Noticias Outras novas Mobilizacións
 
 

Miles de persoas mobilízanse contra uns orzamentos da Xunta que afondan na destrución dos servizos e o emprego públicos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos realizou concentracións nas sete cidades e ten convocada unha nova protesta o martes 26 diante do Parlamento
Na tarde deste xoves, as prazas das cidades galegas volvéronse encher de consignas en contra do proxecto de orzamentos da Xunta para 2013. Uns orzamentos que, denuncian dende a Área Pública da CIG, poñen en perigo a continuidade e a calidade dos servizos públicos, promoven a supresión de prazas e o despedimento de persoal, e deterioran aínda máis as condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras das administracións.

A voceira da Área Pública da CIG, Maricarme López Santamariña, explicaba no transcurso da concentración celebrada na Coruña que desta volta as protestas promovidas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos están centradas na oposición aos orzamentos da Xunta para 2013, xa que estes afondan na destrución de servizos públicos, van máis alá das directrices de recortes marcadas polo estado español e suporán o “toque de graza” para a débil situación dos servizos públicos.

Neste senso, López Santamariña sinalaba que os Orzamentos galegos para 2013 afectarán ao funcionamento de servizos tan importantes como xustiza, universidades públicas, os servizos propios da Xunta ou os prestados polas administracións locais. Neste último caso veranse afectadas de forma directa e indirecta polos recortes de achegas económicas que facía a Xunta para a prestación de servizos como axuda no fogar ou emerxencias. “Uns servizos que están en moitos casos xa desaparecidos e noutros en vías de extinción, pero que con estes orzamentos desaparecerán totalmente”, advertiu.

Neste momento, puntualizou, tamén se atopan en conflito as universidades, xa que alén do recorte económico, comezou a transposición da Lei de Medidas Temporais en Determinadas Materias do Emprego Público. “Estase negociando en cada unha das tres universidades cos mesmos resultados que os obtidos para o propio persoal da Xunta e concellos: anúlanse convenios directamente e impóñense as modificacións de xeito unilateral”.

Aparte dos cambios nas condicións laborais e salariais, destacou Maricarme López, estes orzamentos son tan agresivos contra as universidades que suporán a desaparición de moitos dos servizos que estaba a prestar até agora (como bolsas de investigación) e non se descarta que por este motivo haxa regulacións de emprego e despedimentos.

“A maiores, a propia Xunta de Galiza aniquila os servizos propios que tería que prestar e en moitos casos xa nin agarda á aprobación definitiva dos orzamentos, senón que comezou a reorganizar aos seus efectivos, eliminando postos de traballos das RPTs, como xa fixo nos centros escolares cos servizos de comedores”, denuncia. 

Así, explica, neste momento comeza unha reestruturación da Consellaría de Traballo na que a administración fai unha proposta de amortización de case 300 postos de traballo, na que se inclúen prazas ocupadas por persoal fixo, que previsibelmente acomodarán noutros departamentos; mais tamén se amortizan outras prazas ocupadas por persoal laboral indefinido que será despedidos coas condicións impostas pola reforma laboral do, “co agravante que neste caso son 20 os postos afectados, porque se fosen 30 terían que presentar un ERE e seguir a tramitación legal correspondente”, matiza.

A respecto da destrución de emprego na administración, a voceira da Área Pública da CIG, expuxo o caso do complexo xuvenil das Mariñas no que se amortiza todo o persoal de comedor, parte de limpeza e de almacén, deixando os centros practicamente sen persoal para atendelo. “Estamos á espera de que o PP aclare que pretende facer con este complexo, pero sospeitamos que a intención final é dalo en concesión a empresas privadas amigas. O panorama que se nos presenta é moi escuro e as previsións de desaparición de servizos prestados directamente pola administración é enorme”, aseverou.

De igual xeito, a responsábel sindical indicou que a agresión destes orzamentos aos servizos públicos “é total”, pero aínda resultan máis agresivos coas condicións económicas e laborais do persoal que traballa na administración. “É sangrante que a Xunta impoña un recorte do 40% das pagas extras cando estas están contempladas integramente na lei de orzamentos do estado español”.

“Agardamos que o Goberno de Feijoo reflexione sobre a necesidade de garantir os servizos públicos, e que o conxunto da sociedade entenda que esta non é unha loita só dos traballadores e traballadoras das administracións na defensa das condicións laborais, senón que o que está en xogo é o mantemento dun servizos públicos de calidade para todos os galegos e galegas”, concluíu.

Coincidindo coa data de votación dos Orzamentos da Xunta para 2013, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocada unha nova concentración o vindeiro martes 26 de febreiro, dende ás 12:00 horas, ás portas do Pazo do Hórreo.

A nova en Avantar.

A semana vindeira continúan os peches nos centros hospitalarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Logo do éxito dos peches celebrados esta semana (os días 5 e 7) en diversos centros hospitalarios (A Coruña, Ourense, Barbanza, Ferrol, Monforte, Pontevedra e Cee), a semana que ven continuarán as mobilizacións do persoal do SERGAS contra os recortes salariais e de condicións de traballo e contra o deterioro e privatización da Sanidade Pública.

Que non nos tomen por parv@s! Non imos consentir que entreguen a nosa Sanidade Pública e os nosos postos de traballo ás empresas amigas para que se lucren!

Participa nos peches!!!

Día 14 de febreiro: Santiago, Burela, O Barco e O Salnés

Día 18 de febreiro: Vigo, Lugo, e Verín

 

Imaxes dos peches anteriores:

A Coruña

5_de_febreiro_Feijoo_sobe_as_retribucins

Ourense

600663_403181999775054_580288451_n

603955_603683496314193_1174512512_n

778895_603684209647455_758248303_o

Ferrol

2013-02-07_16.44.07

2013-02-07_17.05.19

img-20130207-wa0005

Pontevedra

481621_4389641419721_504579040_n

792359_4201558088389_1750846256_o

Monforte

Miles de persoas protestan contra o recorte nas condicións salariais e laborais e o deterioro dos servizos públicos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A área pública da CIG rexeita o proxecto de Orzamentos da Xunta porque afondará na perda de emprego e o desmantelamento dos servizos básicos
.
A pesar da intensa choiva e do forte vento, miles de persoas participaron na tarde deste xoves nas manifestacións convocadas polas organizacións sindicais que integran a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos nas sete cidades galegas. A protesta dá continuidade ás mobilizacións que o persoal vén realizando no último ano contra os recortes salariais e laborais impostos polos distintos gobernos do PP e pola defensa duns servizos públicos de cualidade.

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, integrada por CIG, CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, acordou convocar estas mobilizacións contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas/os públicos/as e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

A Secretaria da CIG-Administración Pública, Maricarme López, sinalaba que o máis grave do contido dos Orzamentos da Xunta para 2013 (que reforzan e sobrepasan as restricións previstas os Orzamentos do estado) radica en que van provocar a desaparición non só de servizos públicos, senón tamén de unidades enteiras de traballo por mor das taxas de reposición 0,  a non cobertura de vacantes e a amortización explícita que determina o artigo 24 do anteproxecto de Lei de orzamentos. 

Deste artigo despréndese a perda de case 1.200 prazas directas da administración xeral galega, sen contar as futuras vacantes que se vaian producindo. Afondando así no deterioro da calidade dos servizos prestados. Por iso, a responsábel da CIG-Administración reiterou que “é responsabilidade de toda a sociedade en xeral recoñecer e pór en valor a función e importancia que teñen os servizos públicos e dar resposta aos ataques inxustificados e agresivos que estamos a sufrir todos e todas os que traballamos nos mesmos”.

Desmantelamento da sanidade e o ensino público

Pola súa banda, a Secretaría da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, valorou a necesidade de mobilizarse para frear as agresións que veñen padecendo as traballadoras e traballadores do sector público, nomeadamente da sanidade, e fixo especial fincapé no desmantelamento da Sanidade Pública. “O PP entende que no canto de ser un servizo público, é un ben co que poden lucrarse e facer negocio favorecendo a empresarios amigos”, afirmou.

Alertou ademais que, de seguir coa destrución de emprego no sector sanitario, de inmediato será inviábel prestar unha asistencia de calidade  rachando a equidade no acceso xa que só poderán recibir asistencia aquelas persoas ás que así llo permita a súa economía.

O Secretario da Federación de Ensino da CIG, Anxo Louzao, advertía que “estamos aquí para facerlle fronte á liquidación dos servizos públicos que supoñen os orzamentos para o 2013. O PP utiliza a crise para recortarlle dereitos aos traballadores e traballadoras, desmantelar servizos que deben ser universais, como o ensino público, e  roubarnos parte do noso salario”. Neste senso lembrou que, ademais da supresión da extra de nadal, o Goberno de Feijoo, novamente na vangarda dos recortes, xa aprobou un redución do salario dos/as empregados/as públicos/as para o 2013, que pode chegar ao 6%.

Por outra banda,matiza Louzao, “a tesoira que a Xunta lle meteu aos orzamentos en Educación, un 6,63%, evidencia que o PP goberna en funcións dos intereses da patronal do ensino privado concertado e non das necesidades do ensino público e das clases sociais máis desfavorecidas”.

As manifestacións estiveron precedidas polas accións de protesta que os empregados/as das administracións desenvolveron esta mesma mañá diante dos distintos centros de traballo de todo o País, como xa vén sendo habitual dende hai meses.

Manifesto conxunto ao remate das manifestacións

As Organizacións Sindicais con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno

Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.Esta agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A salientar:

1º. Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.

2º. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.

3º. Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos.

. Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.

5º. Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.

6º. Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galiza.

Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%,  minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%.

Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galiza, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario.

Xaneiro de 2013. POLA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Galería de imaxes

O artigo en Avantar.

Concentración mañá xoves día 27 contra o recorte salarial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MENTIRN

Mañá xoves día 27 terá lugar en San Caetano a reunión do Consello da Xunta onde se vai aprobar a redución salarial para o persoal público no ano 2013. Trátase, polo que se anunciou, dunha redución dun 40% das dúas pagas extra (xuño e decembro), que, no caso do persoal do SERGAS, inda non sabemos en qué complementos vai repercutir. Cómpre lembrar que os nosos complementos específicos (complemento que se elimina a todo o persoal da Administración Pública no recorte programado polo PP) son de contía moi inferior aos do resto de persoal da Administración, polo que para completar o 40% de redución, o SERGAS vainos retirar algún outro complemento, sen que, polo momento, se nos anunciara onde pensan atacar.

Desde CIG-Saúde facemos un chamamento a todo o persoal que poida a que se mobilice mañá día 27 ás 11 hs, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta, diante de Presidencia, en San Caetano.

Estamos fart@s das mentiras e dos recortes de Feijóo e o PP!!!

20 de decembro: mobilízate coa Alianza Social Galega

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Captura

 

Lugares e horas das  mobilizacións:

  • - A Coruña: ás 19:30 h na Delegación do Goberno
  • - Ferrol: ás 19:30 h no edificio da Xunta
  • - Santiago de Compostela: ás 19:30 na praza de Galicia
  • - Lugo: ás 20 h na Subdelegación do Goberno
  • - Vilalba: ás 20:30 h. diante da Casa da Cultura.
  • - Monforte de lemos: ás 19:30 h na praza de España
  • - Burela: ás 20 h na praza da Mariña
  • - Ourense: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
  • - O Barco de Valdeorras: ás 20 h na praza do Concello
  • - Pontevedra: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
  • - Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
  • - Vigo: ás 20 h diante do MARCO (rúa do Príncipe)

Hai razóns de sobra: 14N Folga Xeral!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

222530_462470653805706_1310887267_n

Publicados os abusivos servizos mínimos impostos pola Administración para a folga do 14 de novembro.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG os servizos mínimos impostos pola Administración para os servizos sanitarios. Uns mínimos que CIG-SAÚDE non aceptou por abusivos, por pretender usurpar o dereito á folga d@s traballador@s da sanidade formulando uns servizos mínimos que nalgúns casos superan o persoal que traballa habitualmente nun día laborable.

Nalgúns centros toman tan "en serio" o tema dos servizos mínimos que establecen, como no caso do Sanatorio El Carmen de Ourense, uns mínimos que son iguais para calquera quenda, formulando por exemplo uns mínimos de 44 persoas en persoal sanitario non facultativo (para a quenda nocturna tamén?), o que quere dicir máis de 3 veces maior que nunha quenda nocturna de día laborable habitual.

En Povisa, como en ocasións anteriores, seguen sen saber plasmar nun papel cantas persoas traballan "habitualmente" ou "en domingos" ou "en sábados" e seguen usando este tipo de nomenclatura en lugar de concretar o número de efectivos de servizos mínimos. Un xeito moi cómodo de poñer os mínimos que lles pareza, conculcando o dereito á folga do persoal que alí traballa.

CIG-SAÚDE, unha vez máis, non aceptou os servizos mínimos impostos pola Administración, e así o fixo constar na acta da sesión.

CIG-SAÚDE solicita que os mínimos sexan igual as presenzas que hai nos centros un domingo ou festivo, xa que con isto está garantida a atención permanente e continuada durante as 24hs.

CIG-SAÚDE rexeita os mínimos impostos pola Administración por ser abusivos. Estes servizos mínimos decrétanse coa intención de minimizar a paticipación d@s traballador@s na folga.

Manifestación 15 de outubro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CARTAZ_MANI_15_OUT_CIG

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto