Noticias Outras novas Lingua
 
 

Manifestación nacional pola lingua: En galego sen límites!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Un ano máis, a Plataforma Queremos Galego, da cal a CIG forma parte, convoca unha grande manifestación nacional en Santiago de Compostela a prol da lingua e contra os ataques e discriminacións que sufre o noso idioma e as persoas que queren vivir a súa vida plenamente en galego. Inda estes días se denunciaba unha grave discriminación por razón de lingua na sanidade, algo que, en pleno 2017 non debería acontecer, pero que si acontece e máis do que pensamos.

Queremos vivir en galego, sen límites. Por iso, convidamos a todo o mundo a participar na manifestación de Queremos Galego, que sairá da Alameda de Santiago mañá mércores 17 ás 12h.

Cartaz QG 17M-731x1024

Exiximos que se garantan os dereitos lingüísticos na Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

amesa

Nas datas previas ao Día das Letras Galegas, tivemos coñecemento dunha grave discriminación lingüística na sanidade, denunciada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Unha persoa tivo que ver atrasada unha proba diagnóstica por non dispoñer o centro privado ao que foi derivado desde o SERGAS do documento de consentimento informado en galego. Non é a primeira vez que acontece, por iso, diriximos este escrito ao Xerente do SERGAS e ao Conselleiro de Sanidade, para exixir que se garantan os dereitos lingüísticos das persoas usuarias da sanidade (preme para agrandar)

20170515 escaneado escrito discriminación lingüística

A noticia en Avantar

Atrásase unha proba diagnóstica no Juan Cardona por non facilitarse documentación en galego

CIG-Saúde denuncia a discriminación lingüística que sofren as persoas usuarias na sanidade pública galega

CIG-Saúde vén de dirixirse ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e ao Xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, para denunciar a discriminación lingüística sufrida por unha persoa usuaria da Sanidade Pública, que tivo que ver atrasada unha proba diagnóstica por non serlle facilitado o documento de consentimento informado en lingua galega, tal e como esta persoa requiriu, conforme ao seu dereito.

A CIG-Saúde explica que nesta ocasión, trátase da negación dun dereito a unha persoa derivada desde a Sanidade Pública a un centro concertado de Ferrol, o hospital Juan Cardona, que xa noutra ocasión negara a posibilidade de entregar a documentación en galego, é dicir, “un caso reincidente de negación de dereitos a unha persoa que está accedendo a un servizo prestado pola Administración Sanitaria Pública”. Con todo, asegura que isto non é a primeira vez que sucede, nin este é o único centro onde se ten producido.

Lembra que o artigo 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, estipula que “os poderes públicos de Galiza adoptarán medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razóns de lingua". O artigo 6.1 da mesma lei, estabelece o dereito dos/as cidadáns/ás ao emprego do galego, tanto oralmente como por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública. Así mesmo, e en desenvolvemento destes artigos da LNL, a Consellaría de Sanidade emitiu o 8 de novembro de 2005 as instrucións 11/2005 sobre "Emprego do galego nos documentos da Consellaría de Sanidade e do SERGAS".

Por iso insta a que, dunha vez por todas, se tomen medidas para que todos os centros dependentes desta Consellaría, e todos aqueles centros que atenden persoas derivadas da Sanidade Pública dispoñan de toda a documentación na nosa lingua propia, o galego, e garantan a non discriminación de ninguén por razón de lingua.

Exixe ademais que desde o Servizo Galego de Saúde se estabelezan as medidas oportunas para que todo o persoal dispoña das ferramentas necesarias para a garantía dos dereitos lingüísticos, tanto a nivel material como de formación, entendendo que a Administración Sanitaria Galega non pode continuar a consentir casos graves de discriminación como o que aconteceu estes días.

Convocatoria cursos preparatorios CELGA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Onte publicábase no DOG a convocatoria para as probas CELGA, e hoxe publícase a resolución que convoca cursos preparatorios para as probas, ademais de cursos de linguaxe administrativa. Os cursos son gratuítos. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de setembro de 2016, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

  • ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. Descargar PDF

Lembramos que estes cursos de preparación da proba CELGA non dan dereito a titulación, senón que se formulan para que as persoas que así o desexen poidan prepararse con profesorado de cara á celebración das probas, que son as que dan o dereito a titulación se son superadas.

Convocatoria probas CELGA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaPublícase hoxe no DOG a convocatoria de probas CELGA a realizar no mes de novembro:

  • RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A). Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de setembro.

Convocatoria probas CELGA 2016

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a convocatoria de probas para a obtención do CELGA:

  • RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).  Descargar PDF

Prevención do suicidio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

saúde mental

Convocatoria de cursos gratuítos de preparación para a obtención do certificado CELGA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a seguinte resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

  • RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Descargar PDF

Os cursos celebraranse en diversas localidades e son preparatorios para o CELGA 2, 3 e 4. O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, que se contará a partir de mañá. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Convocatoria de cursos preparatorios para obter o certificado CELGA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublicada no DOG orde que convoca cursos preparatorios para a obtención do certificado CELGA, a realizar nas Escolas Oficiais de Idiomas. 

Poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega. As solicitudes para a inscrición presentaranse na Secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día de hoxe, 14 de agosto, ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre.

A relación de cursos CELGA ofertados con lugares e datas pódese ver na propia orde publicada en DOG:

  • ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. Descargar PDF

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto