Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas
 
 

Calendario Laboral 2015

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 Preme na imaxe para vela máis grande.

Diapositiva1

Para ver as disposicións que publican os calendarios oficiais, preme aquí.

Táboa de xornada actualizada co 5º LD recuperado

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado 17 de setembro publicábase no BOE a Lei 15/2014, de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa. PDF (BOE-A-2014-9467 - 51 páxs. - 799 KB), onde se recollía unha modificación do EBEP que devolvía un Día de Libre Disposición dos que nos foran roubados. Desde o SERGAS, agora, veñen de enviarnos a adaptación da xornada efectiva a esa modificación. Deixamos aquí o documento para a súa descarga:

•  Descargar 

 

Vaise publicar no BOE a recuperación do 5º LD dos que nos foron roubados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Inminente publicación no BOE da Lei de Racionalización do Sector Público, que recolle a recuperación do 5º Día de Libre Disposición dos que nos foron roubados

 

O pasado 11 de setembro aprobouse no Congreso dos Deputados a Lei de Racionalización do Sector Público, onde se recolle a recuperación doutro día de Libre Disposición dos que no seu momento nos foron roubados cos recortes amparados na situación de crise.

 

Desde CIG-Saúde queremos lembrar que este Día de Libre Disposición non é un agasallo que se nos fai, senón que é a recuperación dun dereito usurpado, e que inda restan moitos outros dereitos pendentes de recuperar, como outros 4 días de Libre Disposición, a paga extra de decembro de 2012, ou o específico das pagas extras posteriores.

 

Non imos calar, non imos parar!

 Recuperación dos dereitos roubados!

O tempo de relevos e muda de roupa tamén é xornada efectiva!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O GOBERNO GALEGO E A CONSELLARÍA DE SANIDADE

 SEGUEN AGRAVIANDO AS/OS TRABALLADORAS/ES DA SANIDADE PÚBLICA

reloxoO día 18 de agosto do 2014 publicouse no DOG unha Resolución da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, que dita as instrucións pertinentes de desenvolvemento da Orde do 20 de decembro de 2013 sobre horarios e xornada de traballo das/os empregadas/os públicas/os da Comunidade Autónoma.

          No articulado da Resolución de agosto do 2014 recóllese:

·         Control horario:

Tempo para efectuar a fichaxe. “De conformidade co establecido no artigo 6.6 da orde, diariamente a persoa disporá de 10 minutos para efectuar a fichaxe de entrada e saída, que se computaran como tempo de traballo efectivo, ao ser a estimación do tempo medio que se precisa para prender o equipamento, acceder á aplicación Kronos e efectuar a fichaxe”.

Desde CIG-SAÚDE congratulámonos desta medida, xa que se debe de computar como tempo de traballo efectivo todo o tempo que o/a traballador/a pón a disposición da empresa, mais…

O TEMPO DOS RELEVOS E DA MUDA DE ROUPA TAMÉN É XORNADA EFECTIVA!

As/Os traballadoras/es do SERGAS non podemos seguir a ser castigadas/os por este goberno, e exiximos que se negocie de inmediato na Mesa Sectorial a compensación horaria  para computar como tempo de traballo efectivo o tempo que o persoal do SERGAS emprega en:

·         transmitir a información nos cambios de quenda, actividade fundamental na prestación sanitaria

·         cambio de vestimenta polo uniforme regulamentario

·         e, ao igual que ao persoal da Administración Autonómica, tempo que se precisa para prender os equipamentos informáticos

O tempo total que o persoal do SERGAS emprega na prestación de servizo debe ser considerado como xornada efectiva. O persoal do SERGAS tamén somos traballadoras/es públicas/os, non podemos seguir sendo só o persoal dos recortes e da perda de dereitos laborais e sociais.

CIG-SAÚDE exixe que no computo de xornada anual se compute como xornada efectiva a totalidade da prestación de servizo. Ao igual que o resto de compañeiras e compañeiros da Administración Pública.

Non máis recortes! Non máis discriminacións!

Descarga e difunde!

Táboa de xornada actualizada

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Documento actualizado a 8 de abril de 2014 coa táboa de xornada aplicábel no SERGAS, descarga aquí .

Cálculo da xornada anual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
_____________________________
 
CÁLCULO DE XORNADA EFECTIVA, UNHA VEZ ADAPTADA A TÁBOA E AS FÓRMULAS Á DEVOLUCIÓN DO 6º LD

 

→Para o persoal que está en quenda diurna (mañás ou tardes) a xornada a aplicar é de 1645 horas

→Para o persoal que fai noites a xornada calcúlase segundo a táboa do acordo de concertación. Agora ben, a táboa a empregar despois dos diferentes recortes é a que ven recollida na instrución do SERGAS do 21 de marzo de 2012 para o cálculo da xornada.

→Se tes traballado todo o ano en quenda diurna e fixeches algunha noite por calquera circunstacia puntual, aplícase a seguinte fórmula para o cálculo de xornada:

X= 1620-3N (Sendo X a xornada anual efectiva expresada en número de horas e N o número de noites efectivamente realizado)

→Se traballas menos do ano:

  • nos contratos superiores a 31 dias aplícase a seguinte fórmula:

X (D) = 1641*D/329-3*N(D)

  (Suposto excepcional para unha proxección anual de noites superior a 63:   X(D)=1451*D/329 )

  • nos contratos inferiores a 31 días:

X (D) = 1645*D/329

 

 

Táboa de xornada (preme para ampliar)

xornada2017xornada2017b

LAST_UPDATED2

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto