Noticias Outras novas Lingua
 
 

Manifestación Nacional pola lingua que nos une - Queremos Galego!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O vindeiro domingo día 27 está convocada unha manifestación nacional en Santiago de Compostela pola lingua que nos une.

Os ataques que ven sufrindo a nosa lingua por parte do propio Goberno que debe lexislar para a súa protección fan que, unha vez máis, as galegas e galegos teñamos que sair á rúa a manifestar o noso rexeitamento ás políticas lingüicidas que practica a Xunta de Núñez Feijóo. Malia haber 8 sentenzas que anulan parte do Decreto mal chamado do "Plurilingüísmo" a Consellaría de Educación empecínase en aplicalo, mesmo con chulería e fachenda. E por se isto non fora pouco, chega o ministro Wert e propón unha lei da Wert-goña que afondará no soterramento do galego nas nosas escolas e institutos. Temos que contestar estes ataques: Queremos Galego na Escola! Derrogación xa do Decretazo! Non á Lei da Wert-goña!

Domingo 27 de xaneiro, ás 12h na Alameda de Santiago de Compostela

Cartaz27Xaneiro2013

 

A Plataforma Queremos Galego habilita servizo de autobuses para os desprazamentos a Santiago para participar na manifestación. Pódense consultar aquí: Autobuses Manifestación 27 de xaneiro.

Máis información na páxina web da Plataforma: www.queremosgalego.org

CIG-Saúde reproba a actitude da facultativa que esixiu que non lle falaran galego e esixe da Administración que asuma as súas responsabilidades

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde CIG-Saúde, ante a noticia que saltou onte aos medios de comunicación sobre unha facultativa do SERGAS que esixiu a familiares dun moribundo que non lle falaran en galego e o fixeran en español, queremos manifestar:

2197145w1º O noso rexeitamento á actuación desta facultativa vulnerando dereitos lingüísticos, sobre todo nun momento tan sensible como é a agonía dunha persoa. Non é de recibo que nun momento de sufrimento coma ese, unha profesional do SERGAS teña máis preocupación pola lingua na que falan os familiares do paciente que pola propia situación deste. Ante unha situación de dor e de dó como era esta, un profesional debe atender a globalidade do paciente e a familia, e os aspectos psicolóxicos desa terrible situación inclúen a lingua na que se expresan as persoas, porque as cousas non se expresan igual na lingua habitual, na lingua materna, que nunha lingua allea.

2º Gustaríanos lembrar que unha das primeiras actuacións do goberno do señor Núñez Feijoo (unha das primeiras da lexislatura, e tamén unha das primeiras de tantas medidas contra a nosa lingua) foi eliminar a obrigatoriedade de realización dun exercicio de lingua galega nas probas de acceso á función pública, que inda sendo un débil sistema de demostración de coñecemento da lingua que falan a grande maioría de pacientes do SERGAS por parte dos/as empregados/as públicos/as, era o único requirimento que garantía que as persoas que accedían a traballar na Administración Pública puideran no seu traballo cumprir coa lexislación e ofrecer os servizos da Administración Pública no idioma dos/as usuarios/as. Ao eliminar a obrigatoriedade da proba de galego, substituíndoa polos certificados Celga ou os seus equivalentes, os antigos certificados dos cursos de iniciación e perfeccionamento, o que fixo o señor Feijoo foi facilitar que accederan á función pública persoas que, podendo ser boas profesionais, non tiñan os coñecementos de lingua galega necesarios para atender unha poboación que maioritariamente fala galego, e, polo tanto, para garantir os seus dereitos lingüísticos.

3º Inda que a actitude da profesional que atendeu ao paciente moribundo e á súa familia é totalmente reprobable, e agardamos que se depuren responsabilidades, gustaríanos saber se esta persoa tivo nalgún momento, como cabería esperar dunha Administración Pública que debe garantir os dereitos lingüísticos dos/as usuarios/as, acceso a formación en lingua galega. Estamos totalmente seguras/os de que non, porque precisamente o SERGAS, que incorpora ademais frecuentemente persoal de fóra da Galiza, non se caracteriza por ofrecer demasiada formación, e moito menos sobre lingua galega. Polo tanto, a primeira obriga da Administración é facilitar o acceso do persoal ao coñecemento da lingua galega e explicar e esixir dese persoal que utilice a lingua galega para dirixirse a aqueles/as usuarios/as que a teñen como lingua de uso, tal é como está establecido na lexislación.

4º Agardamos que se aclare a situación que se deu, que se resarza a esa familia no posible (pois hai danos que son irreparábeis) e que se tomen as medidas oportunas conducentes a garantir que TODO o persoal do SERGAS posúa os coñecementos necesarios en lingua galega e coñeza e asuma a súa responsabilidade como dadores de servizos públicos para garantir os dereitos lingüísticos dos/as usuarios/as.

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! Este 17 de maio mobilización expansiva pola lingua que nos une.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A plataforma cívica Queremos Galego, da que a CIG forma parte, convoca unha mobilización expansiva que terá lugar o 17 de maio pola mañá en ducias de lugares do país e do resto do mundo.

 

En cada un destes actos convocados por Queremos Galego, unidos por un mesmo lema e un manifesto común, promoveranse lecturas colectivas de textos literarios nos que se reivindique a lingua propia de Galicia, cun protagonismo senlleiro para a figura de Daniel Castelao, nos 125 anos do seu nacemento. Trátase dun exercicio colectivo de reivindicación do que é o noso maior sinal identitario, e de denuncia dos ataques que está a sofrir, mesmo por parte da Xunta de Galiza, que ten obriga de defendelo.

A listaxe completa de lugares onde haberá actos vaise actualizando no web de QUEREMOS GALEGO!

 

Paremos os ataques contra o galego!

 

 

Pregunta no Parlamento sobre os topónimos ilegais no SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de saber que desde o BNG, e a raiz da nosa denuncia da semana pasada, rexistrouse unha pregunta no Parlamento para a súa resposta pola Conselleira de Sanidade sobre o uso de topónimos deturpados no aplicativo dos traslados do SERGAS. Esperaremos á resposta, a ver con qué saen.

 

Podedes ver a pregunta aqui .

O SERGAS utiliza topónimos deturpados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Deixámosvos aqui copia da carta remitida esta mañá á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para esixirlle a inmediata corrección dos topónimos deturpados que aparecen tanto no aplicativo informático que xera as solicitudes de traslados como no manual de instruccións do mesmo.

 

Agardamos que se proceda a cambiar os topónimos ilegais de *Orense e *La Coruña polos correctos, legais e reais Ourense e A Coruña.

 

 

topdettras

Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

manifa17052010Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua.

 

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2010.- A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 “O Galego, o noso existir” é o lema escollido para unha mobilización “que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións”, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón.

 

 A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza “a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo”; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá “o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio”. “Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua”, asegurou.

 

Ler máis

Cursos gratuitos preparatorios para os CELGA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
celgaPublicada no DOG de hoxe a Orde que convoca, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá ou de tarde segundo a dispoñibilidade de aulas. Descargar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto