Noticias Persoal Formación
 
 

Formación ébola: xornada efectiva

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS É XORNADA EFECTIVA

-TAMÉN A FORMACIÓN PARA PREVIR O ÉBOLA-

ebolaA normativa vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais recolle a obrigatoriedade que tén a empresa de formar as/os profesionais para afrontar o seu traballo ante situacións de risco, fronte ás cales é preciso coñecer cómo previr e cómo actuar para evitar, por exemplo, os contaxios.

→A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, recolle no seu artigo 19. Formación das/os traballadoras/es, que en cumprimento do deber de protección, o/a empresario/a deberá garantir que cada traballador/a reciba unha formación teórica e práctica suficiente en materia preventiva, no momento da súa contratación e independentemente do vínculo contractual ou da duración do mesmo.

A formación deberá estar centrada especificamente no posto de traballo ou función de cada persoa, adaptarse á evolución dos riscos e á aparición de outros novos, e repetirse periodicamente se fose necesaria.

A formación deberá impartirse, sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo, e no seu defecto, as horas invertidas nesta formación computaranse como xornada efectivamente realizada.

En base ao cumprimento da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais, a CIG-SAÚDE vai exixir ao SERGAS, que o tempo invertido polo persoal na formación de prevención de riscos ante o virus do Ébola, se compute como xornada efectiva realizada.

Para máis información contacta coa CIG-SAÚDE no local do teu centro de traballo ou da túa localidade.

Convocatoria das probas 2014 para Especialidades Sanitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no BOE a Orde pola que se convocan probas selectivas para o acceso no 2015 a prazas de formación sanitaria especializada para Médicas/os, Farmacéuticas/os, Enfermeiras/os e outras titulacións:

  • Orde SSI/1674/2014, de 10 de setembro, por la que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2014 para o acceso no ano 2015, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos/as, Farmacéuticos/as, Enfermeiros/as e outros/as graduados/as e licenciados/as universitarios/as do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2014-9474 - 278 páxs. - 5.218 KB)

Cursos Subvencionados CIG-Saúde

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

forga-vertical

Xa está aberto o prazo dos cursos convocados por forGA dentro da Formación Subvencionada de Interadministrativos. Estes cursos son de acceso para todo o persoal da administración pública, e non conlevan coste para o alumnado.

Podedes ver os cursos de sanidade premendo esta ligazón:https://www.forga.gl/formacion/subvencionada/cursos/convocatoria/Interadministrativo2014/28  e podedes ver todos os cursos de Interadministrativos premendo nestoutra: https://www.forga.gl/formacion/subvencionada/

lapices_xeringa

Para acceder aos cursos de sanidade, premede dentro da páxina de forGA en "Formación Subvencionada", e dentrod ela no botón que pón SAÚDE (ou ben premede directamente nesta ligazón) e poderedes navegar polos distintos cursos en modalidades presencial, a distancia ou teleformación, e nas distintas comarcas, e ver toda a información de cada un deles, así como facer a preinscrición se algún curso é do voso interese.

Entre os cursos ofertados, podedes atopar o curso "Relacións humanas e clima laboral", en modalidade Teleformación para facilitar a súa impartición independentemente do lugar onde se estea.

Atent@s aos prazos de inscrición!

Cursos de Formación da FEGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG a convocatoria de cursos FEGAS para este período:

  • Cursos FEGAS. RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde. Descargar PDF

Cursos ofertados por FORGA para afiliad@s CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

FORGA está a ofertar, en exclusiva para afiliad@s da CIG, os seguintes cursos acreditados por SAGA, baremábeis para listas de contratación e OPE, a uns prezos asumíbeis:

cadro_cursos

Para máis información ou para te inscribires, na páxina web da FORGA ou en calquera centro FORGA.

Publicacións probas selectivas especialidades sanitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicáronse hoxe no BOE as convocatorias de probas selectivas para varias especialidades sanitarias, entre elas as de Enfermaría.

o    Orde SSI/1694/2013, de 12 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de proba selectiva 2013, para o acceso no ano 2014, a prazas de formación sanitaria especializada para graduad@s/diplomad@s en Enfermaría.

o    Orde SSI/1695/2013, de 12 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2013 para o acceso no ano 2014, a prazas de formación sanitaria especializada para Médic@s, Farmacéutic@s e outr@s graduad@s/licenciad@s universitari@s do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

A CIG-Saúde demanda do Sergas que prorrogue por un ano os contratos dos MIR galegos en Oncoloxía Médica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Este venres, día 14 de xuño, remata o prazo e o Partido Popular xa se pronunciou en contra por motivos exclusivamente economicistas
.
Este venres, día 14 de xuño, remata o prazo definido legalmente para que o SERGAS decida se prorroga, ou non, en 1 ano os contratos dos MIR galegos de Oncoloxía Médica. Diante da falta de resposta todo parece indicar que esa prórroga non se vai producir. Ante isto, a Agrupación da CIG-Saúde vén de se dirixir  á consellaría de Sanidade, á Xerencia do SERGAS e máis ao Director de Asistencia sanitaria para que reconsidere esa decisión.

A ampliación do período formativo das/os residentes galegas/os en 1 ano, até completar un total de 5 anos de residencia, é unha condición necesaria para a homologación na Unión Europea (UE) dos títulos de especialistas en Oncoloxía Médica que obterán os MIR desta especialidade que na actualidade están facendo a súa residencia baixo un programa formativo de 4 anos de duración. Nesta situación están todas/os as/os residentes da especialidade menos os R1 que comezaron a especialidade hai unhas semanas.

Na xuntanza da Comisión de Sanidade do Parlamento Galego do 30/05/2013, e por motivos exclusivamente economicistas, de aforro económico, o Partido Popular pronunciouse en contra desa prórroga. Ficou deste xeito claro que a decisión que tiña previsto tomar o goberno galego e o SERGAS, era negarlles a prórroga do contrato aos residentes afectados (16 en total) que, deste xeito, rematarían a súa residencia e se toparían cun título sen homologación europea, e polo tanto sen a posibilidade de traballar como especialistas nos países da Unión Europea, coa excepción do Estado Español”, denuncia a Agrupación Médica da CIG-Saúde.

A nivel público, esa é a posición coñecida sobre o tema das autoridades sanitarias galegas, malia o forte malestar que esa decisión provocou entre os residentes afectados, os especialistas en Oncoloxía Médica e en todos os profesionais sanitarios que coñecen a situación.

No momento actual, e coa excepción do SERGAS, as autoridades sanitarias de todas as CCAA xa fixeron pública a súa decisión de prorrogarlles 1 ano os contratos aos seus residentes de Oncoloxía Médica, de xeito que o seu título de especialistas sexa homologábel na Unión Europea.

Ante isto, a CIG-Saúde demanda novamente da Consellería de Sanidade e do SERGAS que reconsideren a súa posición, e confirmen de contado que lles van prorrogar 1 ano os contratos aos residentes galegos de Oncoloxía Médica.

A CIG-Saúde considera que “é de xustiza que o faga pois, de non facelo, estaría prexudicando e discriminando aos residentes galegos desta especialidade e demostrando unha mesquindade e falta de sensibilidade dificilmente xustificábel”.

A nova en Avantar.

Plan AFEDAP: falta transparencia e sobran intermediarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a Resolución de convocatoria dos cursos FEGAS:

  • RESOLUCIÓN conxunta do 26 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.  Descargar PDF 

Nesta resolución indícase que foi negociada cos sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF mais o que non se aclara é que a CIG non asinou o Plan AFEDAP para este ano. Os nosos motivos temos. Desde a CIG-Saúde solicitouse, xa o ano pasado, e neste ano de novo, que se nos remitira un informe de orzamento dos cursos xestionados e ofertados a través da FEGAS, desglosando nese informe os custos de prezo/hora, formadores/as, material, instalacións etc... de cada curso, para ter coñecemento de en qué se están gastando os cartos que o SERGAS achega á fundación FEGAS e ver se este gasto é acaído ás necesidades formativas. Deste xeito, ademais de cumprirse co suposto compromiso de transparencia deste goberno, as organizacións sindicais poderíamos tamén facer as nosas propostas de cara a un mellor aproveitamento dos recursos existentes, posto que a formación no SERGAS este ano finánciase exclusivamente coas achegas dos/as traballadores/as e sendo o SERGAS unha "empresa do coñecemento", a formación debe de ter un importante peso específico, e as traballadoras e traballadores deben de ter a posibilidade de participar na súa planificación a través dos/das seus/súas representantes.

A petición de orzamentos remitiuse a Pablo Galego Feal, Director da FEGAS, e a Rocío Mosquera, Conselleira de Sanidade, o pasado 11 de decembro. Hoxe, día 11 de febreiro, dous meses despois, publícase a resolución no DOG sen que a CIG-Saúde asinara, posto que non tiñamos recibido resposta á nosa petición. Casualmente, esa resposta chegou hoxe mesmo, e nela, ademais dun percorrido pola existencia da FEGAS e o seu financiamento, remítesenos un cadro onde, sen desglosar curso por curso, se indican os custos das actividades formativas da FEGAS no ano 2012 e onde atopamos custos de empresas contratadas (non é a FEGAS o ente encargado da formación? inda ten que andar subcontratando?). Efectivamente, falta transparencia e sobran intermediarios.

Por se fora pouco, ademais de terse retirado este ano a achega que o SERGAS facía á FEGAS para a formación do persoal, e basearse o financiamento da mesma só nas achegas que fai o persoal a través da súa nómina, na propia resolución publicada hoxe indícase: "a execución das accións formativas recollidas neste Plan queda condicionada á existencia de credito orzamentario adecuado e dispoñible", ou sexa, que poidera ser que a metade de ano se suspendan as actividades formativas programadas como aconteceu o ano pasado?

Desde a CIG-Saúde pensamos que a formación do persoal do SERGAS é algo o suficientemente importante como para que haxa un exercicio de transparencia e se recollan as achegas que se fan desde as organizacións que representan as/os traballadoras/es, e, desde logo, como para que se fagan esforzos para garantir e mellorar a formación, que, non o esquezamos, vai repercutir nunha mellor da calidade asistencial.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto