Noticias Persoal Formación
 
 

Convocatoria de cursos de formación continuada para persoal estatutario (plan AFEDAP)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

lapices xeringapPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á convocatoria de cursos de formación continuada para o persoal estatutario do SERGAS ao abeiro do plan AFEDAP:

  • RESOLUCIÓN conxunta do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal deste servizo. Descargar PDF

Na convocatoria deste ano hai certos cambios en canto ás solicitudes para os cursos, posto que agora o prazo de inscrición é do 1 de febreiro de 2016 ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa, independentemente de cando teña lugar esta.

Para ver a oferta formativa, preme na ligazón que leva á ACIS (Axencia do Coñecemento en Saúde).

Cómo inscribirte nos cursos gratuítos ofertados pola CIG?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CÓMO INSCRIBIRTE NOS CURSOS GRATUÍTOS OFERTADOS POLA CIG?

 

A inscrición nestes cursos farase a través da páxina web de FORGA (forga.gal) ou nos locais sindicais. Lembra que o INAP non permite que se inscriban nestes cursos persoal en paro ou traballadores/as que non sexan da administración pública.

   

Para a inscrición a través da páxina de FORGA, segue estes pasos:   

1. Vai a https://forga.gal/

2. Pica á dereita en Formación subvencionada

3. Pica en Saúde

4. Na esquerda hai un menú no que podes escoller a comarca ou o tipo de formación (presencial/teleformación)

5. Escolle o curso que queiras facer e preme en SOLICITAR PRAZA.

6.Para cubrir a ficha, ten a man unha nómina, onde terás os datos que necesitas cubrir (razón social, número da seguridade social e CIF da empresa, por exemplo).

Lembra que as prazas son limitadas, apúntate canto antes!

Calquera dúbida, ponte en contacto connosco.

CIGSAUDElogo

Prazo aberto para cursos online puntuábeis e gratuítos ofertados pola CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CURSOS ONLINE OFERTADOS POLA CIG-SAÚDE:

  • A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN AO/A DOENTE - 20 horas: Online, do 13 de novembro ao 18 de decembro
  • VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO - 26 horas (Acreditado con 5,2 créditos SAGA): Online, do 23 de novembro ao 31 de decembro
  • ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ - 10 horas (Acreditado con 1,9 créditos SAGA): Online, do 13 ao 26 de outubro
  • HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS - 26 horas: Online, do 3 de novembro ao 15 de decembro
  • RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL - 20 horas (Acreditado con 4,6 créditos SAGA): Online, do 27 de outubro ao 28 de novembro

 

Se queres inscribirte nalgún destes cursos, por favor, preme aquí ou vai a FORGA.GAL e diríxete ao curso que che interese para cubrir os teus datos.

 CURSOS FORGA ONLINE

Oferta cursos gratuítos e puntuábeis para os procesos SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

notebookA CIG-Saúde ofertou no mes de abril unha serie de accións formativas para persoal do SERGAS, gratuítas e baremábeis, que se realizarían ao abeiro do Plan de Formación Continua das Administracións Públicas que convoca o INAP. O día 22 de maio, publicamos unha advertencia sobre a situación desa oferta formativa, dado que o INAP (a Administración do PP) estaba a poñer impedimentos e trabas, e mesmo se falaba de non chegar a aprobar a subvención da que dependen estas accións formativas.

Por fin, despois de moitos mareos, o INAP aprobou a realización dos cursos de Formación Contínua para as Administracións Públicas. Despois de ternos varios meses á espera, mareándonos, finalmente agora en setembro aprobaron a realización destes cursos, mais non ampliaron o prazo de impartición, polo que nos vemos na obriga de condensar toda a formación desde mediados de outubro ao 31 de decembro, o que implica que, da oferta inicial de accións formativas que a CIG fixo, temos que facer modificacións e serán finalmente estes cursos e nas datas que se indican, os que se van realizar:

 

CURSOS ONLINE:

  • A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN AO/A DOENTE - 20 horas: Online, do 13 de novembro ao 18 de decembro
  • VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO - 26 horas (Acreditado con 5,2 créditos SAGA): Online, do 23 de novembro ao 31 de decembro
  • ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ - 10 horas (Acreditado con 1,9 créditos SAGA): Online, do 13 ao 26 de outubro
  • HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS - 26 horas: Online, do 3 de novembro ao 15 de decembro
  • RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL - 20 horas (Acreditado con 4,6 créditos SAGA): Online, do 27 de outubro ao 28 de novembro

 

CURSOS PRESENCIAIS:

  • A CORUÑA:
    • INFORMÁTICA DE USUARIA/O (20 horas), do 19 de outubro ao 29 de outubro
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 12, 18 e 24 de novembro
  • SANTIAGO:
    • INTERVENCIÓN ANTE EMERXENCIAS (10 horas), 3 e 4 de novembro (Acreditado con 1,8 créditos SAGA)
    • PREVENCIÓN DAS UPP (dirixido a TCAE)  (10 horas), 11 e 12 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • PONTEVEDRA:
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 30 de novembro e 1 de decembro
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), do 1 ao 3 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • COMUNICACIÓN E TRABALLO NUN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR (20 horas), do 14 ao 18 de decembro (pendente de créditos SAGA)
  • LUGO:
    • LEXISLACIÓN LABORAL SANITARIA (20 horas), do 19 ao 23 de outubro
    • BIOÉTICA ASISTENCIAL (20 horas), do 23 ao 27 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • FERROL:
    • LOPD.CURSO BÁSICO (6 horas), 14 e 21 de outubro
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 13, 19 e 25 de novembro
  • OURENSE:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), do 14 ao 17 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS (10 horas), 26 e 27 de outubro
  • MONFORTE:
    • COMUNICACIÓN E TRABALLO NUN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR (20 horas), do 23 ao 27 de novembro (pendente de créditos SAGA)
  • BURELA:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), 1 e 2 de decembro (pendente de créditos SAGA)
  • O BARCO:
    • TRABALLO EN EQUIPA NUN BOX DE CRÍTICOS DUN HOSPITAL COMARCAL (10 horas), 15 e 16 de decembro (pendente de créditos SAGA)
    • CONTENCIÓN TERAPÉUTICA DAS/OS DOENTES (10 horas), 19 e 20 de outubro
  • BARBANZA:
    • TALLER DE COMUNICACIÓN DE MALAS NOTICIAS (8 horas), 16 e 17 de novembro (Acreditado con 1,3 créditos SAGA)
  • VIGO:
    • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (10 horas), 1 e 2 de decembro

 

Se queres inscribirte nalgún destes cursos, por favor, preme aquí ou vai a FORGA.GAL e diríxete ao curso que che interese para cubrir os teus datos, ou ben pasa por algún dos nosos locais sindicais.

 

Publicada a convocatoria das probas para MIR, EIR, FIR, PIR, BIR...

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada en BOE a orde que convoca as probas selectivas para especialidades sanitarias para o acceso no 2016.

  • Especialidades sanitarias. Orde SSI/1892/2015, de 10 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2015 para o acceso no ano 2016, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicas/os, Farmacéuticas/os, Enfermeiras/os e outras/os graduadas/os – licenciadas/os universitarias/os do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2015-10053 - 288 páxs. - 4.446 KB)

Cursos de Formación: IMPORTANTE ADVERTENCIA A 22 DE MAIO DE 2015

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Cursos de Formación ofertados por CIG-Saúde

- IMPORTANTE. ADVERTENCIA A 22 DE MAIO DE 2015-

Como indicamos na información recollida abaixo, estes cursos son subvencionados dentro do acordo de formación das Administracións Públicas. A día de hoxe, a Administración do PP está a poñer impedimentos para que estes cursos poidan celebrarse, polo que non podemos garantir que as ofertas formativas que se recollen neste listado sexan finalmente realizadas.

En canto teñamos confirmación de se van ser realizadas ou non, avisarémolo.


 

Cursos ofertados pola CIG-Saúde a través de ForGA. Estes cursos son subvencionados dentro do acordo de formación das Administracións Públicas, polo que non teñen custe para as persoas que os fagan. Podedes solicitar máis información ou matricularvos nalgún deles, premendo nesta LIGAZÓN, ou na imaxe:

notebook

 

  • A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN AO/A DOENTE: Online
  • VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ACTUACIÓN DENDE UN SERVIZO SANITARIO: Online
  • ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ: Online
  • CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS: Online
  • CALIDADE: ORIENTACIÓN PRÁCTICA Á CALIDADE NO ENTORNO SANITARIO: Online
  • HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS: Online
  • RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL: Online
  • CONTENCIÓN TERAPÉUTICA DAS/OS DOENTES: O Barco
  • ACTUACIÓN DA/O PROFESIONAL ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO: Ourense, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Burela
  • INFORMÁTICA DE USUARIA/O: A Coruña
  • INTERVENCIÓN ANTE EMERXENCIAS: Santiago
  • INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA NA HIXIENE DOS ALIMENTOS NAS COCIÑAS DOS COMPLEXOS HOSPITALARIOS: A Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol
  • LEXISLACIÓN LABORAL SANITARIA: Lugo
  • LOPD.CURSO BÁSICO: Ferrol
  • PREVENCIÓN DAS UPP: Santiago
  • PREVENCIÓN E TRATAMENTO DAS UPP: Santiago
  • PRIMEIROS AUXILIOS PARA PERSOAL NON SANITARIO: Ourense
  • COMUNICACIÓN E TRABALLO NUNHA EQUIPA MULTIDISCIPLINAR: Monforte, Pontevedra
  • TALLER DE COMUNICACIÓN DE MALAS NOTICIAS: Burela, Barbanza
  • TRABALLO EN EQUIPA NUN BOX DE CRÍTICOS DUN HOSPITAL COMARCAL: O Barco
  • TRABALLO EN EQUIPA NUN BOX DE CRÍTICOS NO SERVIZO DE URXENCIAS: Santiago
  • BIOÉTICA ASISTENCIAL: Lugo

 

Máis información: FORGA ou nos nosos locais sindicais.

 

Aberto prazo de preinscrición. Curso online "Relacións humanas e clima laboral".

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

file000986420234Dentro da oferta formativa que ofrece a CIG-Saúde, ábrese o prazo de preinscrición para o curso online RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL, con 20h lectivas, e vai ser realizado do 1 de de xuño ao 6 de xullo. Este curso foi acreditado por SAGA nas edicións 2014 con 4,6 créditos para 20h de duración.

Este curso é subvencionado dentro do acordo de formación das Administracións Públicas, polo que non ten custe para as persoas que o fagan. Está dirixido a todas as categorías e hai 50 prazas a cubrir. O INAP impón como requisito estar en activo (cunha vinculación) no momento da realización do curso.

Para solicitar praza no curso, é preciso pasar por un local da CIG-Saúde (en todos os hospitais) e cubrir a ficha de preinscrición.

Exames EIR, MIR, FIR, PIR... unha chapuza máis dos gobernos PP

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirA última chapuza propiciada polo goberno do PP ven sendo a nefasta corrección dos exames para acceder a prazas de residencia en formación levados a cabo o pasado día 31 de xaneiro. Miles de reclamacións se teñen presentado xa a esa corrección, ao veren numerosas persoas afectadas como o corrector automático cambiaba as súas respostas correctas por outras que non o son. Chapuza total. Desde o Ministerio anunciaron que revisarían as reclamacións, e ante a presión das persoas afectadas, indican que van revisar os máis de 20.000 exames realizados en todas as especialidades.

Desde a CIG-Saúde queremos chamar a atención unha vez máis pola absoluta falta de competencia destes gobernos, que nos levan a situacións como esta, onde miles de persoas se ven prexudicadas e angustiadas por non saber se van ou non obter praza para a formación en residencia. Inda que se revisen, como afirman, todos os exames, qué garantía terá unha persoa das que participou neses exames de que van estar ben corrixidos?

Isto pasa pola absoluta improvisación coa que se conciben as cousas desde a Administración PP. Non lles importa a Sanidade Pública, nin o persoal que a forma, nin o que a vai formar. Só lles importa a ganancia das empresas amigas. O resto, pódese facer de calquer xeito, improvisando e parcheando, que ben vale desde o seu punto de vista.

Rematemos dunha vez con estas situacións desastre! Rematemos con quen quere esquilmar e desmantelar a Sanidade Pública!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto