Noticias Persoal Traslados
 
 

Publicación relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os, e relación provisional do ciclo de adxudicación do 2018 do concurso de traslados aberto e permanente.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

 
  • Categoría: médico/a de familia de atención primaria
  • Prazo de reclamacións: ata o 07/09/2018.
 
 

Publicación provisión definitiva concurso de traslados diversas prazas de persoal licenciado sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Cesamento: nos 3 días hábiles seguintes á publicación desta Resolución, do 24 ao 28 de maio de 2018.

Toma de posesión: 

  • Mesma área de saúde: nos 3 días hábiles seguintes ao cesamento.
  • Distinta área de saúde: nos 15 días hábiles seguintes ao cesamento.
  • Outro servizo de saúde: un mes dende o cesamento.
  • Reingreso ao servizo activo: un mes a partir da publicación desta Resolución.

Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións coa relación de admitidos/as e excluídos/as e mais a oferta de destinos do ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente.

 

Relación de admitidos/as e excluídos/as:

  • As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión (do 27 de marzo ao 11 de abril de 2018).
  • A solicitude dirixirase á unidade de validación a que se dirixiu a solicitude de participación no concurso. 

 

Relación de prazas ofertadas:

  • Nos anexos I e II das resolucións figura a relación de prazas ofertadas por categoría e os centros en que poden existir resultas, respectivamente.
  • Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan (do 27 de marzo ao 10 de abril de 2018).
  • Entenderase como modificar:
  • Engadir novos destinos
  • Eliminar destinos
  • Modificar a orde dos destinos
  • As modificacións deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.
  • Aquelas solicitudes de participación que, logo dos quince días, non conteñan a selección de, polo menos, un destino quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.

Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados de persoal licenciado sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

 

TRASLADOS INFO

 

Hoxe, 22 de xaneiro de 2018 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/ as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

 

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Os/ as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais: do martes 23 de xaneiro ao luns 12 de febreiro de 2018.

 

 

 

Actualización dos posibles destinos no concurso de traslados aberto e permanente nas categorías de celador/a e PSX

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

TRASLADOS INFO

Hoxe publicouse en DOG a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se actualiza a relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado mediante a Resolución do 29 de novembro de 2017.

Está publicada unha actualización da relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente de persoal de xestión e servizos, que afecta exclusivamente ás categorías de celador e persoal de servizos xerais.

Na categoría de celador/a, inclúense prazas en PACS en diversas localidades.

Na categoría de PSX, inclúese un centro de saúde.

Os/as aspirantes destas categorías que tivesen formalizado e presentado por rexistro electrónico o seu formulario de participación no concurso de traslados e desexen efectuar unha modificación do mesmo para incorporar algún dos destinos que se adicionan, deberán efectuar esta modificación a través de Fides/expedient-e. Para iso, o/a profesional deberá acceder ao seu formulario de inscrición, xa formalizado, efectuar sobre o mesmo os cambios na selección de prazas que estime oportunos e presentar o formulario de participación coas modificacións efectuadas, por rexistro electrónico.

Aqueles/as profesionais destas categorías que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionado/s, non terán que realizar ningunha actuación.

Con carácter excepcional, para as categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 31 de xaneiro de 2018.

 

AVISO IMPORTANTE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20171228 AVISO IMPORTANTE

Convocatoria do concurso de traslados de persoal sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publícanse no DOG as seguintes convocatorias de concurso de traslados aberto e permanente:

  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitarioDescargar PDF
      • Enfermeiro/a. 
      • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía.
      • Enfermeiro/a especialista en saúde mental. 
      • Fisioterapeuta.
      • Logopeda.
      • Terapeuta ocupacional.

 

  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primariaDescargar PDF
      • Farmacéutico/a de atención primaria. 
      • Médico/a de familia. 
      • Odontólogo/a de atención primaria. 
      • Pediatra de atención primaria.

 

  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario de formación profesionalDescargar PDF
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. 
  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía. 
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental.
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. 
  • Técnico/a superior no laboratorio de diagnóstico clínico. 
  • Técnico/a superior en radioterapia.
 

Neste primeiro ciclo de adxudicación, e con carácter excepcional, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 31 de xaneiro de 2018.

Convocatoria do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

TRASLADOS INFO

 

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos deste organismo.

  • A solicitude de participación no concurso deberase efectuar a través da oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos) e deberase presentar por rexistro electrónico. Imprescindible dispoñer de certificado dixital.
  • En cada ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de xaneiro do ano en curso.
  • Categorías:
    • Albanel
    • Calefactor/a
    • Carpinteiro/a
    • Celador/a
    • Cociñeiro/a
    • Condutor/a
    • Costureiro/a
    • Electricista
    • Enxeñeiro/a superior
    • Enxeñeiro/a técnico/a
    • Fontaneiro/a
    • Grupo administrativo da función administrativa
    • Grupo auxiliar da función administrativa
    • Grupo de xestión da función administrativa
    • Grupo técnico da función administrativa
    • Lavandeiro/a
    • Limpador/a
    • Mecánico/a
    • Pasador/a de ferro
    • Peón
    • Perruqueiro/a
    • Persoal de servizos xerais
    • Persoal técnico superior
    • Pinche Técnico/a de grao medio
    • Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
    • Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
    • Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
    • Telefonista
    • Traballador/a social

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto