Noticias Persoal Outras novas
 
 

QUEN COBRA CARREIRA PROFESIONAL NO SERGAS?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O dereito á Carreira Profesional ven recollido na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de Ordenación das profesións sanitarias; no artigo 40 e 43 da Lei 55/2003 de 16 de decembro, do Estatuto Marco para o persoal Estatutario; e no EBEP, artigo 14. Dereitos individuais.

A pesares de ser un dereito, o SERGAS segue a utilizala para non devolvernos o roubado:

  • Non podemos recuperar o acordo retributivo 2008/12 PORQUE XA TEMOS CARREIRA.
  • O valor do noso complemento específico, ese que define o Estatuto Marco como o destinado a retribuír  as condicións particulares dos nosos postos de traballo en aras á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou penosidade, ten que ser inferior ao que cobran o resto das/os empregadas/os públicas/os; POIS XA TEMOS CARREIRA.

                Esiximos ao Sergas que nos informe na mesa sectorial do SERGAS, de cal é o número exacto de traballadoras/es que cobran carreira, e que grao cobran.

                Máis coma a transparencia é unha andrómena, dende CIG-Saúde imos facer contas para demostrarlle a esta Administración as súas falsidades:

Facultativas/os

4º grao de carreira

Persoal estatutario fixo que no ano 2008 tivesen máis de 23 anos de servizos prestados.

Praza en propiedade ao abeiro da  Lei 16/2001, ou en anteriores procesos selectivos.

Grupo A2 sanitario

4º grao de carreira

Persoal estatutario fixo que no ano 2009 tivese máis de 25 anos de servizos prestados.

Praza en propiedade ao abeiro da Lei 16/2001 ou en anteriores procesos selectivos.

Xestión e   Servizos F.P   Sanitario

3º grao de carreira

Persoal estatutario fixo que no ano 2010 tivese máis de 25 anos de servizos prestados.

Praza en propiedade ao abeiro da Lei 16/2001 ou en anteriores procesos selectivos.

Non todo o persoal fixo anterior ao ano 2006 ten o 3º ou 4º grao de carreira, moitas/os só teñen 1º ou 2º graos de carreira.

Quen non cobra carreira?

O persoal Fixo incorporado tras as OPEs 2006, 2008/09, 2012, 2013, 2014, 2015, e 2016.

O persoal interino e eventual.

Imos botar contas...

Con estes datos  e coas xubilacións producidas nestes anos, menos do 40% do persoal do SERGAS cobra algún grao de carreira.

       

O SERGAS non se pode seguir agochando nas súas propias mentiras

CIGSAUDElogo

A Xunta de Persoal do 061 demanda o desbloqueo de cuestións laborais como o seu traslado á Estrada

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Xunta de Persoal do 061 demanda o desbloqueo de cuestións laborais como o seu traslado á Estrada

A mesa negociadora non se puido constituír porque Sanidade non nomeou ao seu representante

A Xunta de Persoal do 061 concentrouse onte diante da consellaría de Sanidade, en Compostela, en protesta polo bloqueo de diferentes cuestións laborais. Xunto a isto, o seu presidente, Mario Otero, explicou que tamén reclaman do conselleiro “que empece a exercer como tal e que coordine os diferentes departamentos que administra”.

Otero lembrou que Jesús Vázquez Almuíña,  ademais da consellaría ten a presidencia do Consello galego de Saúde e a do Padroado do 061 e que, por iso é a el a quen demandan unha solución aos problemas laborais que ten o persoal.

O Presidente da Xunta de Persoal do 061 denunciou que as súas negociacións coa dirección do 061 “acaban sendo estériles” debido a que a dirección do 061 se acolle a que “non ten autorización do Servizo Galego de Saúde para acometer as negociacións”.

Traslado á Estrada

Sinalou que o último desencontro produciuse porque tiñan o compromiso de que se ía crear unha mesa negociadora antes do 13 de xuño para abordar a cuestión do traslado do persoal do 061 ao concello da Estrada. “A nosa sorpresa foi que achegándose a data non se convocaba a mesa e o día 13 de xuño, que tiñamos reunión coa dirección, comunicóusenos que a mesa non se podía constituír porque a consellaría de Sanidade non tiña nomeada a persoa que ía exercer de representante súa na mesa”.

Otero asegura que desde a dirección do 061 se lles informou de que tiñan solicitado por escrito, por dúas veces, o nome desa persoa, sen que se dera resposta algunha.

De feito, as únicas noticias que teñen referidas ao traslado son, segundo Mario Otero, as que dá o propio alcalde da Estrada e o conselleiro de Presidencia. “As últimas datas que se manexaron é que comezaría a finais deste ano e remataría a principios de 2018”, explicou. Porén, fontes da dirección do 061 “non confirman unha data concreta e a fan depender da carga de traballo e de cómo veña o pico de gripe este ano, porque en función diso se executará antes ou despois”.

Xefaturas sanitarias

Isto xúntase con outras cuestións pendentes, algunhas delas mesmo desde o ano 2007, data na que se estaturizou o persoal, como son as xefaturas sanitarias, que seguen estando provisionais desde esa data e que segundo a dirección do 061 están bloqueadas pola Dirección Xeral de Recursos Humanos.

A este respecto Otero sinala que se puxeron dúas veces en contacto, por escrito, coa dirección de recursos humanos para tratar estes temas sen obter resposta desa solicitude. “Por iso decidimos concentrarnos hoxe aquí, para solicitar do conselleiro de Sanidade a súa intervención para resolver estas cuestión”.

Escrito no rexistro

Coincidindo coa concentración, os representantes da Xunta de Persoal entregaron unha carta no rexistro na que, xunto a estas cuestións, demandan un Plan de Estabilidade, porque segundo denuncian a consellaría bloquea no 061 a creación de prazas estruturais, como tamén o recoñecemento do cumprimento do obxectivo EFQM para parte do persoal da fundación.

Xunto a isto denuncian que a consellaría ampara á Dirección do 061 nos recursos por atención continuada en vacacións e libre de disposición ao non responder aos recursos de alzada favorablemente.

Podes ver a noticia en Avantar.

Área Pública mobilizarase contra uns orzamentos estatais "que non garanten os servizos públicos"

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
 

Área Pública mobilizarase contra uns orzamentos estatais "que non garanten os servizos públicos"

O mércores 28 de xuño, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno na Coruña

Á área pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) ten convocada unha concentración para o mércores 28 de xuño, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno na Coruña, coincidindo coa aprobación final dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017. Con esta mobilización quérese amosar unha vez máis o rexeitamento a uns orzamentos que non contemplan a reposición de dereitos roubados aos empregados/as públicos nin a recuperación do emprego e pola contra afondan no desmantelamento dos servizos públicos.

Ademais, lembran dende Área Pública, os orzamentos "veñen acompañados e co visto bo" dun acordo en materia de emprego público asinado por CCOO, UGT e CSIF en Madrid no ámbito das administracións públicas, que baixo o nome de "Acordo para a mellora do emprego público" non é máis "que un lavado de cara para o goberno". Neste senso, subliña a Área Pública, este pacto non só non elimina as taxas de reposición de efectivos, senón que as vén consolidar "agora co parabén dos sindicatos estatais".

Xunto, denuncian que ese acordo tampouco posibilita a creación de prazas novas en ningunha das administracións e non contempla nin a recuperación dos dereitos laborais suprimidos nin das condicións salariais recortadas.

Coa mobilización do mércores 28, a Área Pública da CIG dá continuidade ás mobilizacións realizadas anteriormente para rexeitar ao proxecto de orzamentos xerais e contra deste lesivo acordo.

 

SELECCIÓN TEMPORAL DE PERSOAL FACULTATIVO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA, A ASIGNATURA PENDENTE DO SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

AGM1

SELECCIÓN TEMPORAL DE PERSOAL FACULTATIVO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA,

A ASIGNATURA PENDENTE DO SERGAS

Neste ano cúmprense 25 anos do primeiro pacto de selección temporal do persoal estatutario do SERGAS. En cada pacto fóronse incluíndo novos colectivos profesionais, vencendo a resistencia do SERGAS de deixar fora do mesmo as/os licenciadas/os sanitarios.

O actual pacto recolle a selección temporal de licenciadas/os sanitarios das categorías de: Médicas/os de Familia, Pediatras e Odontólogas/os de atención primaria e Psicólogas/os Clínicos. E agora, por fin, parecía que a Administración sanitaria ía rematar coa arbitrariedade na contratación de FEAS (Facultativos Especialistas de Área), e o pacto de selección temporal de persoal Facultativo de Atención Hospitalaria ía ser unha realidade.

O Plano de estabilidade publicado o día 4 de maio de 2017, volve a recoller un procedemento de selección de licenciadas/os sanitarios para atención especializada. O día 5 de maio de 2017, convocase a primeira, e única reunión da comisión técnica. Nesta reunión a Administración fíxonos entrega do borrador de selección temporal de FEAS, e desde aquela nunca mais.

  • O plano de estabilidade do SERGAS recolle que a data 30 de xuño de 2017 estaría rematado o procedemento de estabilidade no emprego deste colectivo.
  • Que esta a pasar para que o SERGAS non convoque unha nova reunión da comisión técnica?
  • Que interese hai en seguir tendo na máis absoluta precariedade as/os licenciados sanitarios de atencións especializada?
  • Por qué o SERGAS non está a cumprir o seu propio plano de estabilidade?
  • Coma unha Administración pode ter a un colectivo profesional asinando contratos, día si, día non, en vez de ofertarlle vínculos de estabilidade, xa autorizados?

CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a convocatoria inmediata da comisión técnica de selección temporal de licenciados sanitarios de atención especializada.

Esiximos a inmediata negociación e aprobación do pacto de selección temporal, e que os vínculos de curta e longa duración se oferten polas listaxes resultantes deste procedemento.

Non ten ningún sentido manter a precariedade laboral

 

Descarga aquí o panfleto.

 

Manifestación pola recuperación dos acordos suspendidos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O sector sanitario exixe en Compostela a  recuperación dos acordos suspendidos

EndurecerANSE as mobilizacións en setembro, se non se contempla nos orzamentos de 2018

O Persoal do SERGAS saíu onte pola mañá en manifestación desde o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, até San Lázaro simulando unha peregrinación de saída, en vez da tradicional de chegada a Compostela, para demandar a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo suspendidos unilateralmente polo goberno de Feijóo.

Ao comezo da marcha, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que diante da actual situación laboral que ten o persoal do SERGAS, moitas/os profesionais se ven obrigadas/os a emigrar para non sufrir a precariedade laboral á que se abocados/as polas políticas do PP en Galiza. Por iso, con esta mobilización que se insire na campaña que a CIG, CCOO, UGT, CSIF, SATSE e SAE veñen desenvolvendo desde hai varios meses quixeron simbolizar unha peregrinación de saída e non de chegada.

Abuín lembrou que desde o ano 2009 agardan a que a consellaría de Sanidade se aveña a negociar na mesa sectorial un calendario no que se marquen prazos para recuperar os acordos e, xa que logo, unhas condicións salariais e laborais que viron mermadas por mor dos recortes impostos polo Partido Popular.

Endurecemento das mobilizacións

Advertiu ademais que “se chegado o mes de setembro non se convoca a mesa sectorial, para que nos presupostos de 2018 xa haxa algunha partida orzamentaria que permita comezar a recuperar o que nos foi roubado, endureceremos as medidas de presión e chegaremos a onde faga falta”.

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde “o persoal do SERGAS non pode seguir á cola das retribución dos servizos de saúde do estado español”. Por iso engadiu que “se Feijóo presume de que a economía galega é a máis saneada do Estado os traballadores e traballadoras do SERGAS temos dereito a recuperar as nosas retribucións para situarnos na media”.

Abuín lembrou que ademais de suspenderse os acordos en materia retributiva tamén se viu paralizada a carreira profesional, o complemento salarial do 100% por Incapacidade Temporal, o que supón que “ademais dos recortes salariais teñamos un imposto á enfermidade”.

Xunto a isto, as organizacións sindicais demandan a negociación da recuperación do 100% dos postos de traballo vacantes desde o ano 2010 porque malia o Plan de Estabilidade, que contempla a cobertura de 800 prazas, quedan sen cubrir 1.500 prazas vacantes.

 

Noticia completa en Avantar.

Desperegrinamos a Santiago

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Peregrinación inversa v6

Panfleto web

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto