Noticias Outras novas Outras novas
 
 

Servizos Mínimos para a folga do 27

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Xunta, mediante acordo do Consello da Xunta de onte, ven de decretar uns servizos mínimos abusivos e cos que desde logo a CIG non está de acordo. Pódese descargar de aqui a nota de prensa sobre o acordo do Consello da Xunta.

 

Noticia de Avantar:

A CIG oponse ao borrador de servizos mínimos presentado pola Xunta e anuncia que vai interpor recurso

A proposta do Goberno galego practicamente reproduce o decreto da folga xeral de setembro, aínda que incrementa algúns servizos como os de transportes
A CIG trasladou esta mañá a oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza por considerala abusiva e conculcadora de dereitos. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista confirmou que, ao igual que aconteceu na folga do 29 de setembro, presentará recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.

A proposta presentada pola Xunta esta mañá á CIG afecta ao persoal que traballa nos servizos considerados esenciais nos sectores e actividades baixo competencia da Xunta (Sanidade, seguridade, protección civil, medios de comunicación social, rexistro, educación, bombeiros, etc.). Non obstante, non foi posíbel chegar a un acordo negociado, xa que a central sindical entende que os servizos estabelecidos resultan abusivos.

 

Centros de ensino

Na exposición do borrador de servizos mínimos, a administración menciona e toma como referencia e xustificación o auto do 19 de xuño de 2002 da sala do contencioso-administrativo do TSXG, no que se di: “enténdese que os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro, departamento ou oficina, do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanecen pechados, no que haberá que atenderse ás quendas estabelecidas para os sábados”. Non obstante, a Xunta recorreu naqueles servizos que lle interesou ao referido auto, mentres que ignorou por completo o estabelecido polo TSXG noutras actividades, fundamentalmente as referidas á transportes e educación.

Así no caso do ensino non se aplica o auto, xa que de cumprirse o estabelecido polo alto tribunal galego ningún centro debería estar en funcionamento o día 27 de xaneiro, posto que nas fins de semana as escolas permanecen pechadas. Pola contra, a Xunta estabeleceu que un traballador/a de cociña nos centros ordinarios e o 30% do persoal de comedor, subalterno e limpeza das residencias docentes ten que estar operativo o día da folga xeral.

Ademais, a CIG considera especialmente intolerábel que a Xunta volva privar dos seus dereitos ao persoal das escolar unitarias, xa que, ao igual que aconteceu o 29 de setembro, fixa como servizo mínimo a un profesor/a, o que na práctica implica que estes/as traballadores/as non poderán exercer o seu dereito á folga.

A vulneración de dereitos do borrador agrávase máis no caso específico das universidades galegas, pois de respectarse o auto do TSXG só se debería garantir a apertura do rexistro público. Non obstante, a administración adopta decisións tan pouco xustificadas como a obriga de permanecer no seu posto a/o secretaria/o do reitor.

Ler máis

Xornada de Loita da Mocidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

PRECISAMOS EMPREGO

PARA TERMOS FUTURO!

 

MANIFESTATE COA CIG O XOVES 20 DE XANEIRO

 

Participa na xornada nacional de loita da cig-mocidade baixo o lema: Precisamos emprego, para termos futuro,  que vai ter lugar o xoves 20 de xaneiro diante das delegacións do goberno, edificios da xunta e inem en todo o país!

 

Participa nas mobilizacións que a CIG ten convocadas en defensa do emprego, como resposta á reforma das pensións e que culminarán coa folga xeral o día 27 de xaneiro!

 

Desde a CIG, reclamamos o dereito da mocidade galega a un posto de traballo digno, rexeitamos a reforma do sistema de pensións que nos impón o Goberno español, porque alongar a idade de xubilación dificulta aínda máis a incorporación da mocidade ao mundo laboral e ao mesmo tempo que poidamos acceder a pensións dignas.

Por iso, máis que nunca, a mocidade galega non pode ficar calada, temos que saír á rúa e reclamar que PRECISAMOS EMPREGO, PARA TERMOS FUTURO!

 

Lugares de celebración da Xornada Nacional de Loita da CIG-MOCIDADE do 20 de Xaneiro

 

Comarca de A Coruña: ás 20:00 horas diante da Delegación do goberno en A Coruña (Praza de Ourense, 11).

Comarca de Ferrol: ás 20:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza en Ferrol (Praza Amada García s/n).

Comarca de Ourense: ás 19:30 horas diante do do edificio da Xunta de Galiza en Ourense (Avda. da Habana, 79).

Comarca de Pontevedra: ás 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra (Praza de España s/n).

Comarca de Compostela: ás 11:00 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Santiago (San Caetano s/n).

Comarca de Lugo-A Mariña: ás 11:00 horas diante da oficina do servizo público de emprego en Lugo (Rúa Río Cabe, 8-10)

A gran mentira da reforma das pensións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Sentenza TSXG sobre a fixeza de 600 contratados en ASISTENCIAS TÉCNICAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Tribunal Superior da Xustiza de Galicia ven de consolidar por sentenza á 600 contratados en asistencias técnicas da era Fraga.

 

ATÉ CANDO SEGUIREMOS CON SENTENZAS POR FRAUDE NA CONTRATACIÓN.

 

 

Até cando o goberno do PP vai  a seguir consolidando postos de traballo mediante esta fórmula. Agora mediante un proceso extraordinario de selección daráselle carácter de persoal fixo a /os traballadoras/es que gañaron este dereito por sentenza xudicial, sen esquecer que ningunha delas/es entrou na Admón por un proceso regrado. Se non que foron contratados mediante asistencia técnica para ocupar  un posto,  que debería ser ocupado por persoal funcionario ou laboral.

 

Pero a contratación irregular  non se lle pode atribuír , en exclusiva, ao goberno do Sr Fraga, xa que o actual goberno do PP, presidido polo Sr Alberto Núñez segue a utilizar a mesma fórmula, para incorporar persoal á Admón galega vulnerando os sistemas de selección temporal e definitiva regrados e publicados no Diario Oficial de Galiza.

Unha vez máis preguntámonos, se este goberno segue a manter o sistema das asistencias técnicas, incorporando persoal pola porta de atrás,vulnerando os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade; para que serve convocar procesos de selección temporal ou definitiva, onde os aspirantes deben de abonar as taxas correspondentes, se a oferta de emprego que se convoca e case nula. Para os proceso públicos convocados baixos os principios constitucionais, aplicase a taxa de reposición do 10%;  para os procesos de fraude de Lei non hai límite algún.

 

Seguimos a preguntarnos, pero algún día non haberá  algunha/un política/o, que faga un acto de decencia e que regule sancións administrativas ou xudiciais para quen, apoiándose no cargo político que desempeña,  realiza contratos que con posterioridade, en vía xudicial,  son declarados en fraude de Lei

 

Até cando temos que soportar que para a   clase política  que reiteradamente cometa fraude de Lei na contratación de persoal para a Admón Pública, non sufra ningunha consecuencia.

Espazo web sobra a folga xeral do 27 de xaneiro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde a CIG vimos de abrir un espazo web con toda a información sobre a folga xeral do próximo 27 de xaneiro: razóns, con análises pormenorizadas, noticias, comunicados de prensa, etc... Podedes ver este novo web no seguinte enderezo: http://folgaxeral.galizacig.com/

 

Probas de Especialidades

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada hoxe a seguinte resolución, relativa ao nomeamento das Comisións Calificadoras de probas de selección de diversas especialidades:

 

* Resolución de 21 de diciembre de 2010, de la Dirección General de Ordenación Profesional, Cohesión del Sistema Nacional de Salud y Alta Inspección, por la que se nombran las Comisiones Calificadoras de los ejercicios para Médicos, Farmacéuticos y otros graduados/licenciados universitarios del ámbito de la Psicología, la Química, la Biología y la Física, correspondientes a las pruebas selectivas 2010.

 

Esta resolución tamén sinala o exercicio para o 29 de xaneiro: Cada aspirante deberá comparecer para rendir o exercicio ante a Mesa que lle foi sinalada na correspondente relación definitiva de admitidos ás quince trinta horas (catorce trinta en Canarias), do sábado 29 de xaneiro de 2011, provisto do documento de identificación co que participara na Proba Selectiva. Non está permitido o uso de teléfonos móbiles dentro do recinto de exame, nin de calquer outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo. Non está permitida a utilización de calculadoras.

Posicionamento da CIG-Saúde ante a nova regulación do Silencio Administrativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Posicionamento da CIG-SAÚDE sobre a nova regulación do SILENCIO ADMINISTRATIVO nas reclamacións formuladas por profesionais do SERGAS

 

 

Mediante a disposición derradeira segunda da Lei galega 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG n.º 250, do 30.12.2010), tamén chamada Lei de Acompañamento dos Orzamentos, introdúcese unha modificación legal para determinar o carácter do silencio administrativo en determinadas solicitudes e reclamacións formuladas polos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

 

A modificación encádrase no disposto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que afirma con carácter xeral o carácter positivo do silencio administrativo, excepto cando unha norma con rango de lei ou norma comunitaria europea dispoña o contrario.

Aínda que a norma se refire conxuntamente ás «solicitudes, reclamacións ou recursos en materia de persoal, con contido retributivo» é necesario distinguir, para efectos analíticos, entre as «solicitudes e reclamacións» por un lado e os «recursos» por outro.

 

Comezando polos «recursos», o propio artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dispón con carácter xeral que nos procedementos de impugnación de actos e disposicións, o silencio administrativo terá carácter desestimatorio. Neste sentido, a actual reforma non supón ningunha mudanza relevante sobre a situación anterior.

 

Máis complexa é a cuestión relativa ás «solicitudes e reclamacións». Antes da reforma, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, en sentenzas do 23 de xullo e 29 de outubro de 2008 (esta última con referencia Arz. JUR\2009\105923) declarou o dereito dos profesionais do Servizo Galego de Saúde recorrentes a veren recoñecidos os trienios de antigüidade reclamadados por silencio administrativo positivo.

 

Resulta obvia a conexión entre a doutrina xurisprudencial anotada e a reforma legal. A finalidade da nova regulación é a de servir de escudo defensivo para a Administración, evitando que se continúen a producir recoñecementos por silencio administrativo positivo de solicitudes ou reclamacións con contido económico.

 

Deste xeito, a partir da entrada en vigor da Lei 15/2010, do 28 de decembro, toda solicitude, reclamación ou recurso en materia de persoal, con contido retributivo, formulada polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, cuxa resolución non sexa notificada ao interesado dentro do prazo máximo legal, ha de entenderse REXEITADA por silencio administrativo.

 

Con esta medida a Administración galega pretende, unha vez máis, recortar os nosos dereitos, incluídos os recoñecidos pola Administración de Xustiza.

 

Desde CIG-SAÚDE querémoslle lembrar á Sra. Conselleira de Sanidade que é máis beneficioso para o sistema sanitario público nomear xestores/as con capacidade e coñecemento da norma, que non pretender anular dereitos laborais, incluíndo, ás agachadas, esta modificación na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, sen previa comunicación na Mesa Sectorial.

 

VIVAN A TRANSPARENCIA E A BOA XESTIÓN!

 

Orzamentos da Xunta 2011: limitacións que prexudican a saúde

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Na Lei de Orzamentos de Galiza para o ano 2011, publicada o pasado día 30 de decembro, introdúcese a limitación da taxa de reposición do 10%, e realízase tamén algunha excepción:

 

Artigo 29º.-Oferta de emprego público ou outro instrumentosimilar de xestión da provisión de necesidades de persoal para o ano 2011.

Un.-(...) Non se tomará en consideración para os efectos da dita limitación (do 10% da taxa de reposición) a creación de prazas que deriven de sentenzas declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido, que quedarán incorporadas á oferta pública de emprego, agás que se decida a súa amortización. Tampouco se considerarán as substitucións das xubilacións incentivadas na disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Consellería de Educación, cando afecten a prestación de servizos docentes, nin as prazas de persoal licenciado sanitario e diplomado sanitario con título de especialista dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde. (...) 

 

* Exceptúanse as creacións de prazas que deriven de sentenzas declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido, isto é, aquelas asistencias técnicas (para que nos entendamos, postos a dedo) que no seu momento recurriron e gañaron a praza por sentenza.

 

* Exceptúanse as substitucións das xubilacións incentivadas en Educación, co fin de garantir a cobertura das prazas docentes.

 

* Exceptúanse tamén as prazas de persoal licenciado sanitario e diplomado sanitario especialista dos centros asistencias do SERGAS, o cal nos congratula, mais tendo en conta que os equipos asistenciais en sanidade non se compoñen só de licenciados e diplomados especialistas, estaría moitísimo mellor que esta excepción se fixera extensible ao resto de categorías.

 

En resumo, aplícase unha taxa de resposición do 10%, excepto para as asistencias técnicas que gañaron por sentenza a praza, para as substitucións das xubilacións en Educación e en Sanidade, onde tén que garantirse a continuidade asistencial, só se exceptúan desa taxa de reposición as prazas de licenciados e diplomados especialistas. Desde CIG-Saúde preguntámonos, se para o resto de categorías se vai aplicar a taxa de reposición do 10%, qué OPE se vai convocar? Qué número de prazas podemos esperar que se convoquen??? En qué condicións imos traballar se só se cubre o 10% das ausencias nesas categorías, e o crecemento do cadro de persoal foi de 0% durante o ano 2010, e no ano 2009 o SERGAS non cubriu as vacantes xa orzamentadas nese ano? Qué oferta de emprego vai convocar o SERGAS, so o 10% das vacantes que non creou?

 

Tamén lamentamos profundamente que desde o PP e o PSOE, no goberno da Xunta e no goberno do Estado, non se tivera en conta a nosa petición reiterada de retirada desta limitación da taxa de reposición. En diversas ocasións (que poden ser consultadas nesta mesma web: 22 setembro, 25 outubro, 29 outubro) denunciamos que esta medida provocaría importantes prexuizos para a calidade da asistencia sanitaria, ademáis de ser un máis dos indicios que confirman a política privatizadora da sanidade dos gobernos PP e PSOE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto