nunha reunión ex profeso e de futuro.
  • Promoción Interna. Pedimos en que se ofertara o 50% a P.I. para todas as categorías. Non vemos que sexa oportuno recortar as posibilidades de promoción do persoal fixo.
  • Aceptaron as nosas alegacións a respecto de:

Incorporar no texto unha aclaración sobre a devolución de taxas da quenda de discapacidade, no caso de persoas que acaden a certificación con posterioridade ao fin do prazo de presentación de instancias.

Incorporar no articulado da convocatoria a redacción do cálculo de puntuación para cando hai máis preguntas anuladasque de reserva (aceptada in situ na reunión).

Estender a puntuación adicional por conciliación a todas as quendas e non só a P.I. (aceptada in situ na reunión)

Valorar os servizos prestados de categorías da Lei 17 no apartado cuarto de experiencia (non se recollerá no texto da convocatoria, porque a Admón. entende que coa redacción do punto cuarto, estes servizos prestados deben ser valorados aí).

  • Non aceptaron, ademais das xa expostas, a nosa alegación sobre a supresión do límite de 4 puntos para cursos transversais.
  • Sobre a alegación do tribunal da categoría de TSPRL, a Admón. di que non é obxecto da convocatoria, e que haberá unhas instrucións de tribunais, onde se poderán facer alegacións ao respecto.

Unha vez feitas as roldas de intervencións, coa aceptación das alegacións que recollemos, e mantendo a Administración a súa proposta de puntuación para experiencia profesional e redución da Promoción Interna para as categorías de licenciados/as sanitarios/as e TSPRL, procédese á formalización da Mesa Sectorial.

Na Mesa Sectorial Extraordinaria, convocada só a efecto de aprobar as convocatorias de OPE, reiteramos as nosas alegacións, insistindo en que os problemas polos que a xente vai a OPEs continuadas sen acadar praza non se solucionan modificando a valoración da experiencia no baremo, senón que son derivados da pouca oferta de prazas que hai. Con respecto á convocatoria de TSPRL, salientamos que esta Administración non está realmente interesada na prevención de riscos do persoal, xa que se o estivera, faría un estudo de necesidades ao respecto e adaptaría o cadro de persoal á realidade existente, co que a oferta de prazas destas categorías non sería irrisoria como é; a creación da categoría de TSPRL naceu no ano 2000 cunha boa expectativa que co paso do tempo se foi deturpando ata o que vemos hoxe, unha convocatoria que non satisfai a ninguén.

Rematadas as intervencións das OOSS, cos votos en contra da CIG, CCOO e CSIF, e cos votos a favor de CESM-OMEGA, UGT e SATSE e a Administración, queda finalizada a reunión e pasarán as convocatorias a publicación en DOG.

---------------

Outras informacións:

OPE 2013 (Enfermaría e Médica/o de Familia): están traballando para que a elección de destino poida ser en xaneiro.

OPE CTG: vaise publicar unha modificación de tribunais no DOG, queren darlle un impulso a esta OPE (e non é sen tempo, hai máis dun ano que está convocada).

Información da Comisión Técnica de OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 25 DE NOVEMBRO DE 2016

Na Comisión técnica de OPE informouse de que se van a convocar 46 categorías, repartidas en 6 convocatorias:

1. FEAs
2. Médico/a de Urxencias hospitalarias, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a asistencial do 061
3. Médico/a de Admisión e Documentación Clínica
4. Odontólogo/a de atención primaria, Pediatra de atención primaria
5. Traballador/a social, Técnico/a de xestión de tecnoloxías da información, Técnico/a especialista
de tecnoloxías da información
6. Técnico/a superior de prevención de riscos laborais

Dannos ata o 9 de decembro para formular alegacións.

Ditas convocatorias pretenden publicalas a finais de decembro de 2016.

Quedan fóra destas convocatorias médico/a de familia, enfermaría e persoal de xestión e servizos (PSX, Aux. Administrativo, celador...) para iniciar a negociación de temarios, baremos... no primeiro semestre de 2017.

Modificacións máis salientables propostas pola Administración:

  • Vaise a reducir o tempo para a realización do exame da parte específica a 150 minutos, en lugar dos 180 da convocatoria anterior.
  • No caso de xestantes que na data de realización da proba poidan estar ingresadas, establécese que deberán comunicar o seu estado de xestación con 72 horas de antelación á data do exame, e deberán xustificar o ingreso nun hospital dentro da Comunidade Autónoma ata 5 horas antes do inicio da proba, para garantir o desprazamento do tribunal ao centro.
  • EXPERIENCIA: A Admon. propón diminuír o valor do mes de servizos prestados na metade en todos os apartados.Neste punto CIG-Saúde posicionouse en contra desta diminución solicitando que se manteña o mesmo valor que ata agora.
  • TSPRL: A Administración propón diminuír a un 25% as prazas a ofertar pola quenda de promoción interna, de tal maneira que serían 14 prazas pola quenda libre, 6 prazas para promoción interna e 1 praza pola quenda de discapacidade. CIG-Saúde solicitou o mantemento da porcentaxe do 50% tal e como se fixo nas últimas convocatorias.

Publicada Baremación Provisional OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014 (persoal técnico e outras categorías sanitarias).

  • Baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014. RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

As listas coa baremación provisional poderanse ver na páxina do SERGAS, ao longo da mañá serán colgadas aí. (Para a categoría de Técnico/a de Farmacia, aquí)

Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición. As puntuacións publicadas son as das categorías de: Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona), Fisioterapeuta,Logopeda,Terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía (TAP), Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico (TEL), Técnico/a Superior en Radioterapia, Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) e Técnico/a en Farmacia (TEF) (da OPE 2015).

As puntuacións poden verse na páxina web do SERGAS. (Para Técnico/a de Farmacia, aquí)

  • Puntuacións definitivas OPE 2014. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

Estas puntuacións serán tidas en conta para a elaboración das listas de contratación desas categorías na actualización automática de outubro, inda que xa rematara o prazo de inscrición, posto que así se recolle no Pacto de Contratacións:

Se con posterioridade ao 31 de outubro e antes da publicación da lista definitiva de baremación de cada categoría tivese finalizado a fase de oposición dun proceso de selección fixa convocado polo Servizo Galego de Saúde, na xeración de listas que se efectúe teranse en conta, para valorar a maior das puntuacións obtidas nos dous últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, os resultados deste novo proceso.

Por unha negociación transparente do cadro de persoal

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

UNHA NEGOCIACIÓN TRANSPARENTE DO CADRO DE PERSOAL

É POSÍBEL

(SÓ É CUESTIÓN DE VONTADE POLÍTICA)

Cando o interese político é defender a Sanidade Pública, isto tradúcese en vontade política para negociar a estabilidade do persoal eventual do SERGAS. Desde a CIG-SAÚDE estamos a falar de repetir un proceso de negociación igual ao que no ano 2006 se produciu na Mesa Sectorial do SERGAS para eliminar a precariedade laboral.

           

→Como xurdiu aquela negociación?

Por un recoñecemento por parte do goberno bipartito da situación de precariedade e eventualidade que había no SERGAS.

Porque había unha vontade negociadora real.

 →Como foi a dinámica da negociación da Mesa Sectorial?

 A Admón. fixo entrega ás organizacións sindicais dun censo de traballadoras/es, co obxecto de ter información completa e transparente de todo o persoal con vínculo temporal e vínculo de gardas, de certa regularidade.

 Con este censo que recollía todas as prazas cubertas con persoal eventual de máis dun ano de duración, acordáronse as convocatorias de OPE.

 →Que OPEs se convocaron despois daquela negociación?

OPE 2006: 2722 prazas convocadas

OPE 2008: 3913 prazas convocadas

 

Desde CIG-SAÚDE esiximos que se emule aquela negociación coa mesma información e transparencia. Para que o resultado final da nova negociación sexa a convocatoria dunha OPE con todas as prazas vacantes actuais, que permita rematar coa precariedade laboral no SERGAS.

O problema da precariedade non se soluciona cunha OPE extraordinaria, necesitase vontade política de convocar unha oferta de emprego con todas as prazas vacantes, coas normas actuais que rexen os procesos selectivos.

Aspirantes seleccionadas/os da OPE 2013. Baremación definitiva.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícanse hoxe no DOG resolucións que dan publicidade ás baremacións definitivas da OPE 2013 (Enfermaría e Medicina de Familia) e ás listas de aspirantes definitivamente seleccionadas/os.

  • RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as. Descargar PDF
  • RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as. Descargar PDF

A información pode verse tamén na páxina do SERGAS.

Información actualizada OPE 2015-2016: FEAs, Licenciad@s Sanitari@s, Persoal Técnico de Informática, Persoal Técnico PRL e outras

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150px

Información actualizada OPE 2015-2016:

23/4/2015. Decreto de Oferta 2015. Publicado no DOG o 23 de abril de 2015

07/03/2016. Decreto de Oferta 2016. Publicado no DOG o 7 de marzo de 2016

28/09/2016: Temarios. Publicación en DOG de Temarios actualizados das categorías da OPE 2015-2016 pendentes de convocatoria neste ano 2016.

10/01/2017. Convocatoria de parte das categorías. Publicada no DOG de 10 de xaneiro de 2017 a convocatoria das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Traballador/a Social.

11/01/2017. Convocatoria do resto de categorías. Publicada no DOG de 11 de xaneiro de 2017 a convocatoria das categorías de licenciad@s sanitari@s das OPE 2015 e 2016 (Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria).

10/04/2017. Listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os. Publicadas resolucións no DOG o 10 de abril de 2017.

13/06/2017. Listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os, listas exentas/os do exame de lingua galega e nomeamento das/os membros do tribunal das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria

 18/07/2017. Nomeamento de novos membros dos tribunais cualificadores. Publicada no DOG do 18 de xullo a RESOLUCIÓN pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición das categorías de FEAS das especialidades de Análises Clínicas, Cirurxía Oral e Maxilofacial, Medicina Intensiva, Neurocirurxía e Psiquiatría. 

10/10/2017. Datas de exame das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

31/10/2017. Modelos provisionais de respostas dos exames. 

01/02/2018. Modelos definitivos de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición. 

08/02/2018. Modificación do modelo definitivo de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición da categoría de Traballador/a social.

15/03/2018. Listas definitivas de puntuación e finalización da fase de oposición.

21/05/2015. Puntuación provisional fase de concurso das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

31/10/2018. Baremación definitiva fase de concurso e aspirantes definitivamente seleccionados/as das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

13/12/2018. Relación de prazas que se ofertan e se convocan ao acto de elección de destino os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

14/12/2018. Relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica,  Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

14/01/2018. Resolución de nomeamento e adxudicación de destino das categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Traballador/a Social, Médico/a de Admisión Clínica, FEAs de distintas especialidades, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Odontólogo/a de Atención Primaria e Pediatra de Atención Primaria.

 

Publicados temarios OPE de varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícanse hoxe no DOG os temarios que rexerán a vindeira OPE para as categorías de técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,técnico/a superior en prevención de riscos laborais e traballador/a social. Tamén os temarios modificados con respecto á última convocatoria das categorías de: FEA de Cardioloxía, FEA de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, FEA de Endocrinoloxía e Nutrición, FEA de Inmunoloxía, Fea de Medicina Interna, FEA de Medicina Nuclear, FEA de Neurocirurxía, FEA de Pneumoloxía, Médica/o Asistencial 061, Médica/o Coordinador 061, Médica/o de Admisión e Documentación Clínica, Médica/o de Urxencias Hospitalarias e Odontóloga/o de Atención Primaria.

Con respecto ás outras categorías obxecto de convocatoria, esta resolución di:

Decláranse vixentes os temarios da parte específica aprobados por la Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do 24 de maio de 2007 (DOG núm. 103, do 30 de maio) das seguintes categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario: análises clínicas, anatomía patolóxica; anxioloxía e cirurxía vascular; aparello dixestivo; cirurxía cardiovascular; cirurxía oral e maxilofacial; cirurxía plástica; estética e reparadora; cirurxía xeral e do aparello dixestivo; dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía; farmacia hospitalaria; hematoloxía e hemoterapia; medicina intensiva; medicina preventiva e saúde pública; microbioloxía e parasitoloxía; nefroloxía; neurofisioloxía clínica; neuroloxía; obstetricia e xinecoloxía; oftalmoloxía; oncoloxía médica; oncoloxía radioterápica; otorrinolaringoloxía; pediatría de atención primaria; pediatría e as súas áreas específicas; psicoloxía clínica; psiquiatría, radiodiagnóstico e uroloxía.

Na especialidade de anestesioloxía e reanimación, declárase vixente o temario da parte específica publicado pola Resolución do 24 de maio de 2007 (DOG núm. 103, do 30 de maio), agás o tema 29, que se modifica e queda redactado nos seguintes termos: «Tema 29.-Farmacoloxía do control da dor postoperatoria."

* Nota común a todas as categorías: os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

  • Temarios varias categorías OPE 2015-2016. RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios da parte específica que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario fixo de diversas categorías de persoal licenciado sanitario e de xestión e servizos deste organismo. Descargar PDF

Está pendente a convocatoria da Comisión Técnica previa á publicación da convocatoria de OPE, na que se tratarán baremos e prazas. O SERGAS informounos de que a súa previsión é convocala durante o mes de outubro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto