Inicio
 
 

Mobilizacións

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG convoca mobilizacións nas cidades galegas, o xoves 17 de xuño, contra a reforma laboral

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Artigo extraido de Avantar :

A central nacionalista fai un chamamento, a todos os traballadores e traballadoras, a rexeitar as medidas anticrise propostas polo Goberno español e demandar a convocatoria dunha folga xeral
A Confederación Intersindical Galega convoca para o vindeiro xoves 17 de xuño unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa. A central nacionalista repartirá tamén folletos explicando a necesidade de dar unha resposta contundente aos cambios que o Executivo de Zapatero pretende introducir porque constitúen un ataque aos dereitos da clase traballadora. Entre os principais argumentos, sosteñen que abaratar o despedimento non vai xerar emprego e que reducir os salarios desactivará o consumo e paralizará a economía. Neste senso, lembran que os países con salarios máis altos son os que menos están a sufrir a actual crise económica, teñen unha menor porcentaxe de desemprego e os contratos son menos precarios.
Ler máis

Manifestación polo dereito á folga e contra a represión sindical en POVISA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MANIFESTACIÓN XOVES 3 DE XUÑO EN VIGO


“ POLO DEREITO A FOLGA, NON A REPRESIÓN SINDICAL EN POVISA “


Este xoves 3 de xuño  temos convocada unha manifestación baixo o lema, “ Polo dereito a folga e contra represión sindical en povisa “,  que partirá ás 11:00 horas, da praza de España e que percorrerá a avenida da Gran Vía, e a rúa Salamanca, rúa Zaragoza, rúa Tarragona, rúa Barcelona, rúa Salamanca, rúa Pintor Colmeiro e rematará na praza da Independencia. Con esta manifestación queremos expresar o noso rexeitamento á decisión de POVISA de despedir á compañeira Consuelo Martínez, delegada da CIG en POVISA, polo seu traballo sindical.

Éxito da manifestación de Monforte

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

o14c12f1

A manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte para onte xoves día 13 resultou un éxito de participación e organización. Miles de persoas percorreron as rúas monfortinas aos berros de lemas como "Hospital Comarcal" ou "Coa saúde non se xoga" facéndolle  ver á Consellaría de Sanidade que as áreas sanitarias e as súas competencias non son moeda de cambio e que a poboación das áreas como Monforte, O Barco, Burela... non pensa permitir que se xogue coa calidade da súa asistencia sanitaria.

 

A próxima cita, O Barco de Valdeorras, o próximo 3 de xuño.

 

Noticia no Xornal.

 

Noticia na Voz. (fotografía extraida da Voz)

 

Noticia no Progreso.

 

Video sobre o 1ª de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Video confeccionado para este 1º de maio onde economistas e membros da CIG analizan as causas, repercusións e posíbeis solucións á crise económica actual. Conta coas intervencións de Xabier Vence , María do Carmo García Negro, Xesús Seixo e Antolín Alcántara, entre outros. Este material foi proxectado nas asembleas previas ao 1º de maio que a CIG realizou por todo o país.

 

 

1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

primeiromaio2010Non á política de pacto social

Cando en 1889 a Segunda Internacional acordou proclamar o 1º de Maio como día internacional da clase traballadora, ademais de render homenaxe aos traballadores asasinados pola policía ou condenados a morte en Chicago en 1886, quixo pór unha data de referencia que simbolizase a loita da clase traballadora de todo o mundo polos seus dereitos, por unhas condicións de vida dignas e pola súa emancipación como clase. Desde sempre... Ler máis[+]

 

Podedes ollar na nosa sección de Multimedia o video confecionado pola CIG sobre esta data.

 

 

 

 

 

Neste ano, como nos anteriores, manifestaremonos polas rúas das principais vilas e cidades do país:

  • Vigo con saída ás 12 horas do Cruce da Doblada
  • A Coruña ás 12 horas da Praza de Vigo
  • Santiago ás 12:30 da Praza Roxa
  • Pontevedra ás 12:30 horas da Praza da Ferrería
  • Ferrol ás 12 da Avda de Esteiro
  • Lugo ás 12:30 do edificio sindical da Ronda da Muralla
  • Ourense ás 12 horas do Pavillón dos Remedios
  • Ribadeo ás 12:30 do edificio sindical

 

O déficit público que o pague o capital

 

REFORMA FISCAL XA!!!

 

Emprego e salarios dignos, Non ao pacto social

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto