Noticias Outras novas Outras novas
 
 

Censura no SERGAS??? Non imos calar!!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Será este un adianto da Lei de Transparencia que vai publicar o PP?

319848_10200398351552069_719500688_n

 

 

CENSURA NO SERGAS??? NON IMOS CALAR!!!

Os programas de prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas poderían desaparecer por falta de orzamentos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-Saúde apoia á Asociación e demanda o financiamento necesario para garantir a súa continuidade
.
A Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas denuncia o inminente risco de desaparición dos Programas de Prevención de Drogodependencias en Galiza por mor do recorte do financiamento. A CIG-Saúde apoia ás súas reclamacións, exixe que se destinen as partidas orzamentarias necesarias para garantir a continuidade destes programas e demanda que se recupere o proxecto do goberno bipartito de integrar a este profesionais no sistema do SERGAS para que a asistencia sexa prestada polo sistema público.

No que se refire a Asistencia a Drogodependencias, tanto Unidades Asistenciais de Drogodependencias dependentes dos Concellos (13 en toda Galicia), como a Centros dependentes de Asociacións e ONGs prodúcese este ano un novo recorte do financiamento que vai entre o 10% sobre o percibido no 2012 para as Asociacións e ONGs, até a previsión dun 15% na consignación da partida para a sinatura de convenio coa FEGAMP para as Unidades dos Concellos.

Este recorte, segundo denuncia a Asociación de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas, súmase aos xa realizados en exercicios anteriores, superando o millón de euros o que, tendo en conta a situación das arcas dos Concellos e a falta doutros recursos das asociacións, pon a moitos centros asistenciais ao borde da quebra e desaparición.

Tamén se produce un recorte nos recursos de atención específica ao alcoholismo, que afecta tanto aos que traballan en reinserción laboral como en atención xurídica, reducíndose as asignacións nun 10% para cada un deles. Cantidade á que hai que sumar, no caso da atención xurídica e reinserción, o 10% que xa sufriran o ano pasado.

Supresión dos equipos de prevención

Tanto para a Asociación como para a CIG-Saúde é de especial gravidade a decisión da consellaría de Sanidade de suprimir todo o investimento nos Equipos de Prevención dependentes dos concellos e mancomunidades de Galiza: 43 equipos con 61 profesionais –agora 13 desempregos/as- que interveñen sobre 118 concellos-mancomunidades e sobre o 75% da poboación galega.

De feito, a FEGAMP xa enviou a finais de decembro unha comunicación aos concellos informando de que o SERGAS non asinaría finalmente o convenio para o financiamento dos programas de prevención do 2012 e que non prevía a súa sinatura para 2013. 

A Asociación lembra que estes convenios de cofinanciamento víñanse asinando desde hai 15 anos –a través de subvencións desde hai 20- sempre co argumento de que todo o investimento en prevención era prioritario para evitar custos sociais e sanitarios no futuro.

Malia iso, nos orzamentos do SERGAS para 2013 figuran, na partida de convenios coa FGAMT, 2.091.461 € menos que nos orzamentos de 2012, froito de anular a cantidade destinada aos convenios de prevención, xunto co recorte do 15% nos de asistencia asinados no pasado ano.

Mantense, porén, unha partida xeral de 750.000 € para distribuír entre asociacións e ONG’s que fan prevención ou interveñen en materia de VIH/SIDA. A súa contía é igual á consignada en 2012, ano no que xa sufriu un recorte do 15% respecto do ano anterior.

Cobertura

Segundo o actual e vixente Plan de Trastornos Aditivos de Galiza 2011-2016, desenvólvense na nosa comunidade un total de 337 programas de prevención promovidos por concellos e 13 ONG’s. Atendendo aos últimos datos dispoñíbeis, os Equipos de Prevención dependentes dos concellos realizaban programas dos que son beneficiarios semestralmente unha poboación total de 323.259 galegos e galegas (128.917 escolares; 34.680 adolescentes e mozas/os; 31.316 profesores/as; 765 mediadores sociais; 1.203 mozos/as en autoescolas; 40 empresarios/as e/ou traballadores/as e 122.500 persoas da nosa poboación en xeral).

A Asociación de Profesionais insiste en que os programas desenvoltos requiren  de profesionais con grande especificidade técnica, “persoas que levamos traballando e formándonos moitos anos para proporcionar un labor de calidade que protexe e contribúe á mellora da saúde da poboación galega e permite a redución da prevalencia do consumo de drogas e a redución da incidencia nos máis novos, o noso futuro”.

Por iso solicitan que a administración garanta a estabilidade e continuidade dos programas e que se defina, dunha vez por todas, cara onde queren que camiñen as drogodependencias no futuro.

Noticia extraída de Avantar.

Documentos
Comparativa orzamentos Drogas 2011- 2013.pdf

O goberno gábase na Lei de Orzamentos da destrución de emprego público

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No Libro Amarelo dos Orzamentos do Estado, libro de presentación do anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado, o goberno recolle, textualmente, o seguinte:

Con cierto retraso respecto del ajuste del empleo en el sector privado, que se inició en los primeros compases de la crisis económica, el empleo en el sector público comenzado su ajuste recientemente. En el segundo trimestre de 2012 el empleo público disminuyó en 63 mil personas y a lo largo de los últimos cuatro trimestres acumula una caída de 176,4 mil trabajadores, el 5,5 por ciento, lo que sitúa el número de empleados públicos al borde de los tres millones. En cuanto a la estabilidad en el empleo, la tasa de temporalidad de los trabajadores públicos ha disminuido en 1,3 puntos en el segundo trimestre del año, hasta el 20,9 por ciento, lo que implica que la reducción del empleo en este sector ha afectado en mayor medida a los trabajadores temporales.

É dicir, na Lei de Orzamentos, o propio goberno do Estado gábase de ter reducido durante o 2012 en máis de 176.000 persoas o emprego público. E non só iso, senón que tamén se vanaglorian de que a redución do emprego se cebara n@s traballador@s temporais. Como para estar orgullos@s!

Desde CIG-Saúde non pensamos, desde logo, que haxa que enorgullecerse de ter incrementado máis o desemprego con persoal do sector público. Para empezar, porque esa diminución de emprego público implica unha perda de calidade nos servizos públicos que todas e todos precisamos. Mais tamén porque, unha vez máis, o que se fai é cebarse co persoal, nomeadamente co persoal temporal, que ademais de sufrir a inestabilidade e precariedade laboral, agora ve reducidas as súas xa de por si escasas posibilidades de traballar, condenándoo ao desemprego e a exclusión social.

CIG-Saúde denunciou no seu momento a perversidade da taxa de reposición. Daqueles pós, veñen agora estas lamas. A taxa de reposición do 10% impediu que se repuxeran efectivos e condeou á case desaparición da contratación no sector público, e agora este texto que se recolle no anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado para o 2013 confírmao, con prepotencia e fachenda, inda por riba. O goberno do PP presume de eliminar postos de traballo e felicítase por aumentar o desemprego. Moi ben, o que todo goberno que se prece debe facer, non? Sobre todo cando, como vimos denunciando, a perda de postos de traballo está profundamente ligada coa perda de calidade asistencial (diminúe a actividade e a que se fai, faise con menos efectivos, é dicir, peor calidade).

Non debemos perder de vista que está é a folla de ruta do PP, a súa política sanitaria pasa por precarizar e diminuir postos de traballo, e con iso, empeorar a calidade da asistencia, rematando por privatizar os servizos. Non podemos consentilo. A tod@s nos afecta esta política sanitaria. Usuari@s, persoal fixo e persoal temporal. Tod@s debemos loitar conxuntamente para botala abaixo.

 

SEXAS USUARI@, PERSOAL FIXO, OU PERSOAL TEMPORAL, MOBILÍZATE!!!

A TOD@S NOS AFECTA!!!

O SERGAS da austeridade tira os nosos cartos en recursos xudiciais sen sentido

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado mes de xullo o xulgado do contencioso/administrativo de 1ª instancia de Lugo, ditaba unha sentenza pola que se recoñecía a unha traballadora do Hospital de Monforte, auxiliar de enfermaría, o dereito a disfrutar 2 días por exceso de xornada que o SERGAS se negaba a concederlle. A traballadora en cuestión, e tal e como recolle a sentenza, traballou segundo a súa carteleira 1748 horas, e unha vez descontadas as vacacións e as horas de libre disposición, a xornada realizada foi de 1550 horas, cando na táboa de xornada derivada do Acordo de Concertación Social corresponderíalle facer 1494 horas, polo que se lle adebedaban 8 días libres (56 horas) por exceso de xornada.
O que sucedeu é que a xerencia colocou ao seu criterio os días libres por exceso na carteleira desta traballadora, coincidindo que cando lle correspondía disfrutar 2 deles se atopaba en situación de IT, que é obviamente a estes efectos de cómputo neutro, polo que a xerencia tería que ter cambiado eses días de xeito que a traballadora os disfrutara fóra do tempo en que se atopou en IT. Precisamente a isto é ao que a sentenza do Contencioso de Lugo condena á Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte, esixindo o recoñecemento por parte da xerencia deses dous días libres e a súa concesión.

Xa tén a súa enxundia que a Xerencia de Monforte non sexa capaz de recoñecer a neutralidade dos períodos de IT, e recolocar eses dous días libres, obrigando á traballadora a acudir aos tribunais para que se lle recoñezan os seus dereitos, senón que despois de que sexa emitida unha clarísima sentenza a favor da traballadora e recoñecéndolle os dereitos que lle nega o SERGAS, o máis grave é que agora o SERGAS vai recurrir a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, co que de entrada terá que deixar un depósito para que poida ser tomado en consideración o recurso, e posteriormente se este recurso se perde, cousa que supoñemos que sucederá, será condenado a costas, cantidade moi superior ao que supoñen os 2 días libres desta traballadora.

Aquí está a austeridade do PP, tirando os nosos cartos en recurrir sentenzas que recoñecen ás/aos traballadoras/es os dereitos que o propio SERGAS lles nega.

Escrito á Conselleira sobre os problemas farmacéuticos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde ven de dirixir un escrito á Conselleira de Sanidade amosando a preocupación pola situación creada pola aplicación do R.D 16/2012, no referente á prescripción de Medicamentos Xenéricos e os problemas denunciados polo Colexio de Farmacéuticos de Ourense, pedíndolle a Rocío Mosquera que asuma as súas responsabilidades e esixa ao Ministerio de Sanidade que á súa vez cumpra e faga cumprir coas súas.

Rocio Mosquera Álvarez.
Conselleira de Sanidade.

Diante da situación denunciada polos Colexios Profesionais de Farmacéuticos e a alarma creada entre os/as pacientes e os/as médicos/as que asumen a responsabilidade da prescrición dos medicamentos, CIG-Saúde quere manifestar á opinión pública a súa preocupación pola situación creada pola aplicación do Real Decreto 16/2012, que ten un claro fin economicista, e que parece non ter en conta as necesidades de seguridade e garantía nin de pacientes nin de profesionais relacionados co medicamento.

É responsabilidade do Ministerio de Sanidade a valoración dos estudos de bioequivalencia completos, onde conste o país de realización, os equipos científicos responsables, os comités éticos implicados, o número de pacientes incluídos nos estudios e os resultados finais, antes de autorizar a comercialización dun medicamento como xenérico, en referencia a outro que xa está no mercado. Tamén é a súa responsabilidade o establecemento de mecanismos de control de calidade que permitan garantir a trazabilidade dos principios activos e a calidade dos procesos de fabricación.

Para dar resposta ás dubidas xeradas non chega cunha nota da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), na que se limita a recordar a normativa aplicable á autorización dos medicamentos, xenéricos ou non, no Estado, senón que é preciso responder cos estudos científicos que permitan aclarar que se cumpriu toda a normativa, á que fai referencia a nota, no caso dos laboratorios postos en cuestión.

Ten que quedar fora de toda dubida que, máis alá das batallas comerciais e do interese do Ministerio e da Consellería de Sanidade de recortar o gasto farmacéutico, están os dereitos dos/as pacientes a ser tratados/as cos principios activos prescritos polos seus/súas médicos/as e fabricados nas condicións establecidas nas Normas de Correcta Fabricación (NCF) aplicables na Unión Europea.

Tamén é obriga da administración sanitaria garantir a continuidade dos tratamentos prescritos, para evitar que os diferentes modelos da embalaxe  e da forma, de tamaño e de cor das cápsulas e comprimidos dificulten a continuidade do tratamento nos enfermos crónicos.

Vostede, como Conselleira de Sanidade de Galiza, tén a obriga de esixir do Ministerio de Sanidade que cumpra e faga cumprir as súas responsabilidades nestas materias, para garantir a seguridade da poboación que confía nas autoridades sanitarias e na vixilancia e control adecuados dos medicamentos que se lle dispensan.

CIG-Saúde solicita da Consellería de Sanidade unha pronta resposta que clarifique esta situación, e que valore a posibilidade de ir máis alá na normativa de medicamentos xenéricos e que se obrigue aos laboratorios fabricantes a manter a homoxeneidade no aspecto da embalaxe e a forma, tamaño e cor das cápsulas e comprimidos.

Un saúdo.

Compostela,19 de xullo de 2012

FELIZ ANINOVO

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-SAÚDE QUERE DESEXARVOS UN BO ANO 2012, CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITAS FORZAS PARA LOITAR POLOS DEREITOS LABORAIS E SOCIAS QUE, SEN DÚBIDA, VAN SER POSTOS EN PERIGO.

FELIZ 2012!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto