Noticias Outras novas Outras novas
 
 

Informe do CES sobre a Lei de Familia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

En data 9 de novembro de 2010 tivo entrada no Consello Económico e Social oficio do presidente da Xunta de Galicia remitindo, para o seu preceptivo ditame, o anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á convivencia de Galicia.

 

Este organismo ven de publicar o correspondente ditame, e non pode ser máis clarificador. Para empezar xa din que "O CES estima que esta norma semella de pouca incidencia práctica, na medida en que se centra na declaración de intencións e principios, pero non nas accións materiais a desenvolver", o cal xa indica por onde van os tiros en canto á necesidade de promulgar unha lei destas características.

 

Non imos poñer aqui, punto por punto, as lóxicas apreciacións do CES no seu ditame, deixamos abaixo unha copia do mesmo para aquelas persoas que queiran botarlle un vistazo. Só a modo de exemplo,  esta é unha das primeiras apreciacións que fai o ditame sobre o anteproxecto de Lei:

Ler máis

Pola liberdade de colexiación dos profesionais sanitarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Tribunal Constitucional declarou a suspensión cautelar da Lei 1/2010 de Colexiación Obrigatoria da Xunta de Galicia. Agora é preciso que o goberno central note que somos moitísimos/as os/as profesionais sanitarios/as que reclamamos que no desenvolvemento da Lei Ómnibus, que proximamente realizará o Parlamento Español, se inclúa a Colexiación Voluntaria.

 

A suspensión cautelar da Lei 1/2010 que ven de establecer o Tribunal Constitucional, a instancias do Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central, implica que no momento actual a colexiación é voluntaria. A Lei 1/2010 aprobada polo parlamento galego a instancias da actual Xunta de Galicia, a principios de 2010, rematou coa liberdade de colexiación que existía con anterioridade, malia que os Colexios se empeñaran en negar esa realidade. Deste xeito, durante o ano 2010 e até agora, os/as licenciados/as e diplomados/as que facíamos asistencia sanitaria directa, estabamos obrigados/as por lei a pertencer ao correspondente colexio profesional.


A situación actual, de liberdade de colexiación, é moi inestábel, pois en pouco tempo o Parlamento Español abordará o desenvolvemento da chamada Lei Ómnibus (A Lei 25/2009, BOE do 23 de decembro de 2009, transposición da Directiva Europea 2006/123/CE), onde se establecerá definitivamente o carácter voluntario ou obrigatorio da colexiación. No goberno central as posicións están divididas e, desgraciadamente, teñen un peso considerábel opinións, como a da Ministra de Sanidade, que defenden abertamente a colexiación obrigatoria.

 

CIG‐Saúde non se opón a existencia dos colexios profesionais, senón que defende que a colexiación ten que ser voluntaria. Parécenos aceptábel que grupos de profesionais consideren que é bo aglutinarse ao redor dun órgano corporativo, como é un colexio profesional, na procura dun mellor desenvolvemento e defensa dos intereses e valores da súa profesión. Máis esiximos que a pertenza a tal órgano corporativo sexa voluntaria, pois unha organización deste tipo, se a pertenza a ela é obrigada, forma parte dun modelo social, profesional e laboral que xa non ten nada que ver coa realidade actual.

 

Nesta situación, CIG‐Saúde considera que ten que facerse notorio o clamor dos miles de profesionais licenciados/as e diplomados/as que esiximos a liberdade de colexiación e, ente outras iniciativas, e en concordancia con iniciativas similares que están xurdido en Galiza e noutras zonas do estado, pedímoslles aos/ás profesionais que envíen correos electrónicos, reclamando a liberdade de colexiación, aos enderezos abaixo indicados.

 

Ministerio de Economía e Facenda: sugerencias.portal@meh.es
Ministerio de Sanidade‐PSI: oiac@mspsi.es

 

Alén do texto reclamando a liberdade de colexiación, no correo electrónico deben figurar o Nome, o DI e a Profesión.

 

Descarga e difunde .

Acordo Social entre sindicatos, patronal e goberno

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Deixámosvos aquí o borrador do Acordo Social ao que recentemente chegaron as organizacións sindicais CCOO e UXT, a patronal e goberno do Estado en materia de pensións, políticas de emprego, laboral, industrial, enerxéticas, innovación, función pública e negociación colectiva.

 

Descargar acordo social

 

Sacade as vosas propias conclusións...

Masiva participación nas mobilizacións convocadas pola CIG en toda Galiza coincidindo coa folga xeral do 27-X

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Artigo extraido de Avantar:


A central valora positivamente o paro, que contou cun importante seguimento en sectores como o transporte ou a industria.
A CIG amosou hoxe a súa satisfacción pola masiva participación da clase traballadora nas distintas mobilizacións celebradas por todo o país coincidindo coa xornada de folga xeral convocada para rexeitar a reforma das pensións do Goberno español. A central estima que arredor de 80.000 persoas saíron á rúa nas principais cidades e vilas de Galiza nunha xornada histórica para o sindicalismo nacionalista galego ao conseguir sacar adiante o paro en sectores importantes a pesar do contexto de grave crise, do boicot dos medios de comunicación e do acoso policial.

A folga tivo un seguimento practicamente xeneralizado no transporte de viaxeiros e nos urbanos, na recollida do lixo e limpeza viaria, no sector naval, nas grandes obras da construción (como a ampliación de Peinador e Lavacolla ou o porto exterior da Coruña) e nos portos comerciais de Ferrol e da Coruña. Os polígonos do Campiño en Pontevedra, do Tambre en Compostela e algunhas empresas situadas nos de Vigo viron reducida a súa actividade, de igual xeito que na cidade olívica lle sucedeu a Citroën, que tivo que dobrar a quenda de noite (terían que rematar ás 5.00 horas e eran as 8.00 e aínda traballaban) para que a liña de produción non se vise afectada. Alén diso, cómpre salientar que o 40 % da quenda de mañá non entrou a traballar, arredor de 1.000 persoas.

Outras empresas importantes que se viron afectadas polo paro foron a ferrolana Navantia (cun paro do 40 % na empresa principal e do 60% nas auxiliares, mentres que en Fene o paro ascendeu case até o 90%), Celulosas de Pontevedra (arredor dun 50 %), Alcoa en San Cibrao das Viñas (sobre un 50 %) ou Zara Loxística, en Arteixo (outro 50 %). En Ourense rexistrouse un paro total nas compañías Roberto Verino e Faurecia.

No que respecta á administración local salienta o seguimento masivo que tivo a convocatoria nalgúns Concellos, como foi o caso do de Compostela, cun 80 % de paro. En canto ao ensino secundario, a adhesión á folga estivo entre un 60 e un 70 %. Finalmente, o sector onde o paro tivo unha menor repercusión foi no pequeno comercio e nas grandes áreas.

Ler máis

Mínimos da folga: un atropelo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como xa publicamos anteriormente, os servizos mínimos decretados pola Xunta para a folga do día 27 de xaneiro son abusivos e un insulto ao dereito de folga dos/as traballadores/as. De tal xeito que van ser impugnados na súa totalidade pola nosa central sindical. Hoxe saen publicados en DOG, onde poden ser consultados.

 

Actualización 26 de xaneiro: Publicada en DOG corrección de erros da orde de servizos mínimos. Non significa que melloraran, seguen a ser abusivos e impugnables.

 

O día 27 de xaneiro, máis que nunca, FOLGA XERAL! Acudide ás manifestacións que se celebrarán por todo o pais. Podedes consultar os horarios e lugares de saída premendo na imaxe de abaixo:

 

 

HORARIOS

Outra reforma máis do sistema de pensións. Por Lois Méndez (*)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Dende 1985 xa se levan aplicado varias reformas do sistema de Pensións, e todas as reformas perseguen un único obxectivo: reducir o importe da contía retributiva a percibir por xubilación da pensión contributiva. A pensión media na actualidade é de 876€/mes. En Galiza, de 728€.

Agora o goberno do estado quere impoñer unha nova reforma do sistema de pensións: ampliar a idade de xubilación aos 67 anos. Ademais, aposta por establecer diferenzas en función dos anos cotizados –co que quen teña un historial de 41 ou máis anos se poida seguir retirando aos 65– ou os oficios realizados, xa que naqueles sectores especialmente penosos tamén se poderán xubilar aos 65 anos, aínda que está pendente de concretar na lei.

Ademáis, pretende ampliar o período mínimo necesario para ter dereito á pensión de 15 a 17 anos, progresivamente, ata chegar aos 25, ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión a 25 e ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da pensión de 35 a 40 (a última proposta coñecida é situala en 37 anos e ir progresivamente incrementándoa).

As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e a idade de xubilación, poderán reducir até un 25%  o importe da pensión nos próximos anos.  

Vannos impoñer unha reforma que de facto nos deixará sen dereito a unha pensión digna á grande maioría da sociedade. Para cotizar 40 anos debes acceder antes dos vinte e cinco, e ademais estar a cotizar de forma ininterrompida. Hoxe a metade da mocidade está en paro e o 95% dos contratos que asinan son eventuais.
O aumentar os anos para determinar a contía da pensión, prexudica ás rentas máis baixas do sistema laboral, as máis altas non verán reducidas as súas prestacións ao ser as bases reguladoras moi superiores ás necesarias para acadar o 100% do tope da pensión máxima 2.497€.

Aportará diñeiro aos que crearon a crise: a Banca vai ser destinataria de plans privados de aforro para a vellez: individuaís ou colectivos, e se nos preguntásemos se é máis beneficioso o sistema privado que o público... claramente diríamos que non. Calquera sistema privado de aforro, que é o que realmente son os fondos de pensións, ten menos garantía e menos solvencia que un sistema público. Cando unha traballadora ou un traballador subscribe un plan de pensións privado, o que está a facer é depositar parte dos seus ingresos nun fondo que vai xestionar unha entidade financeira. Esta inviste ese diñeiro no mercado financeiro buscando a súa revalorización a través de procedementos, moitas veces, puramente especulativos; polo tanto, a rendibilidade deses fondos privados non está asegurada pois depende dos vaivéns dos mercados financeiros, que por definición son inestábeis e volátiles (sirva como exemplo que só durante o ano 2010 perdéronse máis de 2.000 millóns de euros dos fondos de pensións privados do Estado español). Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.

Todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensións, ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixannos nunha situación social e laboral de hai 60 anos. Non permitamos este ataque aos nosos dereitos. O noso futuro, os dos novos traballadores e traballadoras, debemos defendelo agora. Precisamos emprego para termos futuro!

Porque temos razóns e argumentos máis que suficientes o vindeiro día 27 de xaneiro, a clase traballadora, o estudantado, os/as mozos/as (os grandes perxudicados: accederan ao mercado laboral aínda máis tarde), os/as pensionistas de agora e de futuro?. É dicir, todas e todos temos unha obriga por dignidade, apoiar a folga xeral do día 27 de xaneiro convocada pola organización sindical CIG “en defensa das pensións e do emprego”  e acudir ás manifestacións convocadas contras as propostas do goberno.

Da nosa resposta contundente ou deixadez dependerá o noso futuro e o das vindeiras xeracións, as empresas e as rúas deben de amosar o noso máis enérxico reixeitamento ás medidas propostas, deberá ser un acto de rebeldía pacífica do conxunto da sociedade na rúa, de indignación, sublevarse contra a submisión, contra a ditadura dos valores financeiros, pois o maior perigo sería a resignación e o maior fracaso non ter convocado e apoiado unha folga xeral, pola xustiza social, agás que prefiramos ignorar a realidade pois as medidas que recolle esta reforma van dirixidas claramente contra a clase traballadora e buscan beneficiar ao capital, pretendendo pisar os dereitos laborais conseguidos após anos de loita.


(*) Lois Méndez Pérez, membro da executiva de CIG-Saúde e traballador do P.A.C. de Fene

Manifestacións xornada de folga 27 de xaneiro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.


Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:

Vigo. Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.

A Coruña. Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Cee. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Pontevedra. Ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería.

Vilagarcía. Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Ferrol. Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago de Compostela. Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo. Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).

Burela. Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).

Ourense. Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Verín. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

Xinzo. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

O Barco. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Ribeira. Ás 12:00 horas dende a Praza do Peixe.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto