Noticias Outras novas Outras novas
 
 

Xunta e Estado: a voltas coa taxa de reposición

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Parece ser que a Xunta de Galiza e o Estado chegaron a un acordo sobre a cuestión de inconstitucionalidade que se tiña prantexado por mor da taxa de reposición. O acordo, publicado en DOG e BOE o pasado mércores, permitiralle ao SERGAS convocar a OPE de Facultativ@s tal e como anunciou que pretendía facelo.

dogDesde a Dirección de Recursos Humanos envíannos una comunicación ao respecto da publicación do acordo, botando balóns fóra, e indicando que está nas mans do goberno do Estado excepcionar ao persoal facultativo e ao persoal diplomado especialista da taxa de reposición, que era o que se pedía por parte da Xunta de Galiza. Queremos lembrarlle á Consellaría que tamén está nas mans da Xunta tomar medidas que conduzan a esa excepción, como instar ao goberno central a que a taxa de reposición non se estableza como normativa básica, para que así a Xunta de Galiza poida lexislar a excepción do persoal da Sanidade, non só de persoal facultativo e diplomado especialista, senón de todo o persoal, que de non repoñerse debidamente, a carencia de profesionais provocaría un grave problema de inoperancia na Sanidade Pública.

Desde CIG-Saúde levamos reclamando en múltiples ocasións a retirada dos orzamentos da taxa de reposición na administración sanitaria, taxa que co tempo faría inviable a prestación do servizo, ao impedir a reposición do persoal que deixe a súa praza vacante por mor de xubilación, invalidez ou falecemento. Fixémolo públicamente, dirixíndonos persoalmente á Conselleira, e tamén nas mesas negociadoras, como sucedeu onte na Mesa Sectorial de Sanidade do Estado, onde por segunda vez (a primeira xa foi o ano pasado) entregamos un escrito sobre esta cuestión, no que se pedía de novo que se instara ao goberno do Estado a retirar a taxa de reposición dos orzamentos. Hai que dicir que, tal e como sucedera o ano pasado, ningunha OOSS apoiou a nosa proposta, cousa que a CIG-Saúde lle parece, cando menos, rechamante, posto que hai sindicatos que aquí convocan folgas contra os recortes e a taxa de reposición, e cando se formulan nas mesas negociadoras propostas conducentes á retirada desta taxa, votan en contra.

Escrito á Conselleira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 Pilar Farjas Abadía.

Conselleira de sanidade.

 

No documento de presentación e explicación dos orzamentos 2012 publicado na web da Consellaría de Sanidade recollese o seguinte:

            ”Ademais, anunciou que en breve se trasladará ao Parlamento un proxecto de Lei no que se fará realidade a libre elección de profesionais, tanto de médicos como de enfermería, e de centro”. 

Este proxecto de Lei ademais de ser un tema organizativo e de prestación de servizos, vai ter unha afectación directa sobre as condicións de traballo das/os traballadoras/es de atención primaria. E sobre todo a prestación de servizos e a modificación das condicións laborais virán determinadas polo modelo de libre elección que pretende aprobar esta Consellería.

En función do modelo que se elixa a prestación de servizos na atención primaría pódese ver altamente prexudicada  reducindo calidade na prestación do servizo, ou pola contra pode contribuír a mellorar a prestación.

Polo que desde CIG-SAÚDE solicitamos que o documento de Proxecto de lei sobre a libre elección de medicas/os, enfermeiras/os e centro, sexa remitido ás organización sindicais con tramite de alegacións.

Asemade solicitamos que o modelo que se elixa conte cun amplo respaldo sindical e profesional, xa que entre todas/os podemos contribuír a mellorar a atención primaria; como así se demostrou no traballo realizado para conquerir o Plan Galego de Mellora da  Atención Primaria.

Agardando de Vde. unha resposta positiva, quedamos á espera de recibir o devandito texto.

 Un saúdo.

Santiago de Compostela. 8 de novembro de 2011.

 

Asdo. Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

SOS-Sanidade Pública anuncia a posta en marcha dunha ILP pola Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma SOS presentou en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.

A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa

Unha vez presentada no Parlamento SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia

Tamén se recordou que o 27 de Outubro están convocadas mobilizacións en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.

Á rolda de prensa asistiron representantes das plataformas de Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña e O Barco, que estiveron apoiados por membros dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG; así como de representantes dos grupos políticos do BNG, PSDEG e Esquerda Unida. Desculparon as súas asistencia a Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE) , o sindicato de enfermería SATSE e as plataformas de Burela, Lugo, Cangas, Moaña, e Salnés, que apoian a Iniciativa.

O xulgado do social de Pontevedra desestima as demandas de Cándido Sartier contra a CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Lembra que “a afiliación e estancia nun sindicato é voluntaria, pero supón a obriga de respectar os seus estatutos e decisións”

O xulgado do social nº 4 de Pontevedra considera que non existen indicios que xeren unha “razoable sospeita de vulneración” dos dereitos fundamentais alegados por Cándido Sartier. A sentenza considera que queda acreditado que “a resolución ditada pola comisión de garantías da CIG con respecto ao proceso electoral do 16 de decembro de 2010, foi conforme a dereito”.

A sentenza avala a decisión da Comisión de Garantías da CIG de excluír a candidatura presentada por Sartier, ao considerar probado que non respectou a cota de participación feminina que os Estatutos da CIG estabelecen para favorecer a participación de mulleres nos órganos de dirección da organización sindical.

Alén diso, asumindo que esta resolución da Comisión de Garantías é correcta o xulgado rexeita tamén o argumento de que tal decisión teña un propósito discriminatorio ou contrario aos dereitos fundamentais derivado da posición que Cándido Sartier mantivo publicamente, apoiando a construción dun novo hospital con financiamento público-privado en Pontevedra fronte á ampliación do hospital existente en Montecelo, mantendo a súa xestión pública, que é a posición que defende a central sindical.

A propia sentenza declara que o demandante mantivo a súa posición con total liberdade de opinión, o que non é contraditorio coa apertura dun expediente disciplinario, “decisión que en ningún momento pode cualificarse de vulneradora de dereitos fundamentais a liberdade de opinión, nin a acción sindical pois a afiliación e estancia nun sindicato é voluntaria, pero supón a  obriga de respectar os seus estatutos e decisións”.

 

O artigo en Avantar.

CIG-Saúde consolídase como sindicato de clase máis representantivo, mantendo nestas eleccións sindicais os resultados das anteriores

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde agradece a confianza depositada polos traballadores e traballadoras nesta organización sindical que vén avalar o traballo sindical desenvolvido e unha aposta firme polas nosas reivindicacións: defensa da sanidade pública, consolidación e mellora das nosas condicións laborais e retributivas, defensa dos postos de traballo e recuperación da mesa sectorial como órgano de representación e negociación de todo o persoal do SERGAS.

 

A CIG-Saúde comprométese a seguir traballando en prol de todos os colectivos evitando calquera forma de corporativismo, asumindo que todas e todos temos dereito a unhas condicións laborais e retributivas dignas, independentemente do colectivo profesional ao que pertenzas.

 

No proceso electoral celebrado onte a participación foi do 59,7% e estaban convocadas/os 35.205 traballadoras/es do sector.

 

Compostela, 6 de maio de 2011.

Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional CIG-Saúde

O TEU VOTO DECIDE!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

XOVES 5 DE MAIO


Eleccións Sindicais SERGAS



non esquezas ir votar

 



TI ES DA CIG, O TEU VOTO DECIDE!!!

 

 



VOTA CIG-SAÚDE

 


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

A aplicación perversa da Reforma Laboral chega ás Administracións Públicas a través das ETTs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A primeira medida que entrará en vigor este ano é a “Contratación de servizos mediante as empresas de traballo temporal”. É dicir, xa está aquí a privatización dos postos de traballo, o desmantelamento progresivo dos servizos públicos, e consolídanse as agresións ás condicións laborais das/os traballadoras/es.

Nas folgas xerais convocadas pola CIG en setembro de 2010 e febreiro de 2011, a nosa organización sindical xa anunciaba que o peor da reforma laboral era o que estaba por vir; e así aconteceu: Na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada en Madrid o día 14 de marzo, a Administración presentou ás organización sindicais o Proxecto de Real Decreto polo que se regula  na Administración pública a contratación de traballadoras/es a través das empresas  de traballo temporal.

A reforma laboral (apoiada por UGT e CCOO) recolle que a partires do 1 de abril de 2011, se levanta a prohibición, existente até agora, de que a Administración pública poida contratar as/os traballadoras mediante as empresas de traballo temporal (ETTS). A partires desta data a Administración, co beneplácito destas organizacións sindicais, está eliminando o acceso regrado ao emprego público. Acábase a selección temporal e definitiva, todo será contratado mediante ETTS.

O proxecto de Decreto é confuso, di que non se poderá contratar mediante este sistema a traballadoras/es para realizar tarefas que, por una norma con rango de Lei, estean reservadas á/aos funcionarias/os.  De que postos estamos a falar?

Si poderán ser contratados mediante ETTs os postos de persoal laboral. Se isto o trasladamos ao ámbito estatutario, que quere dicir? que si que se poderá contratar por este sistema ao persoal non sanitario ou chamado no eido laboral persoal de oficios.

A única xustificación que é válida para contratar este servizo é:

Cando o volume de traballo non poida ser atendido con suficiencia  polo persoal propio, e sempre  que non sexa posíbel solucionar esta necesidade a través de procedementos de mobilidade dos Recursos Humanos.

ONDE ESTÁ A TRAMPA?  Quen vai saír beneficiado con este sistema?

As empresas de traballo temporal non son ONGs, como calquera empresa miden os seus resultados polos beneficios obtidos.

A Lexislación di que as empresas de traballo temporal non poden cobrar ningunha cantidade aos/ás traballadores/as polos servizos prestados, que o prezo do servizo xa vai incluído no contrato mercantil que asinan coa Administración. Aínda que, parece, ás veces isto non é así.

Se as/os traballadoras/es teñen que ser retribuídos polo que marca o convenio laboral, e a Administración ten que pagar os servizos da ETTs, isto vai producir un encarecemento dos servizos. Cunha consecuencia, ao/á traballador/a aplicaráselle o convenio máis precario, e as ETTs levarán o correspondente lucro.

De futuro, por desenvolvementos posteriores, isto poderá ser ampliado a outros colectivos: tamén poderán ser contratados os colectivos sanitarios, non nos deixemos enganar.

A PricewaterhouseCoopers S.L,  empresa de auditoría e consultaría, da que a Consellaría de Sanidade utiliza os seus informes como folla de ruta para impoñer no SERGAS a súa política privatizadora: “FACER MÁIS CON MENOS” recolle un apartado específico de “Un momento de oportunidade para a colaboración público-privada”

“O potencial de aforro nos proxectos de colaboración público privado aumenta na medida na que se inclúan neste modelo máis ámbitos ou servizos. Así, conseguiranse maiores aforros nos modelos que incluían infraestruturas, servizos clínicos…”


Isto tamén vai contigo. Defende o teu posto de traballo. Defende o sistema sanitario público.

Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas Profesións Sanitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

colexiacion

 

  CIG-SAUDE  INFORMA

 

Nos próximos meses o Parlamento Español decidirá finalmente sobre a liberdade ou obrigatoriedade da pertenza aos colexios profesionais, incluídos os das licenciaturas e diplomaturas sanitarias. A Lei 1/2010, promovida pola Xunta de Galicia establecía a colexiación obrigatoria, sen embargo, esa lei foi recentemente suspendida cautelarmente polo Tribunal Constitucional. A decisión final sobre si a colexiación será colexiación libre ou obrigatoria, fica pendente dunha decisión lexislativa que non tardará en producirse.

 

Nesta situación, e en apoio da colexiación libre, ven de constituírse en Santiago a “Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas Profesións Sanitarias”, co apoio de profesionais sanitarios galegos da Medicina, Enfermería, Farmacia, Fisioterapia, Odontoloxía, Psicoloxía, ...

 

CIG-Saúde apoia a “Inciativa”, e chama a todos e todas as profesionais que defenden a Liberdade de Colexiación e ven na obrigatoriedade de estar colexiado unha imposición impropia dun país democrático, a que expresen o seu apoio á “Iniciativa” adheríndose a ela.

 

En http://colexiacionlibre.blogspot.com pode atoparse a “Declaración de Constitución” da “Iniciativa”.

 

Podedesvos adherir á “Iniciativa” enviando un correo electrónico a colexiacionlibre@gmail.com, cos seguintes datos:

       - Nome e  Apelidos,

       - Grupo Profesional (enfermeir@, medic@ de AP, fisioterapeuta de AE, ...)

       - Localidade

 

A lista de adhesións irá facéndose pública en http://colexiacionlibre.blogspot.com

 

Somos moitos, fagámonos escoitar.

Liberdade de Colexiación !!!

www.cig-saude.org         www.agmedica.org

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto